Rafael Delgado González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafa Delgado
Información persoal
Nome completo Rafael Delgado González
Nacemento 24 de outubro de 1932 (86 anos)
Lugar Granada, España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1955–1959 Atlético de Madrid 60 (26)
1959–1960 Deportivo da Coruña 18 (9)
1960–1961 Atlético de Madrid 0 (0)
1960–1962 Granada 36 (20)
1962–1963 Plus Ultra 8 (3)
1963–1964 Deportivo da Coruña 5 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Rafael Delgado González, nado en Granada o 24 de outubro de 1932, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1955–56 entrou no primeiro equipo do Atlético de Madrid, mais o seu debut na máxima categoría non se produciu até a tempada 1956–57, iniciándose no primeiro partido da tempada, nunha vitoria fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor (0–4), onde tamén anotou un gol. Nesa campaña xogou 26 partidos e anotou 11 goles. Permaneceu no club madrileño até a campaña 1958–59.

Na tempada 1959–60 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou co club coruñés no primeiro partido da campaña, nun empate fronte ao Sporting de Gijón en Riazor (1–1), e anotou o seu primeiro tanto na cuarta xornada, nunha vitoria fronte á Cultural Leonesa a domicilio (2–3), onde Rafa anotou dous goles. Ese ano a dianteiro habitual do Dépor estaba formada por Amancio Amaro, Serafín García, José Veloso, Jaime Blanco e José Vigo. Nesa campaña xogou 18 partidos e anotou 9 goles, quedando o Deportivo cuarto clasificado, a 5 puntos dos postos de ascenso.

Logo de volver ao Atlético de Madrid e non xogar, na tempada 1960–61 fichou polo Granada, onde permaneceu unha campaña máis logo do descenso do club andaluz a Segunda División.

Na tempada 1962–63 fichou polo Plus Ultra, de Segunda División, descendendo ao final da tempada.

Na tempada 1963–64 firmou novamente polo Deportivo da Coruña, adestrado por Roque Olsen. Participou tan só en 5 partidos, nun ano no que a dianteira do equipo estivo formada por Manuel Loureda, Óscar Montalvo, José Veloso e José Ramón Lamelo. Ese ano o club coruñés quedou campión, retornando a Primeira División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]