Personificación nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breogán, personificación nacional de Galicia

Unha personificación nacional é a antropomorfización dunha nación, que pode aparecer tanto en caricaturas editoriais como en selos, moedas, propaganda, documentos oficiais etc. Estas personificacións son utilizadas polas súas respectivas nacións para exaltaren características, valores e virtudes propias do país.

Algunhas personificacións temperás no mundo occidental tendían a ser manifestacións nacionais que tiñan aspecto de nai ou de guerreira, e con frecuencia tomaban o nome latino da antiga provincia romana que simbolizaban, como Hispania, Britannia, Germania ou Helvetia.

Historia[editar | editar a fonte]

Cartel da guerra civil española coa aperta entre Marianne e Hispania, senllas personificacións nacionais de Francia e España

As alegorías como personificación nacional con forma de muller xurdiron xa na Antiga Grecia. De feito, malia non quedar mostra ningunha, sábese que houbo xa relevos e estatuas en Grecia que representaban a Hellas —a alegoría de Grecia— a pesar de estar daquela a rexión dividida en polis. Seguramente a crearon ao asumiren a súa historia e cultura comúns fronte aos persas durante as guerras médicas.[1] Roma continuou este costume, sobre todo na numismática, cuñando moedas de alegorías que representaban a Roma, Constantinopla ou as provincias romanas, como Hispania, Britania, Galia etc.[Cómpre clarificar]

Algunhas destas alegorías seguiron aparecendo na Idade Media e na Idade Moderna, aínda que o seu esplendor se produciu durante o movemento artístico do romanticismo, que se deu no século XIX. Mesmo nacións que carecían destas alegorías con base histórica acabaron por inventalas. O romanticismo propugnaba unha volta á orixe das nacións; ollaba o pasado con certa nostalxia, tanto a Idade Antiga como o medievo, e isto trouxo como consecuencia un desenvolvemento artístico en todo o relativo ao pasado das nacións, co fin de exacerbar o nacionalismo.[2]

As personificacións nacionais foron un instrumento dos gobernos para a propaganda en tempos de guerra e para acrecentar o sentimento de pertenza e orgullo nacional entre a poboación. En prazas e rúas de toda Europa erguéronse estatuas de personificacións de antigas provincias romanas ou inventadas ad hoc; algunhas protagonizaban poemas ou mesmo himnos, como Britannia na canción patriótica Rule, Britannia!.[3]

Algunhas destas figuras caeron no esquecemento ou se abandonaron polo auxe do fascismo nalgúns países e a súa posterior derrota na segunda guerra mundial, como foi o caso de Austria.

Estas personificacións nacionais adoitan ser figuras femininas. Ás veces aparecen como unha nai e outras como unha guerreira —ou como unha valquiria nas alegorías escandinavas— defendendo o seu pobo. Noutros casos as personificacións son figuras masculinas, como no caso do Tío Sam, nos EEUU, ou John Bull, en Inglaterra. Moitas nacións tamén dispoñen dunha representación animal, como é o caso de Rusia co oso ruso. Por último, existe outro tipo de personificacións que caracterizan o cidadán medio dun país, como Ze Povinho (Portugal) ou Deutscher Michel (Alemaña), que na súa maioría adoitan corresponder a figuras tamén masculinas.[4][5]

Personificacións por país ou territorio[editar | editar a fonte]

Na lista que se engade a seguir inclúense, á parte das personificacións dunha nación de forma antropomorfa, tamén certos personaxes lendarios (non históricos) fundadores dunha nación, ademais de representacións dunha nación con forma de animal e as personificacións do cidadán medio dun país.

