Provincia romana
A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da Península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana.[1]
As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia.
Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República Romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio.
O número e tamaño das provincias variaron ao longo da historia, segundo as políticas da metrópole. Así, o seu número alcanzou a corentena baixo os Severos. Durante o Imperio, as maiores e máis ben guarnecidas provincias foron subdivididas en territorios máis pequenos, para evitar que un único gobernador tivese demasiado poder nas mans.Diocleciano, baixo a tetrarquía, reforma profundamente a administración territorial do Imperio, multiplicando o número de provincias e creando unha entidade superior ás provincias, as dioceses.
Historia
[editar | editar a fonte]A administración provincial de Roma xurdiu coa Primeira guerra púnica, que deu lugar á expansión do territorio da República romana ademais da Península Itálica polas illas mediterráneas. A provincia foi a unidade territorial e administrativa básica e permaneceu ata a tetrarquía, (ao redor do 296). Entre os territorios dominados por Roma, é o máis grande do seu tamaño fóra da península italiana.
Na súa etapa de desenvolvemento completo, o estado romano consistía en dúas partes distintas: Italia e as provincias. A provincia da Galia Ulterior, na época de Xulio César era, ás veces, designada simplemente polo termo "provincia".[1]
Un territorio conquistado recibía a súa organización provincial baixo o comandante romano, cuxos actos requirían a aprobación do Senado romano, ou ben o goberno era organizado polo comandante e un grupo de comisarios nomeados polo senado. O tratamento dun territorio conquistado non era uniforme. Cando se constituía en provincia, o territorio non se tornaba parte do Estado romano para todos os propósitos, pero mantiña a súa existencia nacional, aínda que non a súa soberanía.
Estímase que un de cada dez habitantes do mundo romano vivía en áreas urbanas, o que facilitaba a interacción social e as actividades valoradas pola cultura romana.[2] A vida política, económica e social durante os primeiros séculos do imperio gravitaba arredor da Urbe, termo latino para "cidade", cando se referían a Roma. Roma era a sede da autoridade imperial e da administración, principal lugar de intercambios entre Occidente e Oriente, ademais de ser de lonxe a cidade máis populosa do mundo antigo, con máis dun millón de habitantes. Así, miles de persoas acudían diariamente á cidade, por mar e por terra, enriquecéndoa con artistas e escritores de todas as rexións do imperio.
Existía unha clara diferenza entre vivir en Roma ou nas provincias; os habitantes da capital gozaban de privilexios, mentres que o peso fiscal era reservado duramente ás provincias. Tamén entre a cidade e o campo, a calidade de vida era mellor e máis axeitada para os citadinos, que usufrutuaban de servizos públicos como termas, acuedutos, teatros e circos.
Coa crise do terceiro século, os recursos foron desprazados da rexión do Mediterráneo para as rexións fronteirizas, onde os emperadores precisaban pasar máis tempo. Así, en cidades como Mediolano (actual Milán) Augusta dos Tréveros (actual Tréveris), no val do río Mosela, e Sirmio (actual Sremska Mitrovica, en Serbia), Naísso (actual Niš) e Serdica (actual Sofía) na rexión do Danubio, Nicomedia (actual Izmit) na Asia Menor serviron como capitais temporais do imperio.[3]
Despois da crise, que paralizou o imperio nos decenios centrais do século III, as fronteiras fanse máis seguras a partir do reinado de Diocleciano (284-305), o cal introduciu profundos cambios na administración e no exército. O imperio puido así vivir un período de relativa estabilidade polo menos ata a batalla de Adrianópolis (378)[4] e, en Occidente, ata os primeiros anos do século V, cando se iniciaron as perigosas incursións por parte dos visigodos de Alarico I (401-402) que continuaron ata culminar no célebre saqueo de Roma no 410,[4] referido polo contemporáneo Agostiño de Hipona, como un acontecemento notable da época e, por algúns, como o fin do mundo.
