Jaume Aragall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaume Aragall
Jaume Aragall, con Jordi Pujol, Recibindo a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya, en 1997.
Nome completoJaume Aragall i Garriga
Data nacemento6 de xuño de 1939 (84 anos)
Nado enBarcelona, Cataluña
España España
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozTenor
Tempo en activo1963-presente
Na rede
IMDB: nm0032717 Allmovie: p2035
Musicbrainz: ba035096-ed3c-47b7-b812-5ae78ba77db5 Discogs: 1260698 Allmusic: mn0000065765 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jaume Aragall Garriga, nado en Barcelona o 6 de xuño de 1939, é un tenor español.

Iniciou os seus estudos musicais en Barcelona xunto a Jaime Francisco Puig. Máis tarde mudouse a Milán mercede unha bolsa concedida polo Gran Teatro do Liceo de Barcelona. Alí estudou xunto a Vladimir Badiali.

En 1963 gañou o concurso de voces verdianas de Busseto, e nese mesmo ano debutou en Italia, no Teatro de La Fenice de Venecia coa ópera Gerusalemme de Giuseppe Verdi. Na Scala de Milán debutou con L'amico Fritz de Mascagni. En xaneiro de 1964 interpretou o papel de Rodolfo en La Bohème.

Nas seguintes tempadas cantou no Liceu, así como na Ópera Estatal Húngara, La Fenice de Xénova, no Teatro Massimo de Palermo, o Teatro Regio de Parma, en Módena, Nápoles, Roma e Turín.

En 1966 interpretou o papel de Romeo na ópera de Vincenzo Bellini I Capuleti e i Montecchi na Scala xunto a Renata Scotto e o mozo Luciano Pavarotti. Foi este o que anos despois, nunha entrevista, dixo del que era "a voz máis fermosa do século XX".

Aragall actuou nos teatros máis importantes do mundo, interpretando as óperas máis coñecidas. O seu repertorio inclúe tamén algunhas obras menos populares como Esclarmonde de Jules Massenet ou Caterina Cornaro de Gaetano Donizetti, que gravou xunto a Montserrat Caballé.

Recibiu numerosos premios e distincións, como o título de Kammersänger da Wiener Staatsoper, a Cruz de Sant Jordi (1984) e a Medalla de Oro da Generalitat de Cataluña en 1997.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Placa commemorativa na casa paterna, colocada en 2005[1]

Jaume Aragall naceu no número 30, do Passeig del Born, no barrio de Sant Pere, Santa Caterina i la Ribera, no Distrito de Ciutat Vella de Barcelona. Moi preto da Basílica de Santa Maria del Mar.

Fillo de familia traballadora, o seu pai traballaba como mozo de carga no veciño Mercado Central do Born, a súa nai era ama de casa. Ámbolos dous eran moi afeccionados á música[2]. O propio Aragal dice que o seu pai tiña unha fermosa voz, aínda que só cantaba na casa, nas reunións familiares.

Fai os primeiros estudos na Escola parroquial de Santa Maria del Mar, moi preto da súa casa. Aos nove anos ingresa na escolanía da Basílica de Santa Maria del Mar, onde recibe as súas primeiras leccións de canto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Italia[editar | editar a fonte]

Para dar unha idea da importancia que a época italiana tivo na carreira de Aragall, baste dicir que en practicamente todo o mundo se lle coñece como Giacomo Aragall, co nome de pila italianizado[3]

Consagración mundial[editar | editar a fonte]

Unha carreira irregular[editar | editar a fonte]

Así describe o crítico musical Juan Ángel Vela del Campo o esforzo que para un Aragall xa maduro supón subir a un escenario[4]:

Requiere también unas dosis de sufrimiento. No disimula el tenor catalán su nerviosismo, la dificultad que supone de estar en el escenario. Su sinceridad en eso es aplastante. Tose entre las canciones, suda impulsivamente, se mueve con torpeza, hace comentarios con el pianista y se lleva la mano continuamente al cuello como si su camisa fuese de varias tallas más pequeñas. Tienen también los recitales de Aragall una componente sicológica. Hay que esperar el instante en que el tenor llega a su plenitud y disfrutarlo a tope, pues en el momento más inesperado el estado de inspiración puede desaparecer.

Finais do século XX[editar | editar a fonte]

Hoxe en día[editar | editar a fonte]

A voz máis fermosa do século XX[editar | editar a fonte]

Así respondía a este título o propio Aragall nunha entrevista a unha revista especializada[5]

¿Es verdad que es usted la voz más bella del siglo como dijo Pavarotti? No, no lo creo. Es muy difícil decir cuál es la voz más bella del siglo. Es imposible. Cada voz, creo que tiene sus propias inflexiones, su particular coloratura y unas particularidades diferentes. Pero, decir en un cien por cien que esta o aquella sea la más bella, es muy difícil. Estos son elogios qúe se dicen en momentos precisos y que son muy bellos, pero que no se los ha de tomar al pie de la letra.

Repertorio[editar | editar a fonte]

O seu repertorio centrouse, sobre todo, na ópera italiana, tanto no romántica como na verista: Verdi, Puccini, Donizetti. Concretamente, el mesmo asegura que as óperas que máis ten representado son Rigoletto, La Bohème e Tosca[6].

Nunca interpretou Wagner porque, como el mesmo dicía, porque creo que mi tipo de voz no pienso que sea para cantar Wagner, y estoy ya muy realizado con el tipo de ópera italiana que canto, o francesa, que creo que es lo mío[6].

Repertorio:

Discografía[editar | editar a fonte]

Óperas[editar | editar a fonte]

Ano de gravación Ópera Personaxe Elenco Director Discográfica
1966 I Capuleti e i Montecchi Romeo Margherita Rinaldi,
Luciano Pavarotti,
Nicola Zaccaria,
Walter Monachesi
Claudio Abbado Verona
1976 Don Carlo Don Carlo Freni, Cappuccilli, Cossotto, Ghiaurov, Sotin Nello Santi MYTO Records
1972 Lucia di Lammermoor Sir Edgardo de Ravenswood Poot, Sardinero, O'Leary Argeo Quadri MYTO Records

Recitais e recompilatorios[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]