País Imaxe Personificación Animal alegórico
Acerbaixán Koroghlu.[6]
Albania Nai Albania (albanés: Nëna Shqipëri).[7] Aguia bicéfala.
Alemaña Alemaña Germania; Deutscher Michel.[8][9][10][11] Aguia federal alemá.
Armenia Nai Armenia (armenio: Մայր Հայաստան, Mayr Hayasdan).[12]
Arxentina  Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio; Martín Fierro.[13][14]
Australia Australia O raparigo de Manly (en inglés: Little Boy from Manly).[15] Canguro boxeador.
Austria Austria Austria.[16] Aguia bicéfala.
Bangladesh Nai Bengal ou Bangamata (bengalí: বঙ্গমাতা).[17] Tigre de Bengala.[18]
Bélxica Bélxica Bélxica (francés: La Belgique; latín: Belgica).[19] Leo Belgicus.[20]
Bolivia Cóndor.
Brasil Efixie da República (portugués: Efígie da República).[21]
Bulgaria Bulgaria Nai Bulgaria.[22]
Camboxa Preah Thong; Neang Neak.[23]
Canadá Johnny Canuck; Le Vieux de '37 (no Quebec).[24][25] Castor canadiensis.
Chile El Roto; El Huaso; La Carmela; Doña Juanita.[26][27][28] Cóndor; huemul.[29]
China Emperador de Xade (chinés: 玉皇; pinyin: Yù Huáng ou 玉帝, 'Yù Dì').[30] Dragón chinés.
Colombia Juan Valdez.[31] Cóndor; oso de anteollos.
Corea do Sur Dangun (hangul: 단군); Ungnyeo (hangul: 웅녀 / 熊 女); Yangban (hangul: 양반). Tigre siberiano.
Cuba Don Liborio.[32]
Dinamarca Dinamarca Nai Dinamarca (dinamarqués: Mor Danmark), Holger Danske.[33][11]
Ecuador Cóndor.
Emiratos Árabes Unidos Falcón de Quraish.
Eslovaquia Eslovaquia Juraj Jánošík.[34]
Eslovenia Eslovenia Kranjski Janez; Peter Klepec.[35]
España España Hispania.[36] León Hispano; Touro de Osborne.[37][38]
Estados Unidos de América Estados Unidos Estatua da Liberdade, Tío Sam, Johnny Reb, Columbia.[39][40][41][42][43] Aguia de cabeza branca.
Exipto Exipto Nai do Mundo (Om El Donia). Aguia de Saladino.
Filipinas Juan dela Cruz; Ináng Bayan.[44] Aguia filipina.
Finlandia Finlandia A Dama de Finlandia (finés: Suomi-neito).[45][46]
Francia Marianne; Galia; Xoana de Arco.[47] Galo.
Galicia Galicia Breogán.[48]
Grecia Grecia Hellas (grego: Ἑλλάς).[1][49] Moucho de Atenea; Fénix.
Haití Ezili Dantor; Catherine Flon.
Hungría Hungría Señora de Hungaria.
Iemen Aguia de Saladino.
India India Nai India (hindi: Bhārat Mātā).[50] Tigre de Bengala; elefante indio.
Indonesia Nai Terra (indonesio: Ibu Pertiwi).[51]
Irán Rostam (persa: رستم‎). León e sol.
Iraq Aguia de Saladino.
Irlanda Irlanda Ériu; Hibernia; Fódla; Kathleen Nin Houlihan (irlandés: Caitlín Ní Uallacháin).[52][53][54]
Islandia Islandia A Dama das Montañas (islandés: Fjallkonan).
Israel Srulik (hebreo: שרוליק).[55]
Italia Italia Italia torreada (italiano: Italia turrita).[56]
Kirguizistán Manas.
Quenia Kenya Wanjiku.
Kuwait Kuwait Falcón de Quraish.
Lituania Lituania Lituania (lituano: Lietuva).[57]
Macedonia do Norte Macedonia do Norte Nai Macedonia.[58]
Malaisia Hang Tuah.[59] Tigre de Malaisia.
Malta Malta Melita.[60]
Marrocos Marrocos León do Atlas.
México Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio. A aguia e a serpe.
Montenegro Montenegro Nai Montenegro (montenegrino: Majko naša Crna Goro).
Nicaragua Güegüense.
Noruega Noruega Nai Noruega (noruegués; Mor Norge); Ola Nordmann; Nór.[61]
Nova Zelandia Nova Zelandia Zealandia.[62] Kiwi.
O Salvador Divino Salvador do Mundo.
Países Baixos Países Baixos Doncela neerlandesa (neerlandés: Nederlandse Maagd); Hans Brinker.[63] Leo Belgicus.
Palestina Handala (árabe: حنظلة).[64] Aguia de Saladino.
Paquistán Pāk Wātān.
Perú Nai Patria (castelán: Madre Patria); Chalán.[65] Vicuña.
Polonia Polonia Polonia; Lech.[66] Aguia branca.
Portugal Portugal Zé Povinho; Efixie da República; Galo de barcelos; Anxo de Portugal; Lusitania.[67]
Reino Unido Reino Unido Britania (Reino Unido); John Bull (Inglaterra); Nai Gales (Gales; en galés: Mam Cymru).[68][69] León e unicornio (Iglaterra e Escocia); dragón (Gales).
República Checa República Checa Čechie; Czech Vaišek; O bo soldado Švejk. León con dúas colas.
República Dominicana Conchoprimo.
Romanía Romanía România.[70]
Rusia Rusia Nai Rusia (ruso: Матушка Россия, Matushka Rossiya).[71] Oso ruso; aguia bicéfala.
Serbia Serbia Nai Serbia (serbio: Мајка Србија); Doncela de Kósovo (serbio: Косовка девојка, Kosovka devojka). Aguia bicéfala.
Singapur Merlion.
Siria Falcón de Quraish.
Sri Lanka Nai Sri lanka (cingalés: ශ්‍රී ලංකා මාතා, Śrī Laṁkā Mātā)
Suecia Suecia Nai Svea (sueco: Moder Svea).[72]
Suíza Suíza Helvetia.[73]
Suriname Nai Surinam (sranan tongo: Mama Sranan).[74]
Tailandia Phra Siam Devadhiraj (tailandés: พระสยามเทวาธิราช); Tailandia.[75][76] Elefante branco.
Ucraína Ucraína Berehynia (ucraíno: Береги́ня); Cosaco Mamai (ucraíno: Козак Мамай).
Unión Europea Unión Europea Europa; Europa Regina.
Uruguai Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio.
Venezuela Juan Bimba; María Lionza.[77]
Vietnam O Catro Inmortais (vietnamita: Tứ bất tử).
Xapón Guerreiro divino Jinmu; Samurai.
Xeorxia Xeorxia San Xurxo de Capadocia; Nai Xeorxia (xeorxiano: ქართლის დედა, Kartlis Deda).

