Manuel Blanco Romasanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Manuel Blanco Romasanta, O Lobishome de Allariz, que deu orixe á lenda do Home do saco ou sacaúntos.

Manuel Blanco Romasanta, nado en Regueiro (Esgos) o 18 de novembro de 1809, e falecido en Allariz en 1854, foi un delincuente galego, coñecido co alcume de o lobishome de Allariz, ou o sacaúntos.

Índice

[editar] Biografía

Era o sétimo fillo da familia. Aínda que chamado Manuel, a partida de nacemento consignou o nome "Manuela" xa que se pensou que era unha nena. Era xastre de profesión, pero a súa vida cambiou radicalmente cando quedou viúvo. A partir dese momento dedicouse á venda ambulante, primeiro pola comarca de Allariz - Maceda e máis tarde por toda Galicia.

Comezou a estenderse o rumor de que vendía unto de graxa humana e que, polo tanto, era un criminal. Foi acusado do asasinato dun alguacil. Xulgado e condenado, conseguiu fuxir, e estivo agochado durante meses. Nese tempo fóronse sucedendo en Galicia unha serie de asasinatos que, aínda que diferentes na técnica, gardaban semellanzas entre si.

Foi capturado en setembro de 1852 en Nombela (Toledo) e xulgado en Allariz. Durante o xuízo recoñeceu que matara nove persoas. Ao parecer, empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas, e comía os restos[Cómpre referencia]. De feito, a tipoloxía das feridas infrinxidas ás vítimas (trabadas con fondas marcas dos cairos, fixo que o consideraran un lobishome. El mesmo confesou que fora vítima dunha maldición cando era mozo e que tiña alucinacións nas que se vía arrodeado de lobos logo dos seus asasinatos.

O xuízo contra o lobishome durou aproximadamente un ano, e o 6 de abril de 1853 o xuíz de Allariz emitiu unha sentenza de morte que o condenaba a garrote e a unha indemnización de 1.000 reais por vítima. Ao pouco de asinarse a sentenza un hipnólogo francés[Cómpre referencia] que coñecía o caso pediulle ao ministro de Graza e Xustiza que adiase a aplicación da pena e que lle permitise tratar o caso. O hipnólogo argumentaba que Manuel Blanco padecía unha enfermidade mental monomaníaca chamada licantropía, e quería estudalo. En paralelo, os avogados da defensa conseguiron que a raíña Sabela II lle conmutase a pena por cadea perpetua alegando que non existían máis probas cá súa propia confesión.

Manuel Blanco morreu ao pouco tempo no cárcere de Allariz, onde cumpría condena.

[editar] Na cultura

A historia do lobishome de Allariz e o mito do sacaúntos estendeuse rapidamente por Galicia sobre lendas e historias anteriores, e chegou aos nosos días. Ademais, existen varios filmes e libros que recollen a súa historia.

[editar] Na literatura

[editar] No cine

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas