Grigorii Rasputin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Grigori Rasputín")
Grigorii Efimovich Rasputin
Grigorii Efimovich Rasputin
Rasputín
Nacemento 10 de xaneiroxul./ 22 de xaneiro de 1869greg.
Lugar Pokrovskoe, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg.
Lugar San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Nacionalidade Ruso
Ocupación Monxe, místico e curandeiro
Coñecido por Influencia na familia de Nicolao II
Cónxuxe(s) Praskovia Fedorovna Dubrovina
Fillo(s) Dmitrii Rasputín
Mariia Rasputina
Bárbara Rasputina

Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 10 de xaneiroxul./ 22 de xaneiro de 1869greg. e finado en San Petersburgo o 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg.,[1] foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.

Pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de curandeiro mediante o rezo, razón pola que, grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase o seu fillo, o tsarévich Aleksei, que padecía hemofilia. O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas á hipnose) e a Familia Imperial, especialmente a tsarina Alexandra,[2] caeu baixo a influencia do monxe.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Pokrovskoe, preto do Río Tura en 1912. Rasputin recadou fondos para decorar a igrexa [3] que foi construída cara a 1906 e destruída en 1950.[4]

Grigorii Rasputin naceu na pequena aldea de Pokrovskoe, no actual distrito de Iarkovskii. Os rexistros teñen unha entrada datada o 9 de xaneiro de 1869 que di: Na aldea de Pokrovskoe, na familia campesiña de Efim Iakovlevich Rasputin, naceu un fillo, Grigorii.[5][6][7] Ao día seguinte foi bautizado e nomeado na honra de San Gregorio de Nisa.[8]

Foi o quinto fillo dun total de nove, dos cales só Grigorii e a súa irmá Feodosiia sobreviviron. Nunca asistiu á escola –segundo un censo de 1897, case todos os habitantes da aldea eran analfabetos–.[9] En Pokrovskoe, Rasputin foi visto como un estraño, rodeado de misteriosos agasallos.[10] O pouco que se coñece sobre a súa infancia é grazas á súa filla Mariia,[11] pero todas as súas memorias considéranse de pouca confianza.

O 2 de febreiro de 1887 Rasputin casou con Praskovia Fedorovna Dubrovina, e xuntos tiveron tres fillos: Dmitrii, Mariia e Varvara. En 1892 Rasputin deixou a súa aldea, a súa muller, fillos e pais.[12] Pasou varios meses nun mosteiro en Verkhoture.

Inicio da vida relixiosa[editar | editar a fonte]

Makarii, Feofan de Poltava e Grigorii Rasputin

Rasputin afirmou que a visión da Nosa Señora de Kazán o levou a escoller a vida dun místico relixioso. Arredor de 1893 viaxou ao monte Atos, pero quedou profundamente desilusionado, como lle dixo a Makarii.[13][14] En 1900 Rasputin identificábase como un strannik,[15] un errante relixioso, visitando os lugares sagrados a pé, vivindo da caridade, aínda que sempre regresou á súa casa para as sementeiras e as colleitas. Habitualmente é visto como un iurodivyi ou monxe tolo,[16] e moitas veces, de xeito erróneo, como un starets, pero o propio Rasputin nunca chegou a considerarse un deles,[12] posto que vivían en reclusión e silencio.

En 1903, Rasputin decidiu pasar un tempo en Kiev, a 3.000 km da súa aldea, onde visitou o Mosteiro das Covas. En Kazán, atraeu a atención do bispo e membros das clases altas.[17][18][19] Aprendeu as Escrituras, e as súas interpretacións foron tan orixinais, que as persoas das clases sociais máis elevadas gozaban escoitándoo.[20] Rasputin viaxou máis adiante á capital para reunirse con Xoán de Kronstadt e adquirir donativos para a construción da igrexa da súa aldea. Foi presentado a Serxio I de Moscova, o reitor da Academia Teolóxica de San Petersburgo.[21] Pierre Gilliard escribiu que Rasputin chegou en 1905,[22] Nelipa pensa que foi no outono de 1904, e Iliodor considera que foi en 1903,[23] Nunha ocasión foi invitado por Milica de Montenegro e a súa irmá Anastasia de Montenegro, que estaban interesadas no misticismo persa,[24] espiritismo e ocultismo. O 19 de outubroxul./ 1 de novembro de 1905greg., Milica presentouno ao tsar Nicolao II e á súa dona Alexandra no palacio de Petergof.[25]

