Teresa Berganza
Teresa Berganza | |
---|---|
![]() Teresa Berganza en 2009. | |
Nome completo | Teresa Berganza Vargas |
Data nacemento | 1935 |
Nado en | Madrid |
Falecemento | 13 de maio de 2022 |
San Lorenzo de El Escorial | |
Cónxuxe | Félix Lavilla |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Ópera |
Instrumento(s) | Voz |
Tipo de voz | Mezzosoprano |
Na rede | |
http://www.teresaberganza.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Teresa Berganza Vargas, nada en Madrid o 16 de marzo de 1935 e finada en San Lorenzo de El Escorial o 13 de maio de 2022,[1][2] foi unha mezzosoprano española, asociada frecuentemente con personaxes de óperas de Rossini, Mozart e Bizet. Foi admirada pola súa técnica, musicalidade e presenza en escena.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou piano e canto no Conservatorio de Madrid, onde obtivo o primeiro premio de canto en 1954. Debutou nesa cidade en 1955. Entre os seus alumnos figuraron Jorge Chaminé e María Bayo.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi Premio Princesa de Asturias das Artes en 1991,[1] e, en 1995, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando converténdose na primeira muller e a primeira cantante que ingresaba nela,[1] Premio Nacional de Música e doutora honoris causa de diversas universidades.
Repertorio[editar | editar a fonte]
Personaxe | Título | Compositor |
---|---|---|
Carmen | Carmen | Bizet |
Neris | Medea | Cherubini |
Salud | La vida breve | Falla |
Reine Pirene | L'Atlàntida | Falla |
Rosaura | Los gavilanes | Guerrero |
Ruggiero | Alcina | Händel |
Charlotte | Werther | Massenet |
Dulcinée | Don Quichotte | Massenet |
Ottavia | L'incoronazione di Poppea | Monteverdi |
Giacinta | La finta semplice | Mozart |
Cherubino | Le nozze di Figaro | Mozart |
Zerlina | Don Giovanni | Mozart |
Dorabella | Così fan tutte | Mozart |
Sesto | La clemenza di Tito | Mozart |
La Périchole | La Périchole | Offenbach |
Gitana | El gato montés | Penella |
Suzuki | Madama Butterfly | Puccini |
Didone | Dido and Aeneas | Purcell |
Conception | L'heure espagnole | Ravel |
Isabella | L'Italiana in Algeri | Rossini |
Rosina | Il barbiere di Siviglia | Rossini |
Angelina | La Cenerentola | Rossini |
Rosa | Los claves | Serrano |
Dolorés | La Dolorosa | Serrano |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 A., J.L. (13 de maio de 2022). "Muere a los 89 años la mezzosoprano Teresa Berganza". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ "Muere la mezzosoprano Teresa Berganza". La Vanguardia (en castelán). 13 de maio de 2022. Consultado o 13 de maio de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa Berganza |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina da cantante (en castelán)
- Clases maxistrais e entrevista Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)