Paco Salillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paco Salillas
Información persoal
Nome completo Francisco Javier García Ruiz
Nacemento 9 de setembro de 1970
  Zaragoza
Nacionalidade España
Altura 1,70 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1983 CD Alagón
1983-1984 Calasanz
1984-1985 CF Illueca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985-1986 CD Teruel
1986-1987 CD Binéfar
1987-1988 Club Deportivo Aragón
1988-1991 Real Zaragoza 62 (6)
1991-1994 Celta de Vigo 72 (11)
1994-1996 UE Lleida 70 (28)
1996-1999 Villarreal CF 72 (28)
1999-2001 Levante UD 73 (37)
2001-2003 CD Castellón 67 (24)
2003-2005 CD Alagón
2005-2007 CF Figueruelas
2007-2008 Remolinos CD

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier García Ruiz, máis coñecido como Paco Salillas, nado o 7 de xaneiro de 1966 en Alagón (Zaragoza) é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a xogar en equipos de Terceira División de Aragón ata que ficha polo filial do Real Zaragoza, o Club Deportivo Aragón, no ano 1987. Ao ano seguinte pasa ao primeiro equipo da man do adestrador Radomir Antić.

En 1991 ficha polo Celta de Vigo, onde xogaría ao lado de Vlado Gudelj. O primeiro ano remata como campión de Segunda División e acada o ascenso a Primeira e na súa terceira e última tempada chegaría á final da Copa do Rei de Fútbol. En 1994 fichou polo UE Lleida de Segunda División, onde fixo moi bo papel.

Ao comezo da tempada 1996/97 fichou polo Villarreal CF, equipo co que tamén acadaría o ascenso a Primeira División, porén o equipo perdería a categoría ao ano seguinte. Tralo descenso Salillas ficharía polo Levante UD, na Segunda División B, con este equipo tamén acadaría o ascenso de división e gañaría o título persoal de máximo goleador de Segunda División na tempada 1999/00.

Retiraríase xogando en equipos da Terceira División aragonesa, colgando as botas no ano 2008 despois de exercer como xogador-adestrador no Remolinos CD.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]