Estación de Cornes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′11.4″N 8°33′08.3″O / 42.869833, -8.552306

Cornes
(clausurada)
Antiga fachada do predio de viaxeiros cara ás vías, logo da súa reconversión en Casa das Asociacións.
SituaciónRúa Manuel Beiras, 3
15703 Santiago de Compostela

Cornes foi a estación de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual terminal en 1943[1].

Coa súa apertura en 1873, converteuse nunha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril.[2] Foi construída no desparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio.[3]

Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono.[4]

En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, acubillando actividades veciñais e dependencias municipais.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manu Guinarte (2016-12-29). "INAUGURACION ESTACION SANTIAGO (1943)". Consultado o 2018-10-08. 
  2. El Correo Gallego (2018-02-02). "...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  3. Marga Mosteiro (2016-01-14). "«Santiago solo quería la estación de Cornes, pero tuvo que ser todo o nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  4. El Correo Gallego (2018-03-06). "...Cuando la Casa das Asociacións era la antigua estación de mercancías de la capital gallega" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  5. El Correo Gallego (2009-04-19). "Cornes reabre para las asociaciones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]