Forno dos Mouros (Toques)
Coordenadas: 43°00′43″N 07°58′33″O / 43.01194, -7.97583
O Forno dos Mouros é un dolmen datado no 3.000 antes da era actual. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.[1]
Accións[editar | editar a fonte]
Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags [2].
No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011[3].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O campaneiforme cordado de Forno dos Mouros (Toques, A Coruña). Cuadernos de Estudios Gallegos.
- ↑ Forno dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.