Saltar ao contido

Catedral de Sal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Sal
Catedral de Sal de Zipaquirá
Coordenadas5°01′08″N 74°00′33″O / 5.01876, -74.0093
PaísColombia
CidadeZipaquirá
Inauguración1995
Na rede
https://www.catedraldesal.gov.co/
Twitter: catedraldesal Instagram: catedraldesal Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de Sal é un recinto construído no interior das minas de sal de Zipaquirá, no departamento de Cundinamarca, Colombia.

O deseño arquitectónico e artístico da nova Catedral de Sal, é propio do arquitecto bogotano Roswell Garavito Pearl, o cal saíu aprobado tras a elección do proxecto que contiña un total de 44 propostas nun concurso convocado pola Sociedade Colombiana de Arquitectos en 1990; mentres que a dirección técnica de enxeñaría foi executada polo enxeñeiro bogotano Jorge Enrique Castelblanco Reyes.

No seu interior atópase unha rica colección artística, especialmente de esculturas de sal e mármore nun ambiente cheo dun profundo sentido relixioso que atrae a turistas.[1]

A catedral de Sal de Zipaquirá é considerada como un dos logros arquitectónicos e artísticos máis notables da arquitectura colombiana, polo que se lle outorgou mesmo o título de xoia arquitectónica da modernidade.[2][3] A importancia da Catedral, radica no seu valor como patrimonio cultural, relixioso e ambiental.[4]

En 2007 mediante un concurso para elixir as 7 Marabillas de Colombia; a Catedral de Sal obtivo a maior votación; converténdose na Marabilla número 1 de Colombia, aínda que tamén foi proposta entre as Novas sete marabillas do mundo moderno.

A igrexa subterránea forma parte do complexo cultural "Parque do Sal", espazo cultural temático dedicado á minaría, a xeoloxía e os recursos naturais.[5]

Localización

[editar | editar a fonte]

A Catedral de Sal atópase na cidade de Zipaquirá, poboación do departamento de Cundinamarca, a 29 quilómetros ó norte do Distrito Capital de Bogotá e a unha altitude de 2.680 msnm. Por vía férrea a Catedral dista da cidade de Bogotá uns 48 quilómetros, o percorrido é realizado polo Tren da Sabana. A poboación non é só soada pola explotación de sal, senón tamén por un dos achados de restos humanos máis antigos de Colombia no Val do Abra.[6]

  1. CALA, Bibiana. Los relatos populares reactivados por la institución social del turismo: el caso de Zipaquirá y Nemocón. Monografía de tesis. Universidad de Los Andes. Bogotá, 2000.
  2. El nuevo Diario. Brújula para leer. Zipaquirá. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2009. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  3. "Las 7 maravillas de Colombia. Zipaquirá Colombia. Terra Viajes". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  4. catedraldesal.gov.co (ed.). "Informe de gestión de la catedral de sal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2019. 
  5. http://www.catedraldesal.gov.co/ "Parque de la Sal", En: Catedral de Sal de Zipaquirá
  6. Correal, Gonzalo; Thomas van der Hammen y J.C. Lerman 1970: "Artefactos líticos de abrigos en El Abra, Colombia"; Revista Colombiana de Antropología 14: 9-46.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]