Samara

Samara (entre 1935 e 1991 Kuibyshev) é unha cidade de Rusia situada no curso medio do Volga, capital do oblast do mesmo nome. Importante centro industrial e nó ferroviario, é tamén un destacado porto fluvial. Conta con 1.164.896 habitantes (preliminares censo 2010).
Fundada en 1586 coma enclave defensivo na beira oriental do Volga, entre este e o seu afluente, o río Samara, foi mercado de cereais da rexión ata o seu desenvolvemento industrial a principios do século XX.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |