Xogos Olímpicos de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xogos Olímpicos de Barcelona»)
Xogos Olímpicos de 1992
SedeBarcelona, España España
LemaFriends For Life
(en castelán: Amigos Para Siempre, en catalán: Amics Per Sempre)
Nacións169
Atletas9 356 (6 652 homes, 2 704 mulleres)
Eventos257 en 25 deportes (34 disciplinas)
Apertura25 de xullo de 1992
Clasura9 de agosto de 1992
Inaugurado porXoán Carlos I[1]
Lapa olímpicaAntonio Rebollo[1]
EstadioEstadi Olímpic de Montjuïc
Estadi Olímpic de Montjuïc, agora Estadi Olímpic Lluís Companys

Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.

Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a segunda guerra mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.

O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.

A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.

Cidades candidatas[editar | editar a fonte]

XXV Xogos Olímpicos de 1992
91º Sesión do Comité Olímpico Internacional
17 de outubro de 1986, Lausana (Suíza)
Cidade País Votación
Barcelona España España 29 37 47
París Francia Francia 19 20 23
Belgrado Iugoslavia Iugoslavia 13 11 5
Brisbane Australia Australia 11 9 10
Birmingham Reino Unido 8 8
Ámsterdan Países Baixos Países Baixos 5

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Cerimonia de inauguración[editar | editar a fonte]

A cerimonia inaugural, no Estadio Olímpico de Montjuïc, tivo lugar o día 25 de xullo de 1992 e contou coa presenza dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía. Durante a mesma representouse a escena mitolóxica de Hércules separando os continentes de Europa e África creando o mar Mediterráneo, así como o nacemento da cidade de Barcelona, nun espectáculo de La Fura dels Baus creados para a ocasión, chamado Mediterrani, mar Olìmpic. As impoñentes voces da soprano Montserrat Caballé (que gravara unha canción para o evento xunto co entón xa falecido Freddie Mercury), da mezzo Teresa Berganza e das sopranos Victoria de los Ángeles e Ana Vila. Tamén formaron parte do espectáculo a impoñente Sarah Brightman, Amigos para siempre, o tenor José Carreras ademais dos tenores Plácido Domingo, Jaume Aragall, Alfredo Kraus e o barítono Joan Pons. Cun repique de tambores un porteiro, o atleta Antonio Rebollo, lanzou desde o campo do estadio unha frecha en cuxa punta relucía o lume olímpico que, ao alcanzar a súa meta, acendeu o pebetero Olímpico. Calcúlase que uns 2.000 millóns de persoas en todo o mundo seguiron por televisión a cerimonia de apertura dos Xogos.

Máis tarde, o alcalde de Barcelona Pasqual Maragall pronunciou no seu discurso varias frases a favor da paz na antiga Iugoslavia. O alcalde iniciou o seu discurso nomeando a Olimpíada Popular de 1936, que se abortou a consecuencia da Guerra Civil. Todo o discurso foi narrado en catro linguas oficiais dos Xogos Olímpicos. Na cerimonia podíanse ler a tradución escenográfica da mellor pintura española e particularmente catalá. Por exemplo varias imaxes de arquitectura de Gaudí e cadros de Dalí, de Miró e de Goya. Para finalizar esta breve información sobre a inauguración, pódese dicir que a cerimonia de apertura foi un magnífico acto, moi elegante, o cal estaba cheo de cores puras e aromas populares.

Calendario[editar | editar a fonte]

Programa dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992
Mes xullo agosto
Día 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Días Finais
Cerimonias A C
Atletismo 2 4 4 6 5 6 6 9 1 9 43
Bádminton 4 8 4
Baloncesto 1 1 13 2
Balonmán 2 11 2
Béisbol 1 9 1
Boxeo 6 6 14 12
Ciclismo 2 1 1 5 1 7 10
Esgrima 1 1 1 1 1 1 1 1 9 8
Fútbol 1 11 1
Halterofilia 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 10 10
Hípica 2 1 1 1 1 10 6
Hóckey sobre herba 1 1 13 2
Judo 2 2 2 2 2 2 2 7 14
Loita 3 3 4 3 3 4 10 20
Natación 4 4 5 5 5 6 6 6 31
Natación sincronizada 1 1 5 2
Péntatlon moderno 2 4 2
Piragüismo 2 2 6 6 8 16
Remo 7 7 7 14
Saltos 1 1 1 1 8 4
Tenis 2 2 12 4
Tenis de mesa 1 1 10 4
Tiro con arco 2 2 5 4
Tiro olímpico 2 2 2 1 2 1 2 1 8 13
Vela 2 7 1 9 10
Voleibol 1 1 13 2
Wáter-polo 1 7 1
Ximnasia 1 1 1 1 4 6 1 11 15
Finais 0 9 12 14 17 19 19 23 27 19 12 12 12 23 23 10 257
Día 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Días Finais
Mes xullo agosto
       Cerimonias        Xornada de competición        Xornada con final    4    Número de finais

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Equipo Unificado 45 38 29 112
2 EUA 37 34 37 108
3 Alemaña 33 11 28 82
4 China 16 22 16 54
5 Cuba 14 6 11 31
6 España 13 7 2 22
7 Corea do Sur 12 5 12 29
8 Hungría 11 12 7 30
9 Francia 8 5 16 29
10 Australia 7 9 11 27

Cerimonia de clausura[editar | editar a fonte]

Na cerimonia de clausura, celebrada o 9 de agosto no Estadio Olímpico, o entón presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Juan Antonio Samaranch, declarou que os de Barcelona foran os mellores Xogos Olímpicos da Historia. A afirmación foi corroborada por todos os medios de comunicación internacionais e atletas de todos os países, que tiveron en conta a modélica organización, a ausencia de incidentes, a masiva participación de cidadáns voluntarios, a comodidade e beleza das instalacións e, sobre todo, o grande apoio popular dos cidadáns barceloneses, que recibiron os xogos cun entusiasmo que propiciou que a cidade vivise un grande ambiente festivo durante todo o evento.

Unha vez apagada a chama olímpica, no medio dunha choiva de fogos artificiais, Cobi, a mascota española, desapareceu ceo arriba, navegando polo aire nun barco de papel.

Tras un espectáculo piroartístico, realizouse unha presentación musical na cal participaron Los Amaya, Peret e Los Manolos.

Efecto dos Xogos[editar | editar a fonte]

Os Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper vellos estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional. As celebracións durante o mesmo ano do quinto centenario do Descubrimento de América, a Exposición Universal de Sevilla e a capitalidade europea da cultura de Madrid completaron o ano do período democrático con maior resonancia internacional de España que, paradoxalmente, vivía sumida nunha grave crise política que se agudizaría a partir de 1993. Cos Xogos Olímpicos aumentou significativamente o turismo, o cal supuxo un aumento de ingresos.

Melloras na cidade de Barcelona[editar | editar a fonte]

Infraestruturas deportivas na montaña de Montjuic: Estadio Olímpico e Palau Sant Jordi

Para as olimpíadas da cidade de Barcelona tivéronse que realizar numerosos cambios para que fose elixida. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:

  • A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
  • A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona.
  • Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
  • Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
  • Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
  • A cidade de Barcelona abriuse ao mar.

Imaxe e identidade corporativa[editar | editar a fonte]

Os xogos de Barcelona tamén significaron unha renovación no que se referiu ao tratamento da imaxe e a identidade corporativa. Así se puido comprobar na edición de carteis, nas emisións de moedas conmemorativas e selos que realizou a FNMT en Madrid e tamén na Colección de 16 Medallas oficiais conmemorativas dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 que se realizou en Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]