Saltar ao contido

Comité Militar Revolucionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facsímile da proclamación de disolución do Goberno Provisional Ruso publicada polo Comité Militar Revolucionario de Petrogrado

O Comité Militar Revolucionario, tamén coñecido como Milrevcom e BRK (en ruso: Военно-революционный комитет, Военревком, ВРК) foi o nome dos órganos militares creados polas organizacións do Partido Bolxevique baixo a autoridade dos soviets durante a preparación e desenvolvemento da insurrección armada na Revolución de Outubro de 1917. Funcionaron ata marzo de 1918.[1] Os comités foron o corpo dirixente de poder da insurrección, instalando e asegurando o poder soviético. Executaron un papel de órganos provisionais extraordinarios da ditadura do proletariado.

Os comités máis notables foron os do Soviet de Petrogrado, o Soviet de Moscova e a Stavka. O Comité Militar Revolucionario de Petrogrado foi creado o 16 de outubroxul./ 29 de outubrogreg. de 1917.[2]

Creación

[editar | editar a fonte]

A idea de organizar un centro de operacións da insurrección armada pertence a Lenin. Na súa carta O marxismo e a insurrección, dirixida ao Comité Central do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (bolxevique) en setembro de 1917, poñía na axenda a tarefa de preparar o levantamento armado ao escribir[1]:

«E para tratar a insurrección dunha forma marxista, isto é, como unha arte, nós, ao mesmo tempo, sen perder un momento, debemos organizar cuarteis xerais dos grupos insurxentes...»

A decisión do Comité Central do POSDR(b) do 23 de outubro e o 29 de outubro de 1917 de mellorar a preparación para a insurrección armada apresurou a creación de corpos insurreccionais a nivel central e local. O CMR foi formado con representantes do Partido Bolxevique, os soviets, os comités de fábrica, os comités de soldados, as organizacións militares bolxeviques (Voyenka), a Garda Vermella, e outras organizacións. Os comités eran de diversos niveis territoriais como gubernia, cidade, raión, vólost etc. Mentres, no Exército, organizábanse a nivel de fronte, exército, corpo de exército, división e rexemento. En ocasións, as funcións do Comité Militar Revolucionario desempeñábanas os Comités Revolucionarios. Os Comités Militares Revolucionarios non eran uniformes en termos da súa composición social e partidaria, con todo a maioría deles eran principalmente bolxeviques.

O primeiro cuartel xeral da insurrección armada foi o Comité Militar Revolucionario de Petrogrado, que foi creado polo Soviet de Petrogrado e tomou o poder o 7 de novembro de 1917. Antes do triunfo da insurrección en Petrogrado, había máis de corenta Comités Militares Revolucionarios no país, cuxa principal actividade era a preparación militar e técnica da inminente insurrección.

Lista de Comités Militares Revolucionarios

[editar | editar a fonte]

Durante o proceso de toma do poder por parte dos soviets en Rusia houbo unha formación masiva de CMRs. Moitos CMRs apareceron por iniciativa dos delegados procedentes do II Congreso dos Soviets de Rusia. Foron enviados grandes escuadróns de comisarios, emisarios e axitadores revolucionarios a varias rexións do país por parte do CMR de Petrogrado, baixo a dirección do Comité Central do POSDR(b), que os conformou con organizadores experimentados.[1]

