Río Furelos
Río Furelos | |
---|---|
País | Galicia |
Nacemento | Toques |
Lonxitude | 26,2 km |
Conca | 151,6 km² |
Caudal medio | 6,63 m³/s |
Desembocadura | Río Ulla |
O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.
Características
[editar | editar a fonte]O Furelos nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan dos montes da serra do Careón, no concello de Toques, servindo as súas augas de linde entre ese concello e o de Melide, no que termina por entrar. Atravesa a freguesía e lugar de Furelos, por onde pasa o Camiño de Santiago. Logo fai linde entre Melide e o concello de Santiso.
O Furelos é un río de réxime pluvial. Discorre por terreo máis ou menos chairo ao longo de 26,2 km até unirse ao Ulla, contribuíndo cun caudal de 6,63 m³/s. A súa conca abrangue unha área de 151,6 km². O seu principal afluente (pola dereita) é o rego de Catasol.
Hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para produción eléctrica, que son os de Portochao e Portodiz.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Furelos |