Patxi Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patxi Salinas
Patxi Salinas.jpg
Información persoal
Nome completo Francisco Salinas Fernández
Nacemento 17 de novembro de 1963 (55 anos)
  Bilbao
Nacionalidade España
Posición Defensa
Información de club
Club actual Ourense (adestrador)
Carreira xuvenil
1980–1981 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1984 Bilbao Athletic 69 (6)
1982–1992 Athletic Club 239 (7)
1992–1998 Celta de Vigo 193 (4)
Total 501 (17)
Selección nacional
1981–1982 España sub-18 6 (0)
1984–1986 España sub-21 12 (0)
1987–1988 España sub-23 3
1988 España 2 (0)
Adestrador
Celta de Vigo (xuvenís)
Porriño
2005 Gramenet
Athletic Club (xuvenís)
2011 Ourense
2012-13 Melita F.C.
2013-14 Unió Esportiva Sant Andreu
2016-17 Rápido de Bouzas
2017-2018 Real Burgos
2018 CD Badajoz

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Francisco 'Patxi' Salinas Fernández, nado en Bilbao o 17 de novembro de 1963, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Athletic de Bilbao e no Celta de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Medrou xunto ó seu irmán o tamén ex-futbolista Julio Salinas, no barrio bilbaíno de San Adrián. Desde categorías inferiores xogou como defensa. Tras debutar co Athletic Club en primeira división gañou dúas ligas (1982-83, 1983-84) e unha Copa do Rei (1984). Foi internacional coa Selección Española absoluta en tres ocasións.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

En 2008 adestrou á Unión Deportiva Atlético Gramenet Milán, equipo de 2ª B de España.

En febreiro de 2010 deixou o cargo de Director Deportivo do Club Rápido de Bouzas tras dúas tempadas no cadro galego.

O 23 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do CD Ourense, en substitución de Cándido Gómez[2]. Porén, a crise económica do club levou á dimisión de Patxi Salinas en decembro dese mesmo ano[3].

En novembro de 2012 converteuse no sucesor de Martin Gregory á fronte do Melita F.C., penúltimo clasificado do campionato maltés.[4]

En xuño de 2013, chegou á Unió Esportiva Sant Andreu como adestrador do primeiro equipo,[5] do que se desvinculou sete meses despois.[6]

Na tempada 2016/17, foi o adestrador do Rápido de Bouzas,[7] co que quedou subcampión da Terceira División Galega e co que conseguiu o primeiro ascenso na historia do club á Segunda División B.[8][9]

Para a tempada 2017/18 fichou polo Burgos CF.[10] O 5 de febreiro de 2018, o club emitiu un comunicado informando da rescisión do contrato do técnico vasco.[11]

O 23 de maio firmou como adestrador do CD Badajoz da 2ª B,[12] aínda que foi despedido o 23 de outubro do mesmo ano, polos malos resultados do equipo.[13]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Axencia EFE (22 de xuño de 2011). "'Nanu' Soler y Patxi Salinas entrenarán en Tercera". MARCA.com (en castelán). 
  2. "Salinas comprométese co novo proxecto do Ourense"
  3. Conta do xornalista Martín González en Twitter, 10/12/2011.
  4. "Patxi Salinas ficha por el Melita de Malta". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de novembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2013. 
  5. Ayala, Manuel (2 de xuño de 2013). "Patxi Salinas será el entrenador del Sant Andreu". Mundo Deportivo (en castelán). 
  6. Prieto, Ricard (12 de febreiro de 2014). "Martí Cifuentes sustituye a Salinas en el Sant Andreu". Diario Sport (en castelán). 
  7. "Patxi Salinas dirigirá al Rápido de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xuño de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  8. "O Rápido de Bouzas ascende a Segunda División B". 27 de xuño de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  9. "La felicidad de un club centenario" (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  10. http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/deportes/patxi-salinas-es-elegido_154538.html
  11. "Patxi Salinas reconoce que le “sorprendió” su destitución en el Burgos" (en castelán). 9 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  12. "Patxi Salinas toma las riendas del Badajoz para la 2018-19" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  13. "El Badajoz pone fin a la etapa Patxi Salinas" (en castelán). 24 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]