Saltar ao contido

Partido Obreiro Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «POG»)
 Partido Obreiro Galego
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
Implicados
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1977 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1980 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Esquerda Galega (1980 - 1984) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Códigos e identificadores
Freebase/m/09k6zl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 163911
Wikidata

O Partido Obreiro Galego (POG) foi un partido galego marxista[1] e nacionalista[2] que, en 1977, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira liderou un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escindiu do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno.

En outubro, fundou un novo partido no que se integraron, ademais, membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia. Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira. Logo do I Congreso, en decembro de 1978,[3] integrouse na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.[4]
No referendo da Constitución de 1978, o partido, propugnou o voto en branco[5] e, no Estatuto de 1981, o negativo.

Posteriormente, refundouse co nome de Esquerda Galega, con xuño nome foi inscrita en xuño de 1980[Cómpre clarificar], e en maio de 1981, celebrou o seu I Congreso coa nova denominación.[6]

  1. Quintana Garrido 2010, p. 67.
  2. Piñeiro 2009, p. 56.
  3. Quintana Garrido 2010, p. 68.
  4. Conde Muruais, Perfecto (18 de xaneiro de 1979). "Unidade Galega, primera coalición galleguista". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2025.
  5. Ferreiro Ares, Brais (19 de xaneiro de 2020). "O nacionalismo galego na Transición (II): as eleccións (1977-1982) e os referendos (1978 e 1980)". mazarelos.gal. Consultado o 2 de xuño de 2025.
  6. Quintana Garrido 2010, p. 70.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]