Antes do seu encontro con Rasputin, o tsar tivera que enfrontarse coa Guerra Ruso-Xaponesa, o Domingo Sanguento, a Revolución Rusa de 1905, bombas e unha folga a escala nacional dos ferrocarrís. Nunha cidade sen electricidade, o Emperador e Autócrata de Todas as Rusias viuse obrigado por Sergei Witte a asinar o Manifesto de Outubro, polo que se establecía a Duma Imperial e renunciar a parte do seu poder autocrático.[26]

Chegada á Corte Imperial[editar | editar a fonte]

Rasputin e os seus fillos
Alexandra Fedorovna cos seus fillos, Rasputin e a enfermeira Mariia Ivanovna, quen máis tarde afirmaría que fora violada por Rasputin.

En outubro de 1906, por petición do tsar, Rasputin visitou a ferida filla do Primeiro Ministro Petr Stolypin. Unhas poucas semanas antes, 29 persoas foran asasinadas nun atentado, no que dous fillos de Stolypin resultaran danados.

O 15 de decembro dese ano:

"... Rasputin pediulle audiencia ao Tsar, para cambiar legalmente o seu apelido. Grigorii explicou que seis familias en Pokrovskoie levaban ao apelido Rasputin, e isto estaba producindo todo tipo de confusións. Rasputin pediulle a Nicolao acabar con esta confusión permitíndome a mín e os meus descendentes levar o apelido Rasputin-Novyi, que significa Novo Rasputín.[27][28][29]

En marzo de 1907 Rasputin recibiu o permiso para cambiar o seu apelido. En abril foi invitado de novo a Tsarskoe Selo, nesta ocasión para ver ao fillo do tsar, o tsarévich Aleksei Nikolaevich. O neno fixérase dano e isto causoulle unha dolorosa hemorraxia. Non era público, era máis ben segredo de Estado, que o herdeiro ao trono sufría hemofilia, unha enfermidade que afectaba a moitas casas reais de Europa.[30] Cando os doutores non puideron ofrecerlle unha cura, a tsarina desesperada buscou axuda. Rasputin tiña fama de ter a habilidade de curar mediante a oración e foi quen de calmar aos tsares e darlle ao tsarévich un pouco de alivio, a pesar de que os doutores predixeran que ía morrer. Ao día seguinte o tsarévich mostrou signos de mellora.[31]

Pierre Gilliard,[32] a historiadora francesa Hélène Carrère d'Encausse[33] e o xornalista Diarmuid Jeffreys, especularon sobre a posibilidade de que as prácticas de Rasputin incluían a administración de aspirina, un analxésico dispoñible desde 1899.[34][35]

O 9 de outubro de 1912, Aleksei recibiu a extremaunción[36] durante outra grave crise. Os Romanov estaban pasando uns días no seu palacio de Białowieża, e marcharon a Spala (Polonia). Durante un paseo no bosque, os bruscos movementos da carruaxe provocaron un hematoma interno no tsarévich.[37] Alexandra apenas separábase do seu lado e desesperada acudiu a súa dama de compaña, Anna Vyrubova[38][39] para que conseguira a axuda do curandeiro Rasputin, naqueles momentos caído en desgraza. Rasputin respondeu cun telegrama profético: O pequeno non finará. Non deixe que os doutores o molesten moito.[40] A temperatura do tsarévich descendeu e o hematoma desapareceu, pero o neno tardou case un ano en recuperarse por completo.

