Moisés Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moisés Barcia
Nacemento3 de abril de 1971
Lugar de nacementoMoaña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor e editor
editar datos en Wikidata ]

Moisés Barcia Rodríguez,[1] nado en Moaña o 3 de abril de 1971, é un tradutor e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verteu tanto obras de ficción como de ensaio o galego dende linguas como o inglés, francés, italiano ou castelán. Destacan as súas traducións para Edicións Xerais e Editorial Galaxia, por exemplo O señor dos aneis[2], O Hobbit ou Oliver Twist, así como aquelas publicadas en Rinoceronte editora, empresa que dirixe dende a súa creación en 2005. En 2011 recibiu o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria do Concello de Cangas.[3]

Obtivo o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo en 2001 pola tradución de Aceite de can[4], de Ambrose Bierce. Así mesmo, a súa tradución da obra Do asasinato considerado como unha das belas artes, de Thomas De Quincey, mereceu o Premio Plácido Castro na súa IV edición.

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Manu Chao: música e liberdade, de Alessandro Robecchi, 2001, Xerais. Cotradutor con Cristina González Piñeiro.
  • Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán, 2007, Galaxia.

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O persoeiro procedeu legalmente a alterar a orde dos apelidos, motivo polo cal nas publicacións anteriores a esa xestión é posible rastrexar o seu nome como Moisés Rodríguez Barcia.
  2. "Moisés Barcia fálanos da traducción ó galego de "O señor dos aneis'", entrevista en Cultura Galega, 19 de decembro de 2001.
  3. "Moisés Barcia recibe o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na web Fervenzas Literarias, 19 de maio de 2011.
  4. Contos Arquivado 13 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine., de Ambrose Bierce (en PDF).