Plácido Domingo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Plácido Domingo
Placido Domingo 2015.jpg
Nacemento 21 de xaneiro de 1941
  Madrid
Nacionalidade España
Educado en National Conservatory of Music of Mexico
Ocupación cantante de ópera, director de orquestra, cantante e actor
Pai Plácido Domingo Ferrer
Nai Pepita Embil
Cónxuxe Marta Domingo
Fillos Plácido Domingo Jr.
Premios Knight Commander of the Order of the British Empire, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ring of Honour of the city, Medalla Presidencial da Liberdade, Gold Decoration for Services to the City of Vienna, Großes Silbernes Ehrenzeichen für Verdienste um die Republik Österreich, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Praemium Imperiale, Order of Friendship, Royal Philharmonic Society Gold Medal, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Premio Kennedy, Hijo Predilecto de Madrid, Comendador da Lexión de Honor, Oficial da Lexión de Honra, cabaleiro da Lexión de Honra, Knight Grand Cross of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Cross of the Order of Infante Dom Henri, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Ordem da Águia Asteca, Knight of the National Order of the Cedar, Order of Cultural Merit, honorary doctor of the University of Madrid Complutense e Grand Cross of the Order of the Sun of Peru‎
editar datos en Wikidata ]
Plácido Domingo.
Placido Domingo 2014

Plácido Domingo, nado en Madrid o 21 de xaneiro de 1941[1], é un tenor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en España, moveuse a México ós 8 anos coa súa familia, que dirixía unha compañía de zarzuela. En Cidade de México estudou música no Conservatorio Nacional. Foi o cantante reserva de Los Black Jeans en 1958, unha banda de rock formada en 1958 por César Costa. Aprendeu o piano e a dirixir orquestra, pero fixo o seu debut como tenor de ópera en 1961 en Monterrey, México, como Alfredo en La Traviata de Verdi. En 1962 uniuse á Ópera Nacional Israelí en Tel Aviv, onde pasou 2 anos e medio, realizando 280 funcións.

Realizou numerosas actuacións nos Estados Unidos sobre todo en Nova York e San Francisco, aínda que tampouco deixou de facer xiras en cidades de Europa, durante os anos 1960, realizando numerosos papeis musicais e o seu repertorio, está composto dunha ampla gama de directores entre eles von Karajan, Zubin Metha, James Levine, entre outros, e compositores de música clásica moi coñecidos. Como director de Ópera iniciou as súas actividades en 1973.

Gravou dúos con diversos cantantes como John Denver, José María Cano, Alejandro Fernández, Carlos Santana, Luis Cobos, Caetano Veloso, Patricia Kaas etc. e con José Carreras e Luciano Pavarotti formou en 1990, a célebre sociedade artística dos Tres Tenores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As seguintes fontes coinciden en sinalar 1941 como data de nacemento do tenor: Encyclopedia Britannica; Encyclopedia of World Biography, Thomson Gale, 2006; The Concise Grove Dictionary of Music, Oxford University Press, 1994; Warrack, J. and West, E. The Oxford Dictionary of Opera, OUP, 1992; tamén é o ano que aparece na páxina oficial do cantante Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]