Sarah Brightman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarah Brightman
Sarah brightman.jpg
Nacemento14 de agosto de 1960
Lugar de nacementoBerkhamsted
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo británico
Alma máterTring Park School for the Performing Arts, Elmhurst Ballet School, Arts Educational School e Royal College of Music
Ocupaciónactriz, cantante, bailarina, cantautora, cantante de ópera, actriz de teatro, actriz de cinema e artista discográfico
CónxuxeAndrew Lloyd Webber
IrmánsAmelia Brightman
Na rede
http://sarahbrightman.com
IMDB: nm0109208 Allocine: 100957 Allmovie: p8464 TV.com: people/sarah-brightman IBDB: 33042
Facebook: SarahBrightmanMusic Twitter: sarahbrightman Instagram: sarahbrightmanmusic Tumblr: officialsarahbrightman MySpace: sarahbrightman Youtube: UCriL6-sBup_Tis7trjOALnw TikTok: sarahbrightmanmusic Souncloud: sarahbrightman Spotify: 7Ead768rc4ShGxnqtqccU5 iTunes: 132517 Last fm: Sarah+Brightman Musicbrainz: 896f0194-8ab2-4278-81e0-c56a0444b569 Songkick: 399529 Discogs: 59756 Allmusic: mn0000293490 Deezer: 363 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sarah Brightman, nada en Berkhamstead (Hertfordshire) o 14 de agosto de 1960,[1] é unha soprano, cantante, compositora, actriz, bailarina e intérprete de música clásica inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brightman comezou a súa carreira como membro do grupo de baile Hot Gossip e lanzou varios sinxelos como solista. En 1981, debutou no teatro musical no West End en Cats e alí coñeceu o compositor Andrew Lloyd Webber, co que máis tarde casou. Protagonizou varios musicais no West End e en Broadway, incluíndo The Phantom of the Opera, onde estreou o papel de Christine Daaé. O álbum orixinal co elenco de Londres, Phantom, foi lanzado en formato CD en 1987 e vendeu 40 millóns de copias en todo o mundo, o que o converteu no álbum de teatro máis vendido de todos os tempos.[2]

Despois de retirarse dos escenarios e divorciarse de Lloyd Webber, Brightman retomou a súa carreira musical co antigo produtor de Enigma Frank Peterson, esta vez como artista de crossover clásico. Foi considearada a creadora do xénero e continúa entre as súas intérpretes máis destacadas, con vendas en todo o mundo de máis de 25 millóns de álbums e dous millóns de DVD, consolidándose como a soprano que máis vendeu no mundo.[3][4][5][6]

O dúo de Brightman en 1996 co tenor italiano Andrea Bocelli, "Time to Say Goodbye", encabezou as listaxes de éxitos de toda Europa e converteuse no sinxelo máis vendido e máis rápido de todos os tempos en Alemaña, onde permaneceu no primeiro posto durante catorce semanas consecutivas e vendeu máis de tres millóns de copias.[7][8] Posteriormente converteuse nun éxito internacional, vendendo 12 millóns de copias en todo o mundo, converténdoo nun dos sinxelos máis vendidos de todos os tempos.[9][10][11] Brightman acumulou máis de 200 discos de ouro e de platino en 38 países diferentes.[12] En 2010, Billboard nomeouna a quinta artista clásica máis influente e máis vendida da década dos 2000 nos Estados Unidos[13] e, segundo Nielsen SoundScan, vendeu 6,5 millóns de álbums no país.[14]

Brightman foi a primeira artista que convidada en dúas ocasións para interpretar o tema principal nos Xogos Olímpicos; a primeira nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992, onde cantou "Amigos Para Siempre" co tenor español José Carreras cunha audiencia global estimada de mil millóns de persoas, e 16 anos despois en 2008 en Pequín, esta vez coa cantante chinesa Liu Huan, interpretando a canción "You and Me" a uns catro mil millóns de persoas en todo o mundo.[15]

En 2012, Brightman foi nomeada Artista da UNESCO pola Paz para o período 2012-2014, polo seu "compromiso con causas humanitarias e benéficas, a súa contribución, ao longo da súa carreira artística, á promoción do diálogo cultural e os intercambios entre culturas e a súa dedicación aos ideais e obxectivos da Organización".[16] Desde 2010, Brightman é embaixadora global da marca Panasonic.[17]

En 2014, comezou a adestrarse para unha viaxe á Estación Espacial Internacional,[18] posteriormente aprazada ata novo aviso, alegando motivos persoais. Brightman recibiu a condecoración "Cavaliere" da Orde do Mérito da República Italiana o 2 de xuño de 2016[19] e un doutoramento honoris causa pola Universidade de Hertfordshire en 2018, en recoñecemento ás súas destacadas contribucións á música e ao teatro.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sarah Brightman filmography, British Film Institute; Sarah Brightman, Playbill; Gänzl, Kurt (2001). The Encyclopedia of the Musical Theatre: A–Gi. Schirmer. p. 248. ISBN 9780028649702. 
  2. "Phantom of the Opera Original Cast Recording sales". Newyorktheatreguide.com. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  3. "Sarah Brightman & Jackie Evancho on America's Got Talent". Today24News. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  4. "Success comes to soprano Sarah Brightman". Reading Eagle. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  5. "Soprano Sarah Brightman to sing in Japanese for NHK drama " Japan Today: Japan News and Discussion". Japantoday.com. 25 de outubro de 2009. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  6. "World's Best-Selling Soprano Sarah Brightman Joins Multi-Million Classical Crossover Comeback". Forbes. 6 de novembro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  7. "Bocelli on". Decca.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  8. "Andrea Bocelli Biography". Classicsandjazz.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2009. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  9. [1] Arquivado 28 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  10. [2] Arquivado 17 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
  11. "Angel records". Early-sarah-brightman.com. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  12. "Official Website Sarah Brightman/About/Awards". Sarah-brightman.com. 4 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2013. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  13. "Best of 2000's / Classical Artists". Billboard. 6 de febreiro de 2012. 
  14. "Ask Billboard: The Twitter-Sized Edition". Billboard. 20 de outubro de 2012. 
  15. "Sarah Brightman moved to tears upon hearing Olympic theme – The Official Website of the Beijing 2008 Olympic Games". En.beijing2008.cn. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2011. Consultado o 7 de xullo de 2011. 
  16. "United Nations News Centre – British singer and actress Sarah Brightman becomes UNESCO Artist for Peace". Un.org. 6 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  17. "Panasonic and UNESCO Sign Strategic Partnership Agreement". Panasonic News Portal. 
  18. Klotz, Irene (10 de xuño de 2014). "Singer Sarah Brightman plans 2015 flight to Space Station". Reuters (US). 
  19. "International Recording Artist Sarah Brightman Receives Prestigious Italian Decoration 'Cavaliere'". PR Newswire. Consultado o 13 de xuño de 2016. 
  20. "Sarah was awarded an Honorary Doctorate from the University of Hertfordshire, in recognition of her outstanding contributions to music and theatre. The ceremony took place yesterday at the beautiful St. Albans Abbey. Sarah with Mr Richard Beazley, Pro Chancellor of @UniofHerts". Consultado o 13 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]