Leonardo Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonardo Ulloa
Información persoal
Nome José Leonardo Ulloa
Nacemento 26 de xullo de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento General Roca
Altura 1,88 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Leicester City
Número 23
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 C.A.I. 7 (1)
2005–2007 San Lorenzo 32 (3)
2007 Arsenal Sarandí 12 (3)
2008 Olimpo 14 (3)
2008–2010 Castellón 78 (31)
2010–2013 Almería 90 (39)
2013–2014 Brighton & Hove Albion 50 (23)
2014– Leicester City 37 (11)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 24 de maio de 2015.
editar datos en Wikidata ]

José Leonardo Ulloa, nado en General Roca (Río Negro) o 26 de xullo de 1986, é un futbolista arxentino. Xoga na posición de dianteiro e o seu actual equipo é o Leicester City de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ulloa comezou a súa carreira en 2002, xogando na segunda división arxentina no Comisión de Actividades Infantiles Comodoro Rivadavia. En 2005, foise ao San Lorenzo de Almagro da Primeira División Arxentina, onde foi parte do equipo que logrou o Torneo Clausura de 2007.

Pouco despois, Ulloa foise ao Arsenal de Sarandí. No verán de 2008, tras un pequeno período no Olimpo de Bahía Blanca, deixou Arxentina e foise a xogar a España co CD Castellón da segunda división. Anotou 16 goles na súa tempada de debut, sendo o sexto máximo goleador da liga.

Na seguinte tempada conseguiu números moi parecidos, pero o Castellón descendeu tras rematar na 22ª posición. A finais de xuño de 2010, foise á UD Almería, asinando un contrato por cinco anos.[1]

O 13 de setembro, no seu segundo partido oficial para os andaluces, Ulloa anotou un gol no derradeiro minuto para poñer o definitivo 2-2 no empate na casa contra a Real Sociedad. No seguinte mes, contra o mesmo rival, nunha das primeiras roldas da Copa do Rei, anotou dous goles nos últimos 20 minutos para axudar ao Almería a remontar un 0-2, rematando o partido cun 3-2.

O 22 de decembro de 2010, na Copa do Rei, Ulloa anotou tres goles e deu unha asistencia na vitoria por 4-3 na ida contra o RCD Mallorca,[2] unha eliminatoria que remataría cun 8-6 para o Almería.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Almería ficha al argentino Ulloa". Diario Sur. 22 de xuño de 2010. Consultado o 23 de decembro de 2010. 
  2. "Ulloa lidera el manicomio". Marca. 22 de decembro de 2010. Consultado o 23 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]