Santiago Núñez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chas
Información persoal
Nome Santiago Núñez Rodríguez
Nacemento 26 de setembro de 1928
Lugar de nacemento Vigo
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Atlántida Matamá
Domaio FC
Marín
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1951 Turista
1951 Club Santiago
1951–1952 Ponferradina
1952–1953 Deportivo da Coruña 3 (0)
1953–1957 Cultural Leonesa 81 (46)
1957–1958 Jaén 0 (0)
1958 La Felguera 18 (8)
1958–1964 Turista
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Santiago Núñez Rodríguez, máis coñecido como Chas, nado en Vigo o 26 de setembro de 1928, é un ex-futbolista galego. Destacou especialmente na Cultural Leonesa, coa que marcou 46 goles en 85 partidos, foi máximo goleador da Segunda División e marcou o gol que lle deu ao club o único ascenso á Primeira División da súa historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol no Atlántida Matamá, e logo pasou polo Domaio FC e o Marín, simultaneando este último co servizo militar.[1] En marzo de 1950 marchou a Madrid para realizar unha proba co Atlético de Madrid para unha posible fichaxe.[2] Con todo, unha fractura nunha perna deixouno sen posibilidades.[3]

Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

Posteriormente pasou polo Turista,[4] o Santiago e a Ponferradina, e en maio de 1952 fichou polo Deportivo da Coruña, que militaba na Primeira División. Disputou só tres partidos no equipo coruñés. Debutou na vitoria da xornada 3 contra o Zaragoza no Estadio de Torrero (2-1), formando na dianteira xunto a Tino e Corcuera e disputou tamén os dous seguintes dous encontros: a vitoria pola mínima fronte á Real Sociedad en Riazor e o derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos (2-0). Trala derrota no derbi foi acusado xunto a Antonio González de se teren vendido ao Celta, e foron apartados do equipo polo adestrador Manuel Casals.[5][6] Pasou tamén parte do ano lesionado e tivo que ser operado, polo que tampouco puido xogar na parte final da tempada regular, con Fernando Fariña no banco.[7][8] Xa recuperado, permaneceu no equipo reserva durante a fase de permanencia, sen ter sido aliñado en ningún partido por Helenio Herrera.

Cultural Leonesa[editar | editar a fonte]

Na tempada seguinte foi traspasado á Cultural Leonesa, da Segunda División. No equipo adestrado por Galarraga coincidiu con varios futbolistas galegos como Tomé, Quis, Ricardo e Barbeito, e na súa primeira tempada marcou 23 goles en 30 partidos, proclamándose Pichichi da categoría, superando en cinco tantos ao segundo clasificado: Jaime Parés, do Zaragoza. Na tempada 1954/55 chegaron varios galegos máis (Barús, Moncho, Ponte, Serapio, Manolín e García) e o equipo logrou un histórico ascenso á máxima categoría.[9] Chas contribuíu con 13 goles, formando na dianteira xunto a Miche e Pueyo, e marcou, tras un pase de Macario, o histórico gol contra o Avilés que lle deu o ascenso ao club.[10]

Xa en Primeira División, perdeu protagonismo no equipo leonés coa chegada dende o Barcelona do famoso dianteiro César. Con todo, disputou 13 partidos de liga e dous de Copa, e marcou tres goles, na que foi a primeira e única tempada da Cultural na máxima categoría, descendendo ao remate da competición. A 1956/57 foi a súa cuarta e derradeira tempada en León, na que anotou 7 goles en 12 partidos. Ademais foi o autor do primeiro gol da historia no Estadio La Puentecilla, batendo ao gardameta do Athletic, Carmelo. Pechou o seu paso polo club leonés cun total de 85 partidos oficiais e 46 goles.

Jaén e Felguera[editar | editar a fonte]

En 1957 fichou polo Real Jaén, da Primeira División, no que non chegou a debutar, saíndo en xaneiro para Asturias, onde asinou co CP La Felguera, da división de prata. Debutou na xornada 17, nunha vitoria por 1-0 contra o Deportivo da Coruña, e acabou a campaña con oito goles, aínda que o equipo perdeu a categoría.

Turista[editar | editar a fonte]

No verán de 1958 regresou á súa cidade natal, fichando polo Turista.[11] Con este equipo rematou segundo no Grupo I da Terceira División, só por detrás do Ourense, e disputou a fase de ascenso a Segunda. Na primeira eliminatoria da promoción, o Turista eliminou ao Salamanca por un resultado global de 7-3, cun gol de Chas,[12][13] Na rolda final polo ascenso enfrontouse ao Rayo Vallecano, marcando un dos dous goles no empate 2-2 na ida en Barreiro,[14] e marcando tamén na volta, na que o seu equipo acabou goleado (6-1).[15] Xogou no equipo vigués durante catro tempada máis ata 1964.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chas, el nuevo delantero centro deportivista". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1952. p. 5. 
  2. "Un delantero centro del Marín, al Atlético madrileño". El Correo Gallego (en castelán) (24313). 19 de marzo de 1950. p. 4. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  3. "Espero ser titular en la próxima temporada". La Noche (en castelán) (9739). 15 de maio de 1952. p. 3. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  4. "G. Tarragona - Club Santiago". El Correo Gallego (en castelán) (24574). 24 de xaneiro de 1951. p. 4. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  5. "5 minutos de charla con González". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 1952. p. 6. 
  6. "¡Y por aquí sin enterarnos!". El Pueblo Gallego (en castelán) (9639). 26 de outubro de 1952. p. 3. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  7. "Tiros a gol". La Noche (en castelán) (9908). 26 de novembro de 1952. p. 3. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  8. "Fue operado el jugador deportivista Chas". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de marzo de 1953. p. 2. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  9. "Deseo hacer un buen partido para demostrar que sirvo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1955. p. 4. 
  10. "Aquel día en que León alcanzó el cielo" (en castelán). 11 de abril de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  11. "Plantilla de jugadores para la próxima temporada" (en castelán) (11326). 28 de xullo de 1958. p. 12. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  12. "El Turista derrotó estrepitosamente al Salamanca (6-1) en la eliminatoria de ascenso a Segunda División". La Noche (en castelán) (11756). 18 de maio de 1959. p. 8. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  13. "El Turista eliminó al Salamanca, pese a perder ayer, dos a uno". La Noche (en castelán) (11762). 25 de maio de 1959. p. 4. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  14. "Turista y Rayo Vallecano empataron en Barreiro (2-2)". El Pueblo Gallego (en castelán) (11692). 2 de xuño de 1959. p. 7. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  15. "El Rayo Vallecano resolvió fácilmente la eliminatoria de promoción para su permanencia en Segunda División". La Noche (en castelán) (11774). 8 de xuño de 1959. p. 5. Consultado o 9 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]