Estación dos Peares
Estación dos Peares | |
---|---|
Viaduto dos Peares, xusto antes da estación situada á dereita fóra do plano da imaxe. | |
Situación | A Peroxa |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 28,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 137 metros de altitude, entre as estacións dos San Pedro do Sil e Barra de Miño.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
Para acceder á estación, e en dirección a Ourense é necesario superar o viaduto dos Peares, unha ponte de ferro que permite superar o río Sil no punto no que se une co río Miño.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio para viaxeiros, de dúas plantas e base rectangular, foi restaurado polo Inorde e a Deputación de Ourense en 2010 para reconvertela en aula do ferrocarril que inclúe unha exposición permantente sobre a historia do ferrocarril na provincia de Ourense e unha biblioteca relacionada coa mesma temática.[3] Pola súa banda os trens que seguen parando na estación fano principalmente na vía que dá acceso ás plataformas lateral e central. Outra vía máis cumpre funcións de apartado e facilita o cruzamento de trens neste trazado de vía única.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 14 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte dos Peares.
-
Ponte dos Peares.
-
ALVIA S730 Híbrido entrando nos Peares.
-
ALVIA S730 Híbrido entrando nos Peares.
-
ALVIA S730 Híbrido saíndo dos Peares.
-
Unha RENFE 333 de mercadorías ao seu paso nos Peares.
-
O expreso Irún - Vigo o seu paso pola ponte dos Peares.
-
O expreso Irún - Vigo o seu paso pola estación dos Peares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ A estación dos Peares comeza a funcionar hoxe como aula do ferrocarril Faro de Vigo