Saltar ao contido

Lev Kamenev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lev Kámenev»)
Modelo:BiografíaLev Kamenev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Лев Каменев Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Лев Розенфельд Editar o valor en Wikidata
18 de xullo de 1883 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Lubianka, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Membro do Politburó do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
25 de marzo de 1919 – 1 de xaneiro de 1926
Membro do Politburó do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
10 de outubro de 1917 (Xuliano) – 23 de outubro de 1917 (Xuliano)
Membro da Asemblea Constituínte Rusa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Estatal de Moscova Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPushkin House (en) Traducir
Academia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética
Bolxevique
Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (facción bolxevique) Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de agosto de 1936Q4349734 Traducir
17 de abril de 1923XII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
27 de marzo de 1922XI Congreso do Partido Comunista de Rusia
8 de marzo de 1921X Congreso do Partido Comunista Ruso
29 de marzo de 19209th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
18 de marzo de 19198th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
30 de abril de 1907 (Xuliano)V Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia
12 de abril de 1905 (Xuliano)III Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlga Kameneva Editar o valor en Wikidata
FillosAleksandr Kamenev Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Розенфельд-1

Lev Borisovich Kamenev (en ruso: Лев Борисович Каменев, de nome orixinal era Rosenfeld, ruso: Розенфельд), nado en Moscova o 18 de xullo de 1883 e finado o 25 de agosto de 1936, foi un revolucionario bolxevique e un prominente político soviético, ademais de ser membro do poderoso Politburó. Foi o primeiro xefe de estado do estado soviético ruso, precursor da futura URSS, entre o 9 e o 21 de novembro de 1917.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kamenev era fillo dun traballador ferroviario xudeu, e dunha ama de casa rusa ortodoxa[1]. En 1901 afiliouse ao Partido Socialista Democrático dos Traballadores, e á súa facción bolxevique cando o partido se divide entre bolxeviques e menxeviques en agosto de 1903.[2] Foi á escola en Tiflis (Xeorxia), e estudou na Universidade de Moscova, interrompendo os seus estudos en 1902 por unha detención. Desde ese momento, foi un dedicouse por enteiro á súa actividade revolucionaria, traballando en San Petersburgo, Moscova e Tiflis. Kamenev casou cunha camarada marxista (irmá de Lev Trotski), Olga Kameneva, a principios de 1900, e a parella tivo dous fillos.

Durante unha curta viaxe ao estranxeiro en 1902, Kamenev coñeceu aos líderes Socialdemócratas que vivían no exilio, incluíndo a Vladimir Ilyich Ulyanov "Lenin", co que se asocia e se converte nun íntimo colaborador. Tamén visitou París e coñeceu ao grupo “Iskra”. Despois de asistir ao III Congreso do Partido en Londres, en marzo de 1905, Kamenev volveu a Rusia e participou na Revolución Rusa de 1905 en San Petersburgo en outubro-decembro. Volveu a Londres para asistir ao V Congreso do Partido Socialista Democrático dos Traballadores, onde foi elixido para o Comité Central do Partido, e ao Centro Bolxevique, en maio de 1907, pero foi arrestado logo da súa volta a Rusia. Kamenev foi liberado de prisión en 1908, viaxando ao estranxeiro máis tarde para axudar a Lenin na revista bolxevique Proletarios. Despois da ruptura de Lenin con outro vello bolxevique, Alexander Bogdanov, a mediados de 1908, Kamenev e Grigory Zinoviev chegaron a ser os principais axudantes de Lenin no exterior. Axudárono a expulsar a Bogdanov e os seus otzovist (revocadores) seguidores da facción bolxevique do Partido Socialista Democrático dos Traballadores a mediados de 1909.

En xaneiro de 1910, leninistas, seguidores de Bogdanov e varias faccións menxeviques tiveron unha reunión do Comité Central do Partido en París, e trataron de reunificar o partido. Kamenev e Zinoviev tiveron dúbidas ao respecto da idea, pero víronse obrigados a aceptar baixo a presión dos bolxeviques “conciliadores” como Víktor Nogin. Lenin era un claro opositor a calquera reunificación, pero estaba en minoría dentro dos líderes bolxeviques. A reunión acadou un intento de acordo, e un dos seus acordos fixo ao Pravda de Trotski un “órgano central” financiado polo partido. Kamenev, cuñado de Trotski, sumouse ao equipo editorial polos bolxeviques, pero os intentos de unificación fracasaron en agosto de 1910 cando Kamenev renunciou a formar parte do equipo redactor por mutuas recriminacións.

Despois do fracaso no intento de reunificación, Kamenev continuou traballando no “Proletario” e establece a escola bolxevique do partido en Longjumeau, preto de París,[3] que foi creada como unha alternativa leninista á escola de Bogdanov con base en Capri. En xaneiro de 1912, Kamenev axudou a Lenin e a Zinoviev a convencer os delegados na Conferencia Bolxevique de Praga para separarse dos menxeviques e dos otzovists. En xaneiro de 1914, foi enviado a San Petersburgo para dirixir o traballo da versión bolxevique de Pravda, e a facción bolxevique da Duma. Kamenev foi arrestado despois do estalido da primeira guerra mundial e é levado a xuízo, onde se distancia da posición antibelicista de Lenin. Kamenev foi exiliado a Siberia a principios de 1915, e pasaron dous anos ata que foi liberado na Revolución de Febreiro de 1917.