Nacións ou entidades nacionais extintas[editar | editar a fonte]

País Imaxe Personificación Animal alegórico
Antiga Cartago Dido.
Antiga Roma Deusa Roma (latín: Dea Roma); Rómulo e Remo Aguia romana; Luperca.
Cidade Libre de Frankfurt Francofurtia.
Cidade Libre de Hamburgo Hammonia.
Ducado de Braunschweig Brunonia.
Ducado de Franconia Franconia.
Estados Confederados de América Johnny Reb.
Imperio Bizantino Aguia bicéfala.
Imperio Etíope León de Xudá.
Reino de Prusia Borussia. Aguia negra.
Reino de Baviera Bavaria.
Reino de Francia Galia. Galo.
Reino de Xudá León de Xudá.
Reino de Saxonia Saxonia.
Reino de Wurtemberg Wurttembergia.
República de California Oso pardo.
República de Venecia León de San Marcos.
Sacro Imperio Romano Xermánico Germania. Aguia bicéfala.
Unión Soviética Unión Soviética Nai Rusia. Oso.

Cidades alemás con alegoría[editar | editar a fonte]

Alemaña debido a que se unificou co movemento do romanticismo xa en pleno pulo, creou, á parte de Germania algunhas personificacións relacionadas con antigos reinos, ducados ou cidades libres independentes antes da súa unificación (recóllense na táboa anterior). Un claro exemplo é Baviera, coa súa alegoría Bavaria, que aínda que segue existindo como Estado federado alemán xa non é independente. Mesmo algunhas cidades que nunca foron cidades libres chegaron a crear a súa propia personificación, como é o caso de Berlín e a súa Berolina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Hellas Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". En Smith, A. C. (2003). Páxina 15.
  2. Berger, S. et al. (2013).
  3. "Rule Britannia". The Britannia and Castle: Norfolk Section. 2002.
  4. "Mass-Producing Traditions: Europe, 1870-1914". En Hobsbawm, E.; Ranger, T. (1983). Páxinas 263-307.
  5. Beam, C. (2010). "Oncle Jacques? Onkel Friedrich? Tio José? Do other countries have their own Uncle Sams?". En Slate. 2 de xullo.
  6. Minahan, J. B. (2009). Páxina 317.
  7. Minahan, J. B. (2009). Páxina 303.
  8. Sagarra, E. "The strange history of der deutsche Michel. The role of national stereotypes in intercultural language teaching". En JFL Journal.
  9. Denkler, H. (1971).
  10. Minahan, J. B. (2009). Páxina 408.
  11. 11,0 11,1 Kriz, K. et al. (2012). Páxina 85.
  12. Minahan, J. B. (2009). Páxina 309.
  13. Minahan, J. B. (2009). Páxina 216.
  14. Hanway, N. (2003). Páxina 147.
  15. "The Little Boy from Manly". En Davison, G. (1998). Páxina 395.
  16. Minahan, J. B. (2009). Páxina 314.
  17. Singh, A. et al. (2016). Páxinmas 98-99.
  18. "National Symbol. National Animal Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.". Bangladesh Tourism Board.
  19. "Ville de Paris. 8ème arrondissement". En Bel-Memorial.
  20. Van der Heijden, H. A. M. (2006).
  21. Minahan, J. B. (2009). Páxina 228.
  22. Peleva, I.; Spassova-Dikova, J. "Figuring the Motherland and Staging the Party Father in Bulgarian Literature: Figurations of the Mother". En Cornis-Pope, M.; Neubauer, J. (2010). Páxinas 176-179.
  23. "Brief History: Legend". En Cambodian Community Day.
  24. Barber, K. (2007). Páxina 70.
  25. Minahan, J. B. (2009). Páxina 681.
  26. "El Roto Chileno, personaje en extinción Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En Chile Crónicas. 15 de xaneiro de 2016.
