Chacín, Mazaricos
Coordenadas: 42°54′00″N 8°56′32″O / 42.8999733, -8.9421998
Chacín | |
---|---|
![]() Devesa de Chacín. | |
Concello | Mazaricos[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 612 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Chacín[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 612 habitantes (328 mulleres e 284 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Entre o seu patrimonio, amais da igrexa parroquial de Santa Baia, está a capela de Santa Leocadia e San Brais. O templo, de planta cuadrangular cun pórtico no lado norte, foi construído na idade moderna, en pedra de cantaría con cuberta a dúas augas e unha espadana de ferro sen campá. Na fachada está a porta centrada no lenzo, unha pequena fiestra e unha bufarda.
Na parroquia houbo un poboado castrexo, o castro da Pena dos Mouros.
Preto da ermida de Santa Leocadia e San Brais, no bosque de Augabril, nace o río Nosiño, creando unha fervenza.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Chacín, Mazaricos.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Chacín[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Chacín no concello de Mazaricos (A Coruña) | |
---|---|
Asenso | Chacín | Fontemourente | Gosolfre | Lamasapín | O Pino de Val | Santa Baia | Val | Vilariño de Chacín | Vioxo |