Cores, Ponteceso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°17′00″N 8°51′59″O / 43.28333, -8.86639

Cores
Igrexa e cruceiro de San Martiño de Cores.jpg
Igrexa e cruceiro de Cores.
ConcelloPonteceso
Poboación526 hab. (2018)
Entidades de poboación13

San Martiño de Cores é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 526 habitantes (284 homes e 262 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 746 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Martiño de Cores é unha construción do século XIII remodelada no século XVIII. A planta é de cruz latina con dúas capelas cubertas por bóvedas de canón, con arcos faixóns. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de forno. A fachada é de estilo barroco, cunha porta alintelada, sobre ela unha fornela co santo, un van cadrado e unha torre campanario que destaca sobre a construción. Sobre a bóveda da sancristía descubriuse un ara romana invertida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cores[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cores no concello de Ponteceso (A Coruña)

Bardaio | Os Barreiros | A Campara | O Castro | Cores | Figueiroa | A Lamela | Limiñoa | Miraflores | Ourada | Riotorto | A Rocha | Santa Cruz | Viladesuso

Parroquias de Ponteceso[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ponteceso

Anllóns (San Fins) | Brantuas (San Xián) | Cores (San Martiño) | Corme Aldea (Santo Adrán) | Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios) | Cospindo (San Tirso) | A Graña (San Vicenzo) | Langueirón (San Xián) | Nemeño (San Tomé) | Niñóns (San Xoán) | Pazos (San Salvador) | Tallo (Santo André) | Tella (Santo Eleuterio) | Xornes (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]