Irene Pin
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1995 (29/30 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cineasta, investigadora |
Irene Pin, nada en 1995 en Lugo, é unha directora, realizadora, poeta, música e investigadora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en estudos da literatura e da cultura. Os seus traballos audiovisuais enmárcanse no ámbito do cinema experimental, da videocreación e do documental, enfocados desde unha perspectiva ecofeminista. Como poeta ten colaborado na revista Grial[1] e como música é a baixista do grupo Poesía Canalla.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Fronteiras do humano (2011)
- Meus ollos firen (2014)
- Querido Godot (2015)
- Condición 5 (2015)
- Declaración (2016)
- Ai, Pardiñas, dásme a vida! (2016)
- Non preciso ser salvada (2018)
- Nós, as desenfocadas (2019)
- San Finx 1960 (2019)[3]
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Gañadora no Obradoiro 5x5 Compostela do Festival Curtocircuíto por Condición 5 (2015)[4]
- Primeiro premio de Videocreación Siluetas Furtivas por Declaración (2016)
- Primeiro premio no III Festival de Cine da Roca por Ai, Pardiñas, dásme a vida![5] (2016)
- Premio á mellor produción dun minuto ou menos no Rabbit Heart Poetry Film Festival por Non preciso ser salvada (2018)[6]
- Premio na categoría de Videoensaio nos III Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual por Nós, as desenfocadas (2019)[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Irene Basanta Pin | Irgal". irgal.es. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ Nogueira, Brais (2018-05-23). "Poesia Canalla: "El modelo de negocio de las editoriales tradicionales es un robo a mano armada"". Balea Cultural. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "San Finx 1960". Nós Televisión. 2019-04-03. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "5x5 COMPOSTELA.". 5x5 COMPOSTELA. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ Galiza, Sermos. "'Ai, Pardiñas, dasme vida', unha viaxe ás orixes do festival máis popular". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ Rabbit Heart Poetry Film Festival (2018-10-20). "Non Preciso ser Salvada - Irene Pin". Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "III Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual | Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2019-04-04.