Os últimos días do Imperio Romano de Occidente (o de Oriente sobreviviu por máis dun milenio) foron nun clima de morte e miseria para poboación de moitas rexións do imperio, asoladas pola guerra, a carestía e as epidemias. A consecuencia final foi a caída da propia estrutura imperial. No século V, segundo o desexado antes por Constantino, Constantinopla (actual Istambul) impúxose debido á relación de forza entre un Oriente aínda próspero e un Occidente ás voltas con pobos xermánicos e sempre prostrado pola crise económica, política e demográfica.
As provincias eran atribuídas por períodos dun ano a gobernadores orixinarios da clase senatorial, no caso de ser unha provincia senatorial, é de clase ecuestre, no caso de ser unha provincia imperial, normalmente ex-cónsules ou ex-pretores. A principios do ano romano (en marzo, ata a aparición do calendario xuliano), as provincias eran atribuídas aos gobernadores por sorteo, na época da República, ou nomeamento, no imperio.
Normalmente, as provincias onde eran esperadas complicacións ou por rebelións internas ou invasións de pobos bárbaros, eran adxudicadas a homes con experiencia, de grao consular. A distribución de lexións romanas polas provincias era igualmente dependente do perigo en que se atopaban. Así, no século IV, Lusitania non tiña ningunha lexión permanente, mentres que a Xermania Inferior, onde a fronteira do Rin aínda representaba un problema, tiña unha gornición de catro lexións. As provincias máis problemáticas eran as máis desexadas polos futuros gobernadores, pois problemas significaban guerra e na guerra había a posibilidade de obter rapinas, escravos para venda e outras oportunidades de enriquecemento.
Lista de provincias da República romana
[editar | editar a fonte]A primeira provincia romana foi Sicilia, anexionada pola República Romana no 241 a.C., despois do fin da Primeira guerra púnica. Córsega e Sardeña convertéronse en provincias no 235 a.C. Hispania Tarraconense e Hispania Ulterior, que englobaban a Península Ibérica (Hispania para os romanos) foron conquistadas no 197 a. C., de novo a costa de Cartago, na fin da Segunda guerra púnica. En 167 a. C. Lucio Emilio Paulo Macedónico adquiriu Macedonia; e a destrución de Cartago en 146 a. C. rendeu a provincia da África.
En orde cronolóxica de creación:
- 241 a. C. Sicilia (Sicilia), provincia propretorial, tomada aos cartaxineses e anexada ao final da Primeira guerra púnica.
- 231 a. C. Corsica et Sardinia, provincia propretorial, estas dúas illas foron arrebatadas aos cartaxineses e anexionadas pouco despois da guerra mercenaria, no 238 a.C. e 237 a.C. respectivamente.
- 197 a. C. Hispania Citerior e Hispania Ulterior, provincias propretoriais, ao longo da costa leste da Península Ibérica, parte dos territorios tomados dos cartaxineses durante a Segunda guerra púnica.
- 167 a. C. Illyrium, provincia propretorial
- 146 a. C. Macedonia-Acaia (Macedonia-Acaia), provincia propretorial, anexada despois da rebelión da Liga Aquea.
- 146 a. C. África Proconsular (Africa proconsularis), provincia proconsular; correspóndese coa actual Tunisia e o oeste de Libia, arrrebatados a Cartago trala súa destrución na Terceira guerra púnica.
- 129 a. C. Asia (Asia), provincia proconsular.
- 120 a. C. Gallia Transalpina (Galia Transalpina), máis tarde Gallia Narbonensis (Galia Narbonensis), provincia propretorial
- 81 a. C. Gallia Cisalpina (Galia Cisalpina), provincia propretorial
- 74 a. C. Bitínia e Ponto (Bithynia et Pontus), provincia propretorial
- 74 a. C. Creta e Cirenaica (Creta et Cyrenaica), provincia propretorial
- 64 a. C. Cilicia e Chipre (Cilicia et Cyprus), provincia propretorial
- 64 a. C. Siria (Syria), provincia propretorial
- 30 a. C. Exipto (Aegyptus), provincia propretorial, con gobernador especial chamado prefecto do Exipto
- 29 a. C. Mesia (Moesia), provincia propretorial
- 43 d. C. Licia (Lycia), provincia propretorial
Lista de provincias romanas no 117
[editar | editar a fonte]Xa no período do Imperio Romano, Britania tornouse nunha provincia, despois da invasión comandada por Claudio no 43, aínda que a pacificación completa tardou algunhas décadas.
