Robert Fernández
Robert | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Roberto Fernández Bonillo | ||
Nacemento | 5 de xullo de 1962 | ||
Lugar de nacemento | Betxí | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1976–1978 | Villarreal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1978–1979 | Villarreal | ||
1979–1981 | Castellón | 63 | (8) |
1981–1986 | Valencia | 135 | (36) |
1986–1990 | Barcelona | 144 | (35) |
1990–1995 | Valencia | 123 | (22) |
1995–1999 | Villarreal | 142 | (8) |
1999–2001 | Córdoba | 67 | (0) |
Total | 674 | (109) | |
Selección nacional | |||
1979–1980 | España sub-18 | 10 | (1) |
1981 | España sub-19 | 3 | (0) |
1980–1988 | España sub-21 | 21 | (7) |
1982 | España sub-23 | 1 | (0) |
1983 | España afeccionados | 2 | (0) |
1982–1991 | España | 29 | (1) |
Adestrador | |||
2004 | Valencia B | ||
2004 | Córdoba | ||
2006–2007 | Orihuela | ||
2008–2009 | Alzira | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Roberto Fernández Bonillo, coñecido como Robert, nado en Betxí o 5 de xullo de 1962, é un exfutbolista español que xogaba principalmente como centrocampista.
Disputou máis de 800 partidos como profesional ao longo de 22 tempadas entre 1979 e 2001, sendo o futbolista con máis tempadas no fútbol profesional español (empatado con Rubén Castro).[1] Acumulou 439 partidos e 95 goles na Primeira División, repartidos entre o Valencia, o Barcelona e o Villarreal, e 235 encontros en Segunda.
Foi internacional coa selección española durante case unha década, participando nun Mundial e nunha Eurocopa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Betxí, formouse na canteira do Villarreal, pasando logo ás filas do Castellón, co que debutou na Segunda División aos 17 anos, na primeira xornada da tempada 1979/80, contra o Elche. Dous anos despois fichou polo Valencia CF, debutando na súa primeira tempada tanto en Primeira División como na Copa da UEFA. Marcou un total de 42 goles nas seguintes cinco tempadas co club valenciano, pero acabou descendendo na última delas, a 1985/86.
Fichou entón polo FC Barcelona, co que marcou un total de 12 goles na súa primeira tempada, un deles na vitoria por 2-1 sobre o Real Madrid.[2]
Foi titular indiscutible no centro do campo nos catro anos que xogou en Barcelona, conquistando dúas Copas do Rei e a Recopa de Europa 1988/89, ademais de dous subcampionatos de liga. Disputou un total de 196 partidos co club catalán, marcando 47 goles.
En 1990 regresou a Valencia, co que xogou durante as seguintes cinco tempadas, acadando os 322 partidos oficiais co club entre as dúas etapas, con 70 goles na súa conta.[3][4]
En 1995 volveu ao Villarreal, na Segunda División. Disputou un total de 158 partidos co club amarelo en catro tempadas, a última delas na Primeira División, despois de ascender na 1997/98. A continuación xogou dúas tempadas máis co Córdoba CF en Segunda,[5] antes de retirarse no 2001, con case 39 anos e despois de máis de 800 partidos como profesional.
Trala súa retirada tivo unha breve carreira como adestrador, dirixindo tres equipos da súa comarca natal: o Valencia B, o Orihuela CF e o Alzira. Na campaña 2004/05 adestrou durante cinco xornadas o Córdoba en Segunda, sendo o segundo dos catro adestradores do equipo esa tempada, na que o club acabou descendendo a Segunda DIvisión B.[6][5]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi 29 veces internacional coa selección española entre 1982 e 1991. Debutou nunha vitoria 1-0 ante Islandia en Málaga o 27 de outubro de 1982.[7] Foi parte do combinado español que participou na Eurocopa de 1984 en Francia e tamén no Mundial de 1990 en Italia. Marcou o seu único gol coa selección en novembro de 1990, nun partido contra Checoslovaquia.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Castellón
- Segunda División (1): 1980/81.
- Barcelona
- Copa do Rei (2): 1987/88, 1989/90.
- Recopa de Europa (1): 1988/89.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranking Temporadas Primera y Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "Lo que hay que tener (Whatever it takes); , (in Spanish)". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de maio de 1987. p. 5. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "El vestuario ‘ché’, de uñas". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de novembro de 1993. p. 25. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "La rotura del tendón de Aquiles, una dolencia tristemente conocida en Valencia". El Desmarque (en castelán). 16 de marzo de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "Qué fue de… Roberto Fernández, un centrocampista 100% mediterráneo" (en castelán). 24 de outubro de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "El fantasma del último descenso a Segunda B" (en castelán). 14 de novembro de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "Roberto Fernández Bonillo - International Matches". rsssf.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en CiberChe (en castelán).
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés).
- Datos do xogador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015.
- Nados en 1962
- Nados na provincia de Castelló
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Valencia CF Mestalla
- Adestradores do Córdoba CF
- Adestradores do Orihuela CF
- Adestradores da UD Alzira
- Directores deportivos de fútbol de España