Selección de fútbol de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albania
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Federata Shqiptare e Futbollit
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA ALB
Alcume Kuq e zinjtë (Vermella e negra)
Shqiponjat (Aguias)
Clasificación FIFA 66 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Italia Edoardo Reja
Máis encontros Lorik Cana (93)
Máximo goleador Erjon Bogdani (18)
Estrea internacional
Albania Albania 2 − 3 Iugoslavia Iugoslavia
Tirana, Albania; 7 de outubro de 1946
Maior vitoria
Albania 5 − 0 Vietnam Vietnam
Bastia Umbra, Italia; 12 de febreiro de 2003
Albania 6 − 1 Liberia Chipre
Tirana, Albania; 12 de agosto de 2009
Maior derrota
Hungría Hungría 12 − 0 Albania Albania
Budapest, Hungría; 24 de setembro de 1950
Eurocopa
Participacións 1 (primeira en 2016)
Mellor resultado Fase de grupos (2016)

A Selección de fútbol de Albania (en albanés: Kombëtarja e futbollit të Shqipërisë) é o equipo representativo de Albania nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Federación Albanesa de Fútbol (Federata Shqiptare e Futbollit, FSHF), afiliada á UEFA. O maior éxito da selección foi a súa clasificación á Eurocopa de 2016, onde non conseguiron superar a fase de grupos. Por outra banda, nunca conseguiron disputar a fase final da Copa do Mundo de Fútbol.

Cores e símbolos[editar | editar a fonte]

Albania xoga con camisola vermella, pantalóns negros e medias vermellas, ás veces con decoracións brancas ou negras. A segunda equipaxe é normalmente branca con pantalóns negros ou vermellos. As cores recordan a bandeira albanesa, vermella cunha aguia negra bicéfala no centro. O escudo que usa non é o mesmo que o da federación, sendo un deseño simple vermello coa aguia no centro, que lembra a bandeira nacional, contorneado dunha banda branca co nome na lingua orixinal da federación en caracteres dourados.

Estadio[editar | editar a fonte]

Non hai un estadio de fútbol oficial nacional en Albania, pero normalmente o equipo xoga no Qemal Stafa. Construído sobre o 1930, era no inicio un complexo polideportivo, pero hoxe é empregado case exclusivamente para o fútbol. Con capacidade para 40.000 espectadores é o maior estado de Albania.

Historia[editar | editar a fonte]

O debut no panorama futbolístico internacional foi na posguerra, cando Albania consegue a independencia tras o fin da ocupación italiana. Albania presentouse por primeira ven ás clasificadoras dunha Eurocopa na edición de 1964 e dun mundial en 1966. En 1968 o equipo albanés, que contaba con Panajot Pano (considerado un dos mellores futbolista albaneses da historia), conseguiu empatar con Alemaña Occidental (0−0), o que comprometeu a clasificación dos alemáns para a Eurocopa de Italia de 1968.

Unha xeración de bos futbolistas conduciu os albaneses a excelentes resultados nos anos 80: durante as clasificadoras para o Mundial de México de 1986 conseguiu un prestixioso 2-2 en Polonia, vencendo posteriormente a Bélxica 2-0, futura semifinalista do torneo. Nos últimos anos, Albania mellorou notablemente o seu nivel, conseguindo vencer Grecia 2-1 na clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, que posteriormente serían campións de Europa na Eurocopa de Portugal de 2004. En Albania 2016 conseguiron disputar á fase final da Eurocopa.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis participacións[editar | editar a fonte]

# Nome Período Participacións (goles)
1 Altin Lala 1998-2011 79 (2)
2 Klodian Duro 2001-2011 77 (6)
3 Lorik Cana 2003- 76 (1)
4 Ervin Skela 2000-2011 75 (13)
5 Erjon Bogdani 1996-2013 74 (18)
6 Foto Strakosha 1990-2004 73 (0)
7 Igli Tare 1997-2007 68 (10)
. Altin Haxhi 1995-2009 68 (3)
8 Alban Bushi 1995-2007 67 (14)
9 Alban Bushi 1995-2007 67 (14)
10 Armend Dallku 2005- 64 (1)

Máximos anotadores[editar | editar a fonte]

# Nome Período Goles (encontros)
1 Erjon Bogdani 1996-2013 18 (74)
2 Alban Bushi 1995-2007 14 (67)
. Ervin Skela 2000-2011 13 (75)
4 Altin Rraklli 1992-2005 11 (63)
. Hamdi Salihi 2006- 11 (48)
5 Sokol Kushta 1987-1996 10 (31)
. Igli Tare 1997-2007 10 (68)
6 Miguel Sastre 1996-2009 10 (55)
7 Ardian Aliaj 2002-2006 8 (29)
8 Loro Borici 1946-1958 6 (23)
. Bledar Kola 1994-2001 6 (38)
. Edmond Kapllani 2004- 6 (41)
. Klodian Duro 2001-2011 6 (78)
9 Rudi Vata 1990-2001 5 (59)
. Ilir Pernaska 1971-1981 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]