Antes da Revolución de 1917

[editar | editar a fonte]

Logo da súa volta a San Petersburgo (Petrogrado desde 1914) desde o exilio siberiano a mediados de marzo de 1917, Kamenev e os membros do Comité Central Iosif Stalin e Matvei Muranov tomaron o control do resucitado Pravda Bolxevique, movéndose cara á dereita, con Kamenev dirixindo a política de soporte condicional ao recentemente formado Goberno Provisional Ruso, e unha reconciliación cos menxeviques. Despois do retorno de Lenin a Rusia o 3 de abril de 1917, Kamenev resistiuse brevemente á antigobernamental Tese de Abril de Lenin, pero pronto se aliñou con el e apoiouno ata setembro.

Kamenev e Zinoviev opuxéronse a Lenin na toma do poder en outubro de 1917.[4] O 10 de outubro de 1917 (do calendario xuliano), Kamenev e Zinoviev foron os dous únicos membros do Comité Central que votaron en contra dunha revolta armada. As súas publicacións e unha carta aberta onde se opuñan ao uso da forza propugnada por Lenin, publicada no xornal independente de M. Gorki, que pediu a súa expulsión do partido. Porén, cando os bolxeviques lideraron o Comité Militar Revolucionario, dirixido por Adolph Joffe e o Soviet de Petrogrado, liderado por Trotski, convocando o levantamento, Kamenev e Zinoviev sumáronse. No segundo Congreso Soviético de Todas as Rusias, onde se formaliza o golpe do 25-26 de outubro, Kamenev foi elixido presidente do Congreso, e Xefe do permanente Comité Executivo Central de Todas as Rusias. O último posto era equivalente a xefe de estado baixo o sistema soviético, aínda que o poder real estivo nas mans do Comité Central Bolxevique.

O 29 de outubro de 1917, tres días antes da toma do poder dos bolxeviques durante a Revolución de Outubro, o comité executivo do sindicato nacional de traballadores de ferrocarrís, Vikzhel, ameazou cunha folga nacional a non ser que os bolxeviques compartisen o poder cos outros partidos socialistas e apartaran do goberno aos líderes insurrectos, Lenin e Trotski. Zinoviev, Kamenev e os seus aliados no Comité Central Bolxevique argumentaron que os bolxeviques non tiñan outra elección que a de iniciar negociacións, xa que unha folga de ferrocarrís podería diminuír a capacidade do goberno de loitar contra as forzas que aínda eran leais ao Goberno Provisional.[5] Porén, Zinoviev e Kamenev brevemente tiveron o apoio da maioría do Comité Central, e as negociacións iniciáronse, un rápido colapso das forzas anti-bolxeviques fóra de Petrogrado, permitiu a Lenin e Trotski convencer o Comité Central de abandonar o proceso negociador. Como resposta, Zinoviev, Kámenev, Alekséi Rýkov, Vladimir Milyutin e Victor Nogin dimiten do Comité Central o 4 de novembro de 1917, e Kamenev dimite do seu posto no Comité Executivo Central. Ao día seguinte, Lenin escribiu unha proclama chamando a Zinoviev e Kamenev “desertores”, non esquecendo nunca o seu comportamento, facendo eventualmente unha ambigua referencia no seu testamento do “Episodio de Outubro”.

Despois da Revolución de 1917

[editar | editar a fonte]

En 1918 Kamenev foi nomeado xefe do Soviet de Moscova, e tamén o segundo de Lenin no Sovnarkom (goberno) e no Consello de Traballo e Defensa. En marzo de 1919, Kamenev foi elixido membro de pleno dereito do primeiro Politburó. As súas relacións persoais co seu cuñado Trotski, que eran boas nas postrimerías da revolución de 1917 e na cuerra civil rusa, deterióranse despois de 1920 e nos 15 anos seguintes, cando foi íntimo amigo e aliado de Grigory Zinoviev, un home máis ambicioso que Kamenev.

  1. See AlbVerert S. Lindemann. 'As bagoas de Esaú: Moderno antisemitismo e a subida dos xudeus, Cambridge University Press, 1997, ISBN 0-521-79538-9
  2. Para un resumo das actividades revolucionarias de Kamenev entre 1901 e 1907, ver a “Colección de Traballos” de Vladimir Lenin, volumen XX, International Publishers, 1929, ISBN 1-4179-1577-3 p.353
  3. Ver Adam Bruno Ulam. Stalin: O home e o seu tempo, Boston, Beacon Press, 1973, ISBN 0-8070-7005-X p.112
  4. p.221, David Evans e Jane Jenkins, Anos de Rusia e da URSS USSR 1851-1991, Hodder Murray, 2001
  5. Por conta das discusións dentro do liderado bolxevique en novembro de 1917, ver Elizabeth A. Wood. A avoa e o camarada: Xénero e Políticos da Rusia Revolucionaria, Indiana University Press, 1997, ISBN 0-253-21430-0 p. 70