Cultura de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Wolfgang von Goethe foi un dos máis importantes poetas alemáns

As contribucións da Alemaña para o patrimonio cultural mundial son numerosas, o que leva algúns autores a acreditar no "Xenio Alemán", celebrado no Romanticismo (unha das fases da historia da arte onde a Alemaña tivo unha preeminencia envexábel). País coñecido por moitos como das Land der Dichter und Denker (A terra dos poetas e dos pensadores), a Alemaña foi o berce de personaxes importantísimas na historia da arte, como se pode verificar nas varias seccións deste artigo.

A lingua alemá e os seus dialectos foron, outrora, a lingua franca da Europa Central, oriental e setentrional. Hoxe, o alemán é unha das linguas que desperta máis interese por parte dos estudantes de linguas, en todo o mundo. Moitas figuras históricas, aínda non sendo alemás, no sentido moderno da palabra "alemán", estiveron inmersas na cultura xermánica, como é o caso de Wolfgang Amadeus Mozart, Franz Kafka ou Copérnico.

Crítica á cultura alemá[editar | editar a fonte]

Como foi dito enriba, a cultura alemá é indisociábel ao Romanticismo. A ese movemento a que o lema "Land der Dichter und Denker" presta o eloxio habería tamén que engadir o outro aforismo menos laudativo "Land der Richter und Henker", (terra dos xuíces e carrascos) de Karl Kraus, que nos recorda o lado sombrío da cultura alemá.

George Clemenceau, pouco amigo dos alemáns, escribe, como nos relata Erika Mann na súa autobiografía "Ausgerechnet Ich" o seguinte sobre ese lado sombrío:

  • "Esta nación asocia a súa riqueza en cultura intelectual unha carencia fundamental na cultura moral".
  • A natureza dos homes é amar a vida. A Alemaña non ten este culto. Na alma alemá, na arte, na literatura, na filosofía deste país fai falla de comprensión sobre aquilo que a vida verdadeiramente significa, aquilo que é a maxia e a grandeza da vida. E fai un ímpeto mórbido e atracción pola morte. Este pobo ama a morte. A divindade a cal se somete, cun receo que se mistura de voluptuosidade e de éxtase, é a morte. De onde ela gañou esta divindade eu non o sei. Lean os seus poetas de novo: por toda a parte a morte! A morte a pé, a morte a cabalo, sempre a morte. Pensen ben naquilo que vos digo sobre os alemáns. Eles aman a Guerra por si só. A Guerra é un pacto coa morte. Na Guerra ven os alemáns o seu mellor amigo.

Menos dunha década despois da morte de Clemenceu, Erika Mann clasifica esta caracterización dos alemáns polo señor Clemenceu como "sinistramente acertada".

Erika Mann: "Sen dúbida que foi esta atracción mórbida e satánica pola morte de que el fala, unha das forzas que atraeran ós alemáns para o Nazismo. Non é por acaso que o símbolo das tropas de elite de Hitler é un cranio (Totenkopf). E por moi dinámico e vivo que o movemento nazi se teña vendido na propaganda, a divindade a que eles se rendían con éxtase era á morte. O romanticismo Nazi non tiña calquera lugar para a "luz" ou o "luminoso". Os seus espíritos eran sobrios. E no entanto o desastre alemán non foi unha capitulación consciente ou intencional perante a catástrofe, a pesar de ter habido unha saudade inconsciente con ela. Foi antes polo señor Clemenceau a desaprobada falla fundamental de cultura moral que arruinou a nación".

Artes[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Naceron na Alemaña compositores como Beethoven, Bach, Brahms, Schumann e Wagner. Moitas das maiores compañías de Ópera e Orquestras mundiais son da Alemaña. Algúns mestres, como Wilhelm Furtwängler son absolutamente paradigmáticos.

Artes Plásticas[editar | editar a fonte]

No Renacemento, Albrecht Dürer foi un dos nomes maiores. Max Ernst, no surrealismo; Franz Marc, na arte conceptual; Joseph Beuys, Bazon Brock e Wolf Vostell no neo-expressionismo Georg Baselitz. Co advento do Nazismo, moitos intelectuais fuxiran da Alemaña, debido as súas conviccións políticas ou por ser de raza xudía. Os efectos desta fuga en masa de "cerebros" aínda faise sentirse hoxe na Alemaña.


Literatura[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Goethe, Schiller e Heine son algúns dos máis importantes poetas alemáns. O movemento Sturm und Drang é característico do romanticismo alemán na literatura.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Filósofos, como Kant, Hegel, Marx e Nietzsche están entre, non só os máis importantes filósofos alemáns como do propio mundo.

Teoloxía[editar | editar a fonte]

Podemos citar Lutero.

Outros escritores[editar | editar a fonte]

Entre os novelistas, atopamos Thomas Mann, Heinrich Mann, Klaus Mann, Hermann Hesse e Günter Grass

Os Diarios de Victor Klemperer e de Anne Frank danos unha visión do horror do período Nazi.

Ciencia[editar | editar a fonte]

Podemos referir científicos como Einstein, Born e Planck.

Outros[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento cultural alemán non se debe desligar totalmente do feito que fora en Alemaña onde Johann Gutenberg inventou a imprenta no 1455.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]