Palas de Rei
Coordenadas: 42°52′25″N 7°52′10″O / 42.873611111111, -7.8694444444444
Palas de Rei | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | palense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Ulloa |
Poboación | 3.319 hab. (2022)[2][3] |
Área | 199,7 km²[3] |
Densidade | 16,62 hab./km² |
Entidades de poboación | 43 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Pablo José Taboada Camoira (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Palas de Rei | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 81,58% |
Na rede | |
www.concellopalasderei.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 | 3.601 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 274 (7.6 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.944 (53.98 %) |
Maiores de 65 anos | 1.383 (38.40 %) |

Toponimia[editar | editar a fonte]
O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis[8][9] por ser Witiza, o rei visigodo que, segundo a tradición, mataría a Fáfila, duque de Galicia e pai de Don Pelaio,[10] nestas terras de Palas de Rei, onde, ao mesmo tempo, tería o seu pazo. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calcarios.[11] Son máis as voces que ven no Palas unha orixe non latina. Así,[12] Vázquez Rodríguez destaca que a orixe do termo podería estar nas palabras do galego común pala e, por tanto, preindoeuropea, mentres que Edelmiro Bascuas considera que o primeiro elemento podería ser un derivado da raíz indoeuropea *pel-, "encher, verter, fluír", polo que podería ser, na realidade, un Río de Rei.
Historia[editar | editar a fonte]
No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.
Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.
Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.
Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.
O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.[13]
Comunicacións[editar | editar a fonte]
A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense.
Lugares de Palas de Rei[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Palas de Rei vexa: Lugares de Palas de Rei.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Palas de Rei.
|
Parroquias[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Palas de Rei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ González Garcés (1987), p. 462.
- ↑ Langtry Caínzos & Barajas Martínez (1996), pp. 187-195
- ↑ Risco, Vicente (1952). Historia de Galicia. Galaxia. p. 60.
- ↑ Cabeza Quiles (1992), p. 328
- ↑ "Origen de Palas de Rei". Toponimia de Galicia.
- ↑ Mogo, Arturo (10/02/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palas de Rei ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabeza Quiles, Fernando (1992). Os nomes de lugar. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 8475076882. LCCN 93200554. OL 1515734M.
- González Garcés, Miguel (1987). Historia de La Coruña: edad media (en castelán). A Coruña: Caixa Galicia, Obra Social. ISBN 84-505-6783-1.
- Langtry Caínzos, Carlos J.; Barajas Martínez, Luís A. (1996). "Recorriendo la Toponimia del Camino". En Leira López, José (coord.). Aulas no camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago. O Camiño Francés (en castelán). Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. pp. 187–195. ISBN 84-89694-12-5.