Data de creación Nome Presidente (composición) Notas
29 de outubro CMR de Petrogrado Pável Lazimir (Andréi Búbnov, Moiséi Uritski, Yákov Sverdlov, Félix Dzerzhinski, Iosif Stalin)
31 de outubro CMR do 12.º Exército Y. Cherin (Karl Gailis[3] Janis Krumin[4]) existiu ilegalmente ata o 8 de novembro de 1917 en Cēsis
4 de novembro CMR do Leste Iván Rabchinski [5] (Jaan Anvelt, Víktor Kingissepp)
CMR de Pskov Vasili Paniushkin Fronte Norte (desde o 8 de novembro de 1917)
7 de novembro CMR de Moscova
CR de Vorónezh A. Moiseyev
8 de novembro CMR de Riazán A. Syromyatnikov
9 de novembro CMR de Minsk Aleksandr Myasnikyan (Moiséi Kalmanovich, Vilhelms Vilis Knoriņš, Kārlis Landers) Fronte Occidental e Rexión Noroccidental (máis tarde)
CMR de Samara Valerián Kúibyshev
CR de Tula Grigori Kaminski
10 de novembro CMR de Tomsk Alekséi Belenets[6]
11 de novembro CMR de Kíiv Leonid Piatakov[7] (Andriy Ivánov, Volodimir Zatonski, Oleksandr Horvits[8]) reorganizado como CR de Kíiv 0 28 de xaneiro de 1918
CR de Smolensk S. Ioffe
21 de novembro CMR de Daguestán Ullubi Buinakski
27 de novembro CMR de Oremburgo Samuil Tsvilling
1 de decembro CMR da Fronte Suroccidental G. Razzhivin (Vasili Kikvidze)
15 de decembro CMR da Fronte Romanés Piotr Baranov (Aleksandr Krusser, Vladímir Yudovski)
20 de decembro CMR de Barnaúl Matvéi Tsaplin)
23 de decembro CMR de Khárkiv Fiodor Serguéiev (Valeri Mezhlauk, Moiséi Rujimovich)
??? CMR de Ekaterinoslav Nikolái Krestinski
??? CMR de Vinnytsia Nikolái Tarnogrodski[9]
??? CMR de Odesa Vladímir Yudovski
??? CMR de Shuya Mikhaíl Frunze
??? CMR de Simferópol Jānis Miller
29 de decembro CR de Sebastopol Jānis Daumanis
xaneiro CR de Astracán Mina Aristov[10]
10 de xaneiro CMR do Exército do Cáucaso Grigori Korganov (Borís Sheboldayev)
23 de xaneiro CMR do Don Fiódor Podtyolkov (Mikhaíl Krivoshlykov)[11]
30 de xaneiro CMR do Kubán-Mar Negro Yan Poluyan
2 de marzo CMR de Semirechye Pável Vinográdov

Influencia

[editar | editar a fonte]

Nas semanas que seguiron á Revolución de Outubro, os Comités Militares Revolucionarios baseados no CMR de Petrogrado foron organizados a través dos outros soviets e cimentaron o control bolxevique. Estoutros CMRs foron formados por dirixentes locais aínda que axentes do CMR de Petrogrado estaban habitualmente en posicións de dirección para dirixir ou asesorar. A finais de novembro de 1917, representantes do CMR de Petrogrado estaban asignados en polo menos corenta e catro cidades así como en cento trece unidades militares ao longo de toda Rusia, Turquestán e o Cáucaso.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 Military Revolutionary Committees. Gran Enciclopedia Soviética.
  2. Trotsky, Leon, Lessons of October: «O 16 de outubro foi creado o Comité Militar Revolucionario, o órgano legal soviético da insurrección.»
  3. "Gailis Karl Andreyevich". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  4. Krumin, Janis
  5. Rabchinsky, Ivan Vasilyevich. Gran Enciclopedia Soviética
  6. "Aleksei Belenets". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  7. Leonid Pyatakov
  8. Horvits Oleksandr Arquivado 20 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. Gran Enciclopedia Soviética
  9. "Tarnogrodsky Nikolai". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  10. Mina Aristov
  11. Krivoshlykov Mikhail. Gran Enciclopedia Soviética.
  12. Rigby, pp. 42-43

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Albert Resis (xullo de 1977). Lenin on Freedom of the Press. Russian Review, Vol. 36, No. 3, pp. 274–296.
  • Rigby, T.H. (Xaneiro de 1974). The First Proletarian Government. British Journal of Political Science, Vol. 4, No. 1, pp. 37–51.
  • Utechin, S.V. (Oct. 1958). Bolsheviks and Their Allies after 1917: The Ideological Pattern. Soviet Studies, Vol. 10, No. 2, pp. 113–135.
  • Lenin, V. Marxism and Revolt. Full collection of articles (Марксизм и восстание, Полн. собр. соч.). Ed. 5. Vol. 34
  • Questionnaires of councils of the Central Industrial district (outubro de 1917 - xaneiro de 1918). "Historical Archives". 1960

Outros artigos

[editar | editar a fonte]