Selección de fútbol de Iugoslavia
Iugoslavia | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Fudbalski Savez Jugoslavije | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | YUG | ||
Alcume | Plavi (Azuis) | ||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Veljko Ugrinić (primeiro) Ivica Osim (último) | ||
Máis encontros | Dragan Džajić (85) | ||
Máximo goleador | Stjepan Bobek (38) | ||
Estrea internacional Checoslovaquia ![]() ![]() Antuerpen, Bélxica; 5 de abril de 1908 Último encontro Países Baixos ![]() ![]() Ámsterdam, Países Baixos; 25 de marzo de 1992 | |||
Maior vitoria Iugoslavia ![]() ![]() Curitiba, Brasil; 14 de xuño de 1972 | |||
Maior derrota Checoslovaquia ![]() ![]() Antuerpen, Bélxica; 5 de abril de 1908 Uruguai ![]() ![]() París, Francia; 26 de maio de 1924 Checoslovaquia ![]() ![]() Praga, Checoslovaquia; 28 de outubro de 1925 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1930, 1962) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 4 (primeira en 1960) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1960, 1968) |
A selección nacional de fútbol de Iugoslavia foi o equipo que representou ao Reino de Iugoslavia e á República Federal Socialista de Iugoslavia nas competicións internacionais de fútbol até a desintegración do país en 1992. A selección estaba rexida pola Fudbalski Savez Jugoslavije, federación creada en Zagreb no ano 1919, e de seguido foi admitida na FIFA. No ano 1929 o país troca o nome do reino polo de Iugoslavia e xa un ano despois participa no primeiro mundial de fútbol, no Uruguai, caendo finalmente nas semifinais.
Trala segunda guerra mundial o país convértese nunha república socialista e a federación vólvese constituír despois dos anos da guerra. O maior logro da selección nesta época foi gaña-los Xogos Olímpicos de 1960. O xogador que máis partidos diputou coa selección foi Dragan Džajić, que xogou 85 encontros entre 1964 e 1979, sendo o máximo goleador de tódolos tempos Stjepan Bobek, que anotou 38 goles entre 1946 e 1956. Cómpre destacar que o equipo sub-21 gañou o Campionato de Europa en 1978, e anos despois o sub-20 foi campión do mundo no ano 1987. Con todo, esta xeración perdeuse para o fútbol de seleccións durante uns anos mentres non rematou a Guerra de Iugoslavia. Despois da desintegración do estado, Serbia e Montenegro seguiu a empregar o nome de Iugoslavia até o ano 2003. Dende aquela a selección quedou fragmentada nas seleccións de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia.
Historia[editar | editar a fonte]
O primeiro equipo nacional iugoslavo foi durante o reino que existiu entre as dúas guerras mundiais. A Federación de Fútbol do que entón era o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos foi fundada en Zagreb en 1919 baixo o nome de Jugoslovenski nogometni savez, sendo admitida na FIFA en 1923. Así, o equipo nacional xogou o seu primeiro partido internacional nos Xogos Olímpicos de Antuerpen en 1920, sendo o seu opoñente Checoslovaquia, o once inicial que presentou a selección do Reino foi: Vrđuka, Župančić, Šifer, Tavčar, Cindrić, Rupec, Vragović, Dubravčić, Perška, Granec e Ružić. Con todo, Iugoslavia perdeu por unha ampla marxe (0-7).
En 1929 o país pasou a chamarse oficialmente Iugoslavia, e a federación trasladou a súa sede central a Belgrado. Ao ano seguinte, o combinado nacional participou no primeiro mundial de fútbol, no que acabou na cuarta praza. No seu primeiro partido de mundial, en Montevideo, Iugoslavia venceu por 2-1 contra a poderosa selección do Brasil, saíndo ao terreo de xogo coa seguinte aliñación: Jakšić, Sekulić, Tirnanić, Ivković, Bek, Đokić, Marjanović, Arsenijević, Vujadinović, Mihajlović e Stefanović. Con todo, o equipo só consitía en xogadores serbios, xa que a selección foi boicoteada polos croatas polo traslado da Federación de Zagreb a Belgrado.
A federación e o fútbol en xeral foi interrompido pola segunda guerra mundial. Despois da guerra foi formada a federación socialista, e a federación de fútbol restituída. Así, en 1954, foi un dos membros fundadores da UEFA e anos despois organizaou a Eurocopa de fútbol de 1976, que se xogou integramente entre Belgrado e Zagreb. A selección participou en oito copas do mundo, catro Eurocopas e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1960 (ademais de tres de prata e unha de bronce). O xogador que máis partidos diputou coa selección foi Dragan Džajić, que xogou 85 encontros entre 1964 e 1979 e o máximo goleador foi Stjepan Bobek, que anotou 38 goles entre 1946 e 1956.
Resultados[editar | editar a fonte]
Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]
Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Semifinais | 4° | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 7 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() | ||||||||
![]() |
Primeira fase | 5° | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 3 |
![]() |
Cuartos de final | 8° | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 3 |
![]() |
Cuartos de final | 8° | 4 | 1 | 2 | 1 | 7 | 7 |
![]() |
Semifinais | 4° | 6 | 3 | 0 | 3 | 10 | 7 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() | ||||||||
![]() |
Cuartos de final | 7° | 6 | 1 | 2 | 3 | 12 | 7 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Primeira fase | 16° | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Cuartos de final | 5° | 5 | 3 | 1 | 1 | 8 | 6 |
![]() |
Disolto | |||||||
Total | 32 | 14 | 7 | 12 | 55 | 42 |
Eurocopa[editar | editar a fonte]
Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Subcampión | 2° | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 2 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Subcampión | 2° | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 3 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Semifinais | 4° | 2 | 0 | 0 | 2 | 4 | 7 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Primeira fase | 8° | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Clasificado, mais non participou | |||||||
Total | 10 | 2 | 1 | 7 | 9 | 32 |
Enfrontamentos[editar | editar a fonte]
Rival | P | G | E | D | %V | %E | %D |
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
25 | 8 | 3 | 14 | 32.00 | 12.00 | 56.00 |
![]() |
6 | 2 | 1 | 3 | 33.33 | 16.67 | 50.00 |
![]() |
14 | 2 | 6 | 6 | 14.28 | 42.86 | 42.86 |
![]() |
28 | 17 | 5 | 6 | 60.71 | 17.85 | 21.43 |
![]() |
31 | 9 | 4 | 18 | 29.03 | 12.90 | 58.06 |
![]() |
3 | 3 | 0 | 0 | 100.00 | 00.00 | 00.00 |
![]() |
1 | 1 | 0 | 0 | 100.00 | 0.00 | 0.00 |
![]() |
16 | 5 | 4 | 7 | 31.25 | 25.00 | 43.75 |
![]() |
25 | 10 | 7 | 8 | 40.00 | 28.00 | 32.00 |
![]() |
14 | 4 | 5 | 5 | 28.57 | 35.71 | 35.71 |
![]() |
5 | 2 | 0 | 3 | 40.00 | 00.00 | 60.00 |
![]() |
40 | 17 | 5 | 18 | 42.50 | 12.50 | 45.00 |
![]() |
11 | 5 | 2 | 4 | 45.45 | 18.18 | 36.36 |
![]() |
17 | 2 | 4 | 11 | 11.76 | 23.53 | 64.71 |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]
|
|