Antes, Mazaricos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°59′46.11″N 8°54′42.83″O / 42.9961417, -8.9118972

Antes
Igrexa de San Cosme, Antes, Mazaricos, Coruña 3.JPG
Igrexa de San Cosme no lugar de Cumbráns.
ConcelloMazaricos
Poboación329 hab. (2015)
Entidades de poboación4

San Cosme de Antes é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 329 habitantes (175 mulleres e 154 homes), 155 menos ca en 199. Ten catro entidades de poboación.

Festas[editar | editar a fonte]

Celébranse seis festas: 19 de marzo San Xosé ; 30 de maio San Antonio; 20 de agosto San Bernardo; 7 de setembro Santisimo Sacramento ; 8 de setembro Nosa señora do Rubín ; 26 de setembro os seus patróns San Cosme e San Damian . No adro desta parroquia atópase o seu simbolo màis coñecido , un carballo centenario partido a metade por un raio. Consta de 5 lugares , os cales son , San cosme , Cumbráns , Grille , Pazos e a Xunqueira. O río Xallas percorre esta parroquia servindo de fronteira con outras parroquias coma San Cristovo de Mallon , San Xoan de Grixoa e San Pedro de Brandomil. Posúe un colexio de educación primaria no centro da parroquia que está en actual funcionamento . Este lugar foi o orixe do Sancosmeiro , un sombreiro de palla trenzada e cosida que servia para traballar no campo e conbatir tanto o sol coma a choiva, cunha cinta que servia de espantamoscas na parte de atras xeralmente negra en sinal de luto , a asociacion da parroquia ten en proxecto recuperar este gorro dandolle importancia incluso a nivel mundial .

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Antes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Antes no concello de Mazaricos (A Coruña)

Cumbráns | Grille | Pazos | A Xunqueira


Parroquias de Mazaricos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]