  27. "La culpa es de Ricardo Lagos y la Señora Juanita". En Chile Liberal. 1 de xullo de 2013.
  28. Minahan, J. B. (2009). Páxinas 303231-232.
  29. "Menos cóndor y más huemul". En El Mercurio. 11 de xullo de 1925.
  30. Meirong, L. (2011). "Jade Emperor". En Encyclopedia of Taiwan. Council for Cultural Affairs.
  31. Rengifo, A. X. et al. (2008).
  32. "De lo nacional y lo extranjero". En Santa Cruz, N. (2004). Páxinas 182-183.
  33. Minahan, J. B. (2009). Páxina 377.
  34. Rasloff, U. "Juraj Jánošík". En Cornis-Pope, M.; Neubauer, J. (2010). Páxinas 441-456
  35. Bevk, F. (1978). Peter Klepec. Mladinska knjiga. Ljubljana.
  36. Minahan, J. B. (2009). Páxina 539.
  37. Cervera, C. "El león hispano: el símbolo despreciado y olvidado por España". En ABC. 31 de novembro de 2014.
  38. Quílez, R. "El Toro de Osborne, de icono publicitario a símbolo de la España cañí". En El Mundo. 29 de xaneiro de 2007.
  39. Levine, B.; Story, I. F. (1961). "Statue of Liberty". National Park Service.
  40. "Origins. The Female Form as Allegory Arquivado 23 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". America Studies. University of Virginia.
  41. "Symbols. Lady Liberty's Male Relations Arquivado 23 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". America Studies. University of Virginia.
  42. Schlereth, T.J. (1992).
  43. Hicks, T. A. (2006).
  44. Minahan, J. B. (2009). Páxina 153.
  45. Minahan, J. B. (2009). Páxina 390.
  46. Kriz, K. et al. (2012). Páxina 87.
  47. Minahan, J. B. (2009). Páxina 398.
  48. Maíz, R. (1996).
  49. Minahan, J. B. (2009). Páxina 416.
  50. Kriz, K. et al. (2012). Páxina 84-87.
  51. Minahan, J. B. (2009). Páxina 67.
  52. O'Rourke Murphy, M.; MacKillop, J. (1987). Páxina 502.
  53. Minahan, J. B. (2009). Páxina 431.
  54. Neijmann, D. L. (2006). Páxina 518.
  55. Minahan, J. B. (2009). Páxina 597.
  56. Minahan, J. B. (2009). Páxina 438.
  57. Bartetzky, A. et al. (2005). Neue Staaten, Neue Bilder: Visuelle Kultur Im Dienst Staatlicher Selbstdarstellung in Zentral- Und Osteuropa Seit 1918. Böhlau. Páxina 227. ISBN 9783412147044
  58. "Manifesto do Goberno Provisional de Macedonia. 1881" (versión traducida ao inglés): A nosa Nai Macedonia converteuse agora en viúva, solitaria e abandonada polos seus fillos.
  59. Minahan, J. B. (2009). Páxina 101
  60. Derk Kinnane-Roelofsma. (1996) "Britannia and Melita: Pseudomorphic Sisters". En Journal of the Warbourg and Courtauld Insitute. Vol. 59.
  61. Minahan, J. B. (2009). Páxina 491.
  62. "South African War memorial, Waimate". En The Encyclopaedia of New Zealand.
  63. Minahan, J. B. (2009). Páxina 482.
  64. Deiros, T. (2014). "Handala, el icono de la amargura de Palestina". En La Marea. 5 de xaneiro de 2014.
  65. Minahan, J. B. (2009). Páxina 276
  66. Minahan, J. B. (2009). Páxina 495
  67. Minahan, J. B. (2009). Páxina 499
  68. Taylor, M. (1992).
  69. Minahan, J. B. (2009). Páxina 565
  70. Minahan, J. B. (2009). Páxina 503.
  71. Lewin, E. (2012). Páxina 246.
  72. Minahan, J. B. (2009). Páxina 543.
  73. Minahan, J. B. (2009). Páxina 547.
  74. Krieger, Bart. "Kunstschatten: Mama Sranan". En Parbode. Surinaams Magazine. 31 de outubro de 2010.
  75. Hoare, T. D. (2004). Páxina 115.
  76. Streckfuss, D. (2010). Páxina 271
  77. Friedman, E. J. (2010). Páxina 64.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]