Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euseino? naceu en 2012 como un proxecto de Carlos Lema e Beatriz Fraga para a publicación de textos sobre as relacións entre filosofía, literatura, teoría da literatura e estética.
O seu catálogo está formado pola colección Casabranca, dedicada á filosofía, con obras de Rebeca Baceiredo, Delmiro Rocha, Abraham Rubín, Quentin Meillassoux e Anna Longo. A colección Rúa do Sol está dedicada á teoría das artes. A colección Rúa do Lagarto está dedicada á literatura en prosa. Tamén se inclúe a serie Onocrótalo de álbums ilustrados. A publicación periódica Anotacións sobre literatura e filosofía[1] inclúe ensaios de autores coma Giorgio Agamben, Michael Marder, Inma Otero, Miguel Penas, Graham Harman e Chus Pato, mentres que Urania[2] recolle o diálogo de Chus Pato con poetas actuais.
A súa liña editorial tamén difunde en galego o pensamento filosófico do realismo especulativo.
Cabeceira de Anotacións sobre literatura e filosofía.
Trátase dunha colección de obras de filosofía. Está dirixida por Carlos Lema e, dende o 2022, o seu editor é coordinador é Mario Losada.[3]
| N.º |
Ano |
Título |
Autoría |
Tradución |
| 1 |
2013 |
A revolución non vai ser televisada |
Rebeca Baceiredo |
N/A |
| 2 |
2013 |
A música das esferas: xenealoxía da orde do mundo |
Carlos Lema |
N/A |
| 3 |
2014 |
Quizais: filosofía ético-política do porvir |
Delmiro Rocha |
N/A |
| 4 |
2014 |
Tempo sen devir, seguido de Continxencia e liberdade |
Quentin Meillasoux/Anna Longo |
Carlos Lema |
| 5 |
2015 |
Capitalismo e fascismo: psico-ontoloxía da escravitude |
Rebeca Baceiredo |
N/A |
| 6 |
2016 |
Corpo-circuítos: máquinas de subxectivación |
Abraham Rubín |
N/A |
| 7 |
2017 |
Filosofía da individuación |
Miguel Penas |
N/A |
| 8 |
2017 |
Emerxencia |
Maurizio Ferraris |
Inma Otero Varela |
| 9 |
2019 |
A monstruosidade moderna |
Carlos Lema |
N/A |
| 10 |
2021 |
A orde dos obxectos |
Mario Losada |
N/A |
| 11 |
2021 |
Transhumanismo: tecnociencias e antropotecnias |
Brais Arribas |
N/A |
| 12 |
2022 |
O obxecto muller e o xiro ontolóxico |
Inma Otero Varela |
N/A |
| 13 |
2022 |
Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas. Travesías cara a nada |
Rebeca Baceiredo |
N/A |
| 14 |
2023 |
Verdade e acción: a certeza pragmática |
Fernando González Gándara |
N/A |
Escaparate de Euseino?
Trátase dunha colección de álbums ilustrados, centrados na arte contemporánea. Está dirixida pola súa creadora, Beatriz Fraga.[4]
Trátase dunha colección de literatura. Foi fundada por Beatriz Fraga e Carlos Lema, de 2021 a 2023 a súa editora e directora foi Berta Dávila.[5]
Beatriz Fraga en Euseino? Editores.
Trátase dunha colección sobre as artes e a teoría artística. Combina o libro impreso co dixital, e conta con publicacións en acceso libre.[6]