Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(torbellino: a RAG non admite torbeliño, e é verdade que non ten apenas uso en galego. Podería ser "remuíño", mais neste contexto semella encaixar mellor "tempestade")
Con todo, non foi ata un ano despois, cando unha onda revolucionaria que estalou en Alemaña (desembocando na [[Revolución de Novembro]]) e en [[Hungría]] (onde se instaurou a [[República Soviética Húngara]], dirixida por [[Bela Kun]] e que perdurou 133 días). Na veciña [[Finlandia]], a revolución foi derrotada en marzo de 1918, no transcurso dunha [[Guerra civil finlandesa|guerra civil]], onde o «terror branco», con axuda de [[Imperio Alemán|Alemaña]], deixou 35.000 mortos. En xaneiro de 1919 os socialdemócratas alemáns pediron axuda aos [[Freikorps]] para reprimir a revolución obreira, sendo asasinados [[Karl Liebknecht]] e [[Rosa Luxemburg]], dirixentes [[Liga Espartaquista|espartaquistas]]. Entre 1919 e 1920, outros países como [[Reino de Italia (1861-1946)|Italia]] experimentaron folgas insurrectas. Noutros lugares, como en [[Terceira República Francesa|Francia]], o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|Reino Unido]] ou os [[Estados Unidos]], produciuse unha onda de folgas e manifestacións que non desembocaron en ningún intento revolucionario.
 
A vaga revolucionaria, máis tardía do previsto, terminou por retroceder, e o poder bolxevique permanecía illado como nos seus primeiros días. Os bolxeviques enfrontábanse en solitariosos aos inmensos problemas dunha Rusia en explosión, onde a súa toma solitaria do poder non gozaba dunha aprobación unánime.
 
=== Situación económica a raíz da Revolución de Outubro ===
Por outra banda, Lenin e Trotski, fascinados polo [[dirixismo]] económico militarizado establecido polo [[Estado Maior]] de [[Reino de Prusia|Prusia]] en Alemaña, desexando devolver aos obreiros ao traballo seguindo métodos similares, co obxectivo de poder ter as cousas de face ante unha hipotética [[contrarrevolución]].<ref>Nicolas Werth comenta: « Étant donné le retard économique de la Russie, le passage économique au communisme ne se fera pas, contrairement aux prévisions de Marx, par le "dépérissement" de l’État, mais au contraire, par le contrôle étatique sur toutes les sphères de l’économie.» Histoire de l’Union soviétique de Lénine à Staline, PUF, coll. « Que sais-je?», 1998, p. 17. Il ajoute que les Bolcheviks n’avaient pas de programme économique précis, s’inspirant dès lors de l’exemple allemand, et que dans l’état où ils trouvent l’industrie, l’autogestion eût été catastrophique.</ref> Porén, moitos traballadores non querían renunciar ás súas conquistas e volver aos enormes esforzos esixidos polo autoritarismo e a guerra. A coerción sobre eles converteuse en inevitable.<ref>[[Boris Souvarine]], ''Staline. Aperçu historique du bolchevisme'', Plon, 1935, sobre os primeiros días do réxime.</ref>
 
A situación estábase deteriorando drasticamente, provocando nuns meses a práctica desaparición de toda actividade económica no país. En xaneiro de 1918, a ración media de [[Triticum|trigo]] nas grandes cidades correspondía a tres [[Libra (masa)|libras]] por mes. As empresas deberon pechar, os obreiros non atopaban o suficiente para comer, bandas de saqueadores vagaban polo campo ená busca de alimentos e destacamentos de desertores enfrontábanse ao exército.
 
