Saltar ao contido

Premio Xohana Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Xohana Torres é un premio outorgado polo Concello de Santiago de Compostela que honra a figura de Xohana Torres e procura recuperar a memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela. Ten dotación económica.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a convocarse no ano 1993, inicialmente na modalidade de investigación, en 2009 e 2010 reorientouse cara ao ensaio,[2] deixou de convocarse entre os anos 2011 e 2015[3] e recuperouse no ano 2016, orientándoo á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.[1]

Está dotado con 2500 euros e a publicación da obra polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.[4]

Traballos galardoados

[editar | editar a fonte]
Edición anoData do veredictoTraballo premiadoAutoría
1ª - 199208/03/93As mulleres na economía urbana do Antigo Réxime: Santiago desde o século XVIIISerrana Rial García
2ª - 199308/03/94A muller, visión e contribución dos librepensadores ácratas galegos, a través dos xornais obreiros: 1890-1936José González Vázquez
3ª - 199408/03/95Herdanza e signoÁnxela Rodríguez Rodríguez
4ª - 199508/03/96Non se presentara ningún traballo
5ª - 199608/03/97Heroínas anónimas: as lavandeirasMª Mercedes Vega Cerqueiro
6ª - 199708/03/98A nai solteira en GaliciaMaría Montaña López
7ª - 199808/03/99Declarouse deserto
8ª - 199908/03/00Nais xornaleiras e emigrantes: unha perspectiva comparativa da muller na emigración americana e europeaMaría Lombán Pazos
9ª - 200008/03/01O pensamento feminista do economista compostelán Joaquín Díaz de Rábago (1837-1898)Susana Martínez Rodríguez
10ª - 200108/03/02Esquecidas pola Historia: as mulleres compostelás entre 1890 e 1936Herminia Pernas Oroza
11ª - 200208/03/03Voces da Memoria: Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquistaBeatriz Graña Pérez
12ª - 200308/03/03O traballo das mestras en Galicia: entre a producción e reproducciónAna Sánchez Bello
13ª - 200408/03/04Declarouse deserto
14ª - 200508/03/05Declarouse deserto
15ª - 200608/03/07Declarouse deserto
16ª - 200708/03/08Desde o campo e o mar ata o tear e o fogar a invisibilidade rómpese en mil anacos. As mulleres do campo na Galicia da época moderna.[2]Serrana Rial García
17ª - 200808/03/09Declarouse deserto1 único traballo presentado
17ª - 200918/02/09Declarouse deserto
1º premio de ensaio Xohana Torres02/03/10Transféminas, ou como deconstruír o corpo co marteloIria Presedo Martínez[2]
2º premio de ensaio Xohana Torres03/03/11O monte é noso. Conflictividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en mán común.Araceli Freire Cedeira[2][5]
  1. 1 2 "Premio Xohana Torres". Concello de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 3 4 "A USC e o Concello de Santiago recuperan o Premio Xohana Torres". Xornal USC. 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
  3. "O Concello de Santiago deixa morrer o Premio de Investigación Xohana Torres". IES Cacheiras. 29 de decembro. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
  4. 1 2 "Reimóndez gaña o Xohana Torres cun ensaio sobre a tradución de Rosalía e Erín Moure". Sermos Galiza. 9 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
  5. "Histórico de Premios Xohana Torres" (PDF). Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
  6. Yuri Carrazoni (7 de marzo de 2018). "Un documental sobre Concha Castroviejo gaña o II Premio Xohana Torres". Nós Televisión. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
  7. Diario, Nós. "Xohana Torres, a muller navegante que rachou coas viúvas de vivos". Nós Diario. Consultado o 2020-06-06.
  8. "PREMIO XOHANA TORRES". Cim Compostela. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-08.
  9. Diario, Nós (2024-03-08). "Montse Fajardo recibe o Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2024-03-08.
  10. Triñáns, Ana (2024-03-09). "Montse Fajardo gaña o Xohana Torres con ‘Caídas’, ensaio sobre o Patronato das mulleres no fraquismo". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-04-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]