Aperta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística dunha aperta lateral entre duas irmás

A aperta, apreixo ou o abrazo é un xesto no cal dúas ou máis persoas –xeralmente dúas– fican parcial ou completamente entre os brazos da outra. É usado, dependendo das culturas, como forma de demostración de afecto mutuo. Coa aperta podemos expresar sentimentos como cariño, amizade, amor, compaixón, saudade, agradecemento etc. Unha aperta en alguén pode demostrar tamén protección instintiva.

O abrazo consiste basicamente no envolvemento dunha persoa nos brazos da outra. É posíbel un abrazo "completo", cando as dúas persoas se abrazan entre si, ou un abrazo unilateral, cando alguén permanece inmóbil e a outra persoa a abraza. Xeralmente unha aperta é dada pola fronte de ambos, mais tamén pode ser dada de lado ou por detrás. Entre tanto, a expresión "aperta por detrás" pode ter un sentido sexual máis forte. Así mesmo, unha aperta pode ser colectiva e dada entre tres ou máis persoas ao mesmo tempo.

É posíbel tamén abrazar obxectos ou animais, como por exemplo unha árbore ou un pequeno can. Algunhas veces, abrazos entre amigos pode ser feito ou finalizado cuns golpiños nas costas.

Dependendo da intensidade e forma como é expresada, unha aperta pode formar parte da relación sexual dos seres humanos, espertando, tanto no home como na muller, sinais de libido. Ese tipo de aperta pode acompañar un bico apaixonado.

A pesar de non ser habitual, pódese dicir tamén que algúns animais poden abrazar. Unha gorila, por exemplo, pode abrazar a súa cría de forma moi parecida ao ser humano, unha gata pode cubrir as súas crías coa pata para protexer, e pode ser interpretado por nós como unha aperta.

Tipos de aperta[editar | editar a fonte]

Impersoal[editar | editar a fonte]

Unha aperta impersoal xeralmente é só "falada" e non se dá fisicamente co corpo. Especialmente no Brasil, é común despedirse dicindo "um abraço", mais moitas veces non abrazando de feito. Ese tipo de abrazo impersoal é un sinal de mínima intimidade, mais é común tamén entre persoas descoñecidas. Ao se despedir nunha carta, por exemplo, é relativamente común dicir "unha aperta". Na linguaxe da internet iso pode ser aínda representado por dous corchetes, desta forma: []'s ou aínda por parénteses asi: ()'s (ou mesmo escrito coas letras "abç" en portugués, e non só na internet, senón tamén nunha carta informal). Ese tipo de expresión, no entanto, non é tan común noutras linguas. Por exemplo, no inglés, "hug" pode ser íntimo de máis no caso de que sexa escrito ou falado e dificilmente ten o sentido impersoal.

Sexual[editar | editar a fonte]

Na cultura popular brasileira, a aperta que expresa unha connotación sexual denomínase "amasso" ou "abraço quente". Un abrazo deste estilo consiste xeralmente en apalpar, apegarse ou apertar máis que nun abrazo común.

Abrazo-terapia[editar | editar a fonte]

Hai quen acredita que abrazar sexa unha óptima terapia contra a tristeza e a depresión, pois o abrazo sería moito máis que un simple "apertón" de brazos, e que no momento que abrazamos afectuosamente a quen apreciamos, transmitimos alí emocións como o amor e a paz.

Abrazo de oso[editar | editar a fonte]

O abrazo de oso é aquela aperta que acostuma demostrar todo o cariño que unha persoa sente polo outra. Este abrazo xeralmente é dado soamente por unha persoa, en canto a outra permanece cos brazos estendidos ao longo do corpo. Esta última será "vítima" dun abrazo forte.

Ledicia[editar | editar a fonte]

Unha aperta pode indicar alegría, como na imaxe despois de gañar nun partido de hockey sobre xeo

Unha aperta dáse moitas veces co significado de ledicia, cando por exemplo dous seareiros dun mesmo equipo gañan algún encontro importante ou algún título.

Infantil[editar | editar a fonte]

Outrora os meniños e meniñas sempre gustaron de recibir este tipo de abrazo, pois nel xeralmente un adulto aperta con vigor até que o pícaro pida parar. Neste tipo de xogo onde o adulto desafía o meniño a gañar, o pequeno só pode reclamar se estiver sentindo que a aperta é moi forte. Mentres se xoga, expŕesanse varios sentimentos entre as partes, como a confianza do picariño no adulto por saber que este non o machucará, a seguranza que o meniño sente na capacidade física do adulto e a perseveranza do cativo en tentar resistir máis tempo ao abrazo sen denotar fraqueza.

Galería[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aperta