- Hispania Bética (Hispania Baetica)
- Lusitania (Lusitania)
- Hispania Tarraconense (Hispania Terraconensis)
- Gallia Narbonensis (Gallia Narbonensis) (era a provincia romana, cuxa etimoloxía persiste no nome medieval e moderno da Provenza)
- Gallia Aquitania (Gallia Aquitania)
- Gallia Lugdunensis (Gallia Lugdunensis)
- Gallia Belgica (Gallia Belgica)
- Britania (Britannia)
- Xermania Inferior (Germania Inferior)
- Xermania Superior (Germania Superior)
- Recia (Raetia)
- Italia (Italia)
- Sicilia (Sicilia)
- Corsica et Sardinia (Corsica et Sardinia)
- Alpes Peninos (Alpes Poenninae)
- Alpes Cotios (Alpes Cottiae)
- Alpes Marítimos (Alpes Maritimae)
- Nórico (Noricum)
- Pannonia (Pannonia)
- Dalmacia (Dalmatia)
- Dacia (Dacia)
- Mesia Superior (Moesia)
- Mesia Inferior (Moesia)
- Tracia (Thracia)
- Macedonia (Macedonia)
- Epiro: Vello Epiro (Epirus vetus) e Novo Epiro (Epirus nova)
- Acaia (Achaea)
- Asia (Asia)
- Bitínia e Ponto (Bithynia et Pontus) - subdividida en Ponto Galático, Ponto Polemoníaco e Ponto Capadócio
- Galacia (Galatia)
- Licia e Panfilia (Lycia et Pamphilia)
- Pisidia (Pisidia)
- Cilicia e Chipre (Cilicia et Cyprus)
- Capadocia (Cappadocia)
- Armenia (Armenia) - ver tamén Armenia Inferior (Armenia Inferior)
- Sofena (Sophene)
- Siria (Syria)
- Xudea (Iudaea), despois Palestina (Palestina)
- Arabia Pétrea (Arabia Petraea)
- Exipto (Aegyptus)
- Creta e Cirenaica (Creta et Cyrenaica)
- Numidia (Numidia)
- África Proconsular
- Mauritania Cesariense (Mauretania Cesariensis)
- Mauritania Tingitana (Mauretania Tingitana)
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia romana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hill, Duncan (2007). Ancient Rome. from the Republic to the Empire (en inglés). Bath (R.U.): Parragon. ISBN 978-1-4054-8795-5.
- Jacques, François; Scheid, John (2010 (1ª ed. 1999)). Rome et l'intégration de l'Empire (44 av. J.-C. - 260 ap. J.-C.). Col. Nouvelle Clio, l'histoire et ses problèmes (en francés). París: PUF. ISBN 9782130448822.
- Kulikowski, Michael (2008). Guerras Góticas de Roma (en portugués). São Paulo: Madras. ISBN 978-85-370-0437-1.
- Lefebvre, Sabine (2011). L'administration de l'Empire romain d'Auguste à Dioclétien. Col. Cursus Histoire (en francés). París: Armand Collin. ISBN 978-2-200-35575-3.
- Ostrogorsky, Georg (1968). Storia dell'Impero bizantino (en italiano). Milán: Einaudi. ISBN 88-06-17362-6.
- Smith, William, ed. (1842). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities (en inglés). Londres: John Murray.
- VV.AA. (1996). Grandes Imperios e Civilizaciones. Roma - Legado de un imperio (en castelán) 2. Madrid: Ediciones del Prado. ISBN 84-7838-740-4.