O médico da corte, o doutor Evgenii Botkin consideraba a Rasputin como un charlatán e que os seus poderes proviñan do uso da hipnose, pero Rasputin non se interesou por esta práctica antes de 1913.[41][42] Varios inimigos de Rasputin chegaron a suxerir que este drogaba en segredo a Aleksei con herbas medicinais do Tibet.[43][44][45]

A pesar de gozar do favor da Emperatriz, Rasputin comezou a ser visto como un perigo para o país. Segundo Pavel Miliukov, en maio de 1914, Rasputin xa era unha persoa influente na política rusa.[46] En xullo dese ano sufriu un intento de asasinato cando estaba de visita na súa aldea, Rasputin saíra da súa casa para responder un telegrama[47][48][49][50][51] cando unha muller acoitelouno no estómago. O tsar enviou ao seu propio médico[52] para que o atendera e, tras seis semanas no hospital Rasputin logrou recurperarse.

Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Trala Primeira Guerra dos Balcáns, a Liga Balcánica planeou a partición do territorio europeo do Imperio Otomán entre eles. Durante a Segunda Guerra dos Balcáns, o Tsar interveu tratando de deter o conflito, xa que Rusia non quería perder aos seus aliados eslavos. Rasputin aconsellou ao Tsar que non se involucrara e promovera as negociacións de paz. Rasputin converteuse así en inimigo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich, paneslavista, do seu irmán Pedro Nikolaevich e das súas mulleres, Militza de Montenegro e Anastasia de Montenegro, ansiosos de entrar na guerra e expulsar aos austríacos dos Balcáns.[53][54]

Pouco despois do estoupido da Primeira Guerra Mundial, Rasputin declarouse en contra de que Rusia fora á guerra contra Alemaña. Rogoulle ao Tsar que fixera todo o que estivera nas súas mans para evitar a guerra.[55] Desde o hospital, Rasputin enviou varios telegramas á Corte, expresando os seus medos polo futuro do país:

Se Rusia vai a guerra, será o final da monarquía, dos Romanovs e das institucións rusas.[56]
Caricatura de Rasputín controlando aos tsares de Rusia

Durante a Crise de Xullo, Nicolao II ordenou a mobilización xeral para apoiar o Reino de Serbia. Esperaba que Alemaña xamais atacaría Rusia, Francia e Inglaterra ao mesmo tempo. Porén, Alemaña declarou a guerra a Rusia, comezando así a guerra. Rusia esperaba que a guerra durase ate o Nadal,[57] pero despois dun ano a situación volveuse insostible.[58] O tsar tomou o control do exército o 23 de agosto de 1915, decisión que, en gran medida, estivo instigada pola tsarina e Rasputín.[59][60] Alexandra quedou así ao cargo do goberno. A intervención de Rasputin na política do país, que ate entón fora esporádica,[61] aumentou ate o punto de que Alexandra se limitaba a enviarlle ao seu marido as decisións de Rasputin para que as aprobase[62].

Asasinato[editar | editar a fonte]

Tanto no Goberno como na Corte, considerábase que a influencia de Rasputin sobre o tsar e a tsarina era nefasta nun momento no que a situación da monarquía era xa crítica.[63] O Primeiro Ministro Aleksandr Trepov chegou a ofrecerlle, sen éxito, mil rublos para que regresase a Siberia. A comezos de 1916, fracasou un intento de asasinato promovido polo ex-ministro de Interior, Aleksei Khvostov. Finalmente a conxura que triunfou foi a do príncipe Feliks Iusupov, na que tamén estiveron implicados o líder dereitista da Duma Imperial, Vladimir Purishkevich, e dous Grandes Duques, Demetrio Pavlovich e Nicolao Mikhailovich.[64]

Iusupov, Purishkevich e o Gran Duque Demetrio decidiron atraer a Rasputin ao palacio de Iusupov coa escusa de que se reuniría coa esposa deste, a Gran Duquesa Irina Aleksandrovna, sobriña do tsar. Así, a pesar de recibir unha advertencia do perigo o mesmo 16 de decembro, Rasputin presentouse no palacio pouco despois da medianoite. Iusupov fíxoo esperar pola Gran Duquesa mentres esta supostamente atendía outros invitados, nunha estancia do soto onde lle serviron viño e uns pasteis envelenados con cianuro