Saltar ao contido

Camerún alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camerún alemán
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Parte de
Características
 Moeda
Implicados
Datas
 Fundación / creación
12 de xullo de 1884 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1919 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Camarões Britânicos (pt) Traducir (1919 - 1961)
Camerún francés (1919 - 1960)
Camerún (1960 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
Buea (1901 - 1914)
Yaoundé (1914 - 1915)
Douala (1884 - 1901) Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/025t3_l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Colonias de Alemaña en África en 1913. En verde escuro o Kamerun.

O Camerún alemán (en alemán Kamerun) foi unha colonia (e tamén un protectorado) do Imperio alemán situado na rexión da actual República do Camerún, que tamén incluía partes do norte de Gabón e o Congo, do oeste da actual República Centroafricana, do suroeste do Chad e algunhas partes do extremo oriental de Nixeria.

Este territorio do Imperio colonial alemán durou desde 1884 até 1916, cando foi invadido polos exércitos aliados británicos e franceses durante a primeira guerra mundial, e finalmente disolto en 1919.[1]

A colonia tiñía inicialmente unha superficie de 495 000 km² e, despois da adquisición do Novo Camerún (Neukamerun) en 1911, chegou a ter unha superficie de 790 000 km², sendo aproximadamente 1,3 veces máis grande que a metrópole.

Polo tratado de Versalles de 1919 Camerún converteuse oficialmente nunha posesión da Sociedade das Nacións, que a outorgou nun mandato aos británicos e franceses. Tras iso o Camerún foi dividido nun Camerún británico e un Camerún francés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.