Xavier Bettel
Xavier Bettel, nado na Cidade de Luxemburgo o 3 de marzo de 1973, é un político liberal e avogado luxemburgués que foi primeiro ministro de Luxemburgo dende o 4 de decembro de 2013 ata finais de 2023.
Biografía
[editar | editar a fonte]Bettel comezou os seus estudos na Escola Europea e logo continuou cun Diploma de Estudos Avanzados en Dereito Público e Ciencias Políticas na Facultade de Dereito de Nancy, e concluíunos na Universidade Aristóteles de Tesalónica onde obtivo un mestrado en Dereito Público e Dereito Comunitario, sendo Licenciado en dereito marítimo e dereito eclesiástico.
Foi alcalde da cidade de Luxemburgo entre os anos 2011 e 2013.[1][2] Tamén exerceu como membro da Cámara de Deputados e do Consello comunal da cidade de Luxemburgo. Foi primeiro ministro de Luxemburgo dende o 4 de decembro de 2013 ata finais de 2023. Logo das eleccións de outubro de 2023, as forzas que o apoiaban baixaron e non puido revalidar a maioría con elas. Finalmente, a finais dese ano foi substituído polo conservador Luc Frieden, se ben no pacto de goberno entrou a asumir a carteira de ministro de Asuntos Exteriores.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Bettel é abertamente gai, e sinalou que en Luxemburgo, «a xente non considera o feito de se alguén é gai ou non».[3] Bettel está nunha relación con Gauthier Destenay, co que a miúdo aparece nos eventos públicos.[4] O 15 de maio de 2015 Bettel e Destenay contraeron matrimonio.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xavier Bettel - Luxembourg City's new Mayor" Arquivado 18/09/2012, en Archive.is, Wort.lu, 10 October 2011.
- ↑ "Xavier Bettel sworn in as capital's mayor" Arquivado 11/01/2013, en Archive.is, Wort.lu, 24 November 2011.
- ↑ "Je suis surpris de devenir bourgmestre". L'essentiel. 11 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011.
- ↑ "«Je suis surpris de devenir bourgmestre»".
- ↑ "LUXEMBURGO: PRIMER MINISTRO SE CASARÁ CON SU COMPAÑERO". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2017.