=== Bolxeviques e campesiños: do malentendido ao conflito ===
Polo outro lado, os bolxeviques, sempre favorables ás nacionalizacións, recoñeceron que non tiñan nin a vontade nin os medios para impoñer os seus preferencias aos campesiños. [[Lenin]] afirmou:
 
{{cita|Non podemos ignorar a decisión da base popular, malia que non estamos de acordoconcordamos con ela... Debemos dar ás masas populares unha enteira liberdade de acción creativa... En definitiva, a clase campesiña debe obter a seguridade firme de que os nobres xa non existen nos campos, e fai falta que os mesmos campesiños decidan todo e organicen a súa existencia.}}
 
De feito, para os bolxeviques, a [[reforma agraria]] era o que se atopaba na orde do día e non a construción dunha sociedade socialista, que parecía imposible nun país tan pobre. Conscientes de que non podían gobernar sen o apoio das masas rurais, a gran maioría do país, os bolxeviques convocaron do [[10 de novembro|10]] ao [[16 de novembro]] un congreso campesiño. Malia a presenza dunha maioría socialrevolucionaria hostil aos bolxeviques, este último ratificou o Decreto sobre a terra e apoiou ao novo goberno, consagrando a unión entre o proletariado urbano e o campesiñado.
=== Primeiros combates da guerra civil (outono de 1917) ===
{{Artigo principal|Guerra civil rusa}}
Se a revolución foi un éxito en Petrogrado, a tentativa de tomar [[Moscova]] do [[28 de outubro]] ao [[2 de novembro]] atopouse cunha violenta resistencia. Os bolxeviques ocuparon o [[Kremlin de Moscova|Kremlin]], pero os dirixentes locais do seu partido dubidaron e asinaron unha tregua coa autoridade socialrevolucionaria da cidade antes de evacuar o edificio. As tropas gobernamentais aproveitaron a oportunidade de ametrallarmetrallar aosos trescentos membros da [[Garda Vermella]] e obreiros desarmados que abandonaban o edificio, seguindo ordes do alcalde socialrevolucionario Rúdnev.<ref>[[Jean-Jacques Marie]], ''La Guerre civile russe'', 1917-1922, p. 19.</ref> Fixo falta unha semana de combates encarnizados antes de que os bolxeviques, conducidos polo mozo [[Nikolai Bukharin]], finalmente apoderásense do Kremlin e tomasen o control da cidade. Os seus opositores, socialrevolucionarios e monárquicos, dirixiron unha represión sanguenta.
 
O [[12 de novembro]], o novo poder fixo fracasar a [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|tentativa de reconquista de Petrogrado]] levada a cabo por Kerenskii e os [[cosaco]]s do xeneral [[Piotr Krasnov|Krasnov]]. Pola súa banda, o Gran Cuartel xeral (a ''stavka'') do Exército ruso anunciou o [[31 de outubro]] a súa vontade de marchar sobre Petrogrado «co obxectivo de restablecer a orde». Reunido de novo polos dirixentes do [[Partido Social-Revolucionario]], [[Viktor Chernov|Chernov]] e [[Abraham Gotz|Gots]], pero abandonado polas súas tropas, o Estado Maior debeu fuxir o [[18 de novembro]].
De modo que practicamente a totalidade dos funcionarios de Petrogrado declaráronse en folga para protestar contra o golpe de Estado, pasando as listas públicas a denunciar a aqueles que se negan a servir ao novo poder. O [[10 de decembro]], os líderes do [[Partido Democrático Constitucional|KD]], que se puxeron á fronte da resistencia armada ao goberno bolxevique, foron declarados en estado de arresto.O decreto de arresto dos xefes da guerra civil contra a revolución (''[[Pravda]]'', n° 23, 12 de decembro (29 de novembro) de 1917) declara que « Os membros dos organismos dirixentes do partido KD son merecedores de ser arrestados e levados ante os tribunais revolucionarios».
 
Outros creencren que a clemencia foi o que caracterizou aos primeiros días do réxime soviético.<ref>[[Arno Joseph Mayer]], ''Lles Furies: Violence, vengeance, terreur, aux temps de la révolution française et de la révolution russe'', p. 215-219: « Si non había "probas" dunha resistencia implacable á toma de poder, os bolcheviques probablemente renunciaran ao terror [...] Aínda en novembro de 1918, Lenin pretendía non sen razón, o seguinte: "procedamos ás detencións pero non recorramos ao terror" particularmente contra os irmáns inimigos.». Ver tamén [[Pierre Broué]], [http://www.marxists.org/francais/broue/works/1963/00/broue_pbolch_5.htm « Les débuts du régime soviétique et a paix de Brest-Litovsk»], en ''[http://www.marxists.org/francais/broue/works/1963/00/broue_pbolch.htm Le Parti bolchevique]''; ou [[Edward Hallett Carr]], ''La Révolution russe''.</ref> Os ministros do Goberno provisional foron detidos e liberados rápidamente. A maior parte participara na guerra civil no [[Movemento Branco|bando Branco]]. O xeneral [[Piotr Krasnov]], que se levantou a raíz da Revolución de Outubro, foi posto en liberdade xunto con outros oficiais, tomou as armas contra o réxime soviético en contra da súa palabra e pasou a liderar o Exército Branco nos meses posteriores.
 
Para [[Nicolas Werth]], o novo poder levou a cabo unha reconstrución autoritaria do Estado en detrimento dos órganos de poder que xorden espontaneamente na sociedade civil: os comités de fábrica, as cooperativas que reemplazaban aos sindicatos ou soviets, meros instrumentos baleiros pero xa infiltrados no sistema e subordinados a el. "Nun par de semanas (finais de outubro de 1917 - xaneiro de 1918), "o poder desde abaixo", "o poder dos Soviets ", que se desenvolveu de febreiro a outubro de 1917 [...] convértese nun gran poder, a raíz dos procedementos burocráticos ou autoritarios. O poder da sociedade ao Estado, e do Estado ao partido bolxevique".<ref>Nicolas Werth, ''L'URSS de Lénine à Staline'', Que sais-je?, 1995, p. 8.</ref>
=== A creación da Cheka ===
[[Ficheiro:Znak5_GPU.GIF|miniatura|100px|Insignia da Cheka en 1922]]
O [[20 de decembro]] de [[1917]], fundouse a «Comisión extraordinaria de loita contra o sabotaxe e a contrarrevolución» (en [[idioma ruso|ruso]]: VChK ou ''Vecheká''), comunmente coñecida como [[Cheka]]. As súas accións non tiñan ningunha base legal nin xudicial (o decreto fundacional non se fixo público ata logo da morte de Lenin) e fora concibida como un instrumento provisional de represión independente da xustiza. Era dirixida por un comité de cinco membros (tres bolxeviques e dous socialrevolucionarios) presidido por [[Féliks Dzerzhinski]]. Entre os "saboteadoressabotadores" e inimigos previstos polo decreto figuraban o KD, os socialrevolucionarios de dereita, xornalistas, folguistas... De súpeto, a Cheka multiplicou os chamamentos á delación e á constitución de Chekas locais. Fundada con 100 funcionarios (entre os que estaban [[Viacheslav Menzhinski|Menzhinski]] e [[Génrij Yagoda|Yagoda]]), xa contaba con 12.000 en xullo de 1918. Ao chegar a Moscova, instalouse en [[Lubyanka]], o [[10 de marzo]] de [[1918]], con 600 membros. En xullo xa contaba con 2000. A partir desta data, os efectivos policiais dos bolxeviques foron superiores aos da [[Okhrana]] dos tempos de [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].
 
Segundo [[Pierre Broué]], a Cheka non comezou verdadeiramente a funcionar ata marzo, momento no que se produciu a ofensiva alemá, e a represión despregouse en toda a súa magnitude no verán de 1918, trala [[Alzamiento socialrevolucionario|insurrección]] dos [[Partido Social-Revolucionario de Esquerda|socialrevolucionarios de esquerda]] de Moscova e unha serie de atentados contra os dirixentes bolxeviques, entre os que se atopaban [[Moiséi Uritski]], asasinado o 30 de agosto, e o propio Lenin, gravemente ferido por [[Fanya Kaplan]], executada sumariamente pouco despois. Os dirixentes bolxeviques, asegurando inspirarse no exemplo [[xacobinos|xacobino]] da [[Revolución francesa|Revolución Francesa]], decretaron o «terror vermello» para opoñerse ao «terror branco». Nos seis primeiros meses de 1918, houbo vinte e dúas execucións realizadas pola Cheka. Nos seis últimos, a cifra aumentou ata 6000.
 
=== A disolución da Asemblea Constituínte ===
Reclamada por todos os programas dos partidos revolucionarios desde o [[século XIX]], a [[Asemblea Constituínte Rusa]] foi [[Elección da Asemblea Constituínte Rusa de 1917|elixida en novembro de 1917]]. Aínda que obtiveron un 25% dos votos e un grangrande éxito nas grandes urbes, os bolxeviques resultaron unha forza minoritaria, con 175 dos 707 deputados da asemblea. Os campesiños preferiron votar aos socialistas-revolucionarios. Segundo palabras de [[Jacques Baynac]],<ref>''La Terreur sous Lénine'', Le Livre de Poche, 1998.</ref> os resultados das eleccións indicaron que o país non quería de forma maioritaria un Goberno afín á [[Revolución de Febreiro]] nin un da [[Revolución de Outubro]]. Porén, non houbo revolución ningunha en xaneiro ou xullo de 1918. A represión e a [[Guerra civil rusa|guerra civil]] contribuíron a iso.
 
[[Viktor Chernov]], socialrevolucionario, resultou elixido presidente da asemblea, cun total de 246 votos fronte aos 151 de [[Mariya Spiridónova]], [[Socialrevolucionarios de esquerda|socialrevolucionaria de esquerda]] apoiada polos bolxeviques. A disolución da Asemblea Constituínte pola Garda Vermella produciuse inmediatamente logo da súa primeira reunión, o 19 de xaneiro de 1918. Aínda que a maioría da poboación permaneceu indiferente ante este golpe de forza, vinte manifestantes que protestaron contra a disolución da asemblea resultaron mortos: [[Máximo Gorki]], que acudiu ao seu funeral, cualificounos como mártires dunha experiencia democrática de apenas unhas horas que se levaba esperando durante centos de anos.
O 11 e o 12 de abril, unha onda de represión antianarquista sacudiu Moscova: 1000 homes das tropas especiais atacaron a súa sé, arrestando a 520 persoas e executando sumariamente a outras 25. A partir deste episodio, os anarquistas comezaron a ser cualificados oficialmente de "bandidos". [[Feliks Dzerzhinski|Dzerzhinski]] advertiu que aquela operación non era máis que un comezo.
 
A recuperación do Partido Social-Revolucionario de Esquerda e dos anarquistas inquietaba ao poder: naqueles lugares onde aínda se celebraban eleccións locais libres, estes obtiñan máis da metade dos votos. Como reacción, entre maio e xuño de 1918, 205 xornais socialistas pecháronse e a Cheka disolveu por fórzaaforza a decenas de soviets socialrevolucionarios ou menxeviques, os cales foran elixidos legalmente. O 14 de xuño de 1918, os menxeviques e os socialrevolucionarios de esquerda foron expulsados do Comité Panruso dos Soviets, pasando a estar formado este soamente por bolxeviques. O 16 de xullo, o xornal de [[Máximo Gorki]], ''[[Nóvaya Zhizn|A Nova Vida]]'', foi prohibido pola policía política.
 
Nas cidades, a situación alimentaria continuaba sendo explosiva. Os bolxeviques non puideron máis que retomar as retencións obrigatorias efectuadas por destacamentos armados de cidadáns, algo que provocou que os campesiños levantásense contra o poder urbano, ao mesmo tempo en que se afastaban do partido aqueles a quen o ''Decreto da Terra'' achegara ás posicións bolxeviques. Cento cincuenta revoltas campesiñas foron reprimidas en toda Rusia en xullo de 1918 e en decenas de cidades a Cheka e algúns membros da Garda Vermella cargaron as marchas da fame, fusilando aos folguistas e disolvendo as reunións populares.
 
O [[peche patronal]] das fábricas nacionais converteuse nun novo medio de represión das folgas. O 20 de xuño de 1918, como medida de represalia polo asasinato do responsable bolxevique [[Vladímir Volodarski]], oitocentos líderes obreiros foron arrestados en Petrogrado en apenas dous días e o seu soviet disolto. O 2 de xullo, os obreiros responderon cunha folga xeral, pero foi en balde.
36

edicións

Menú de navegación

Ferramentas persoais

Espazos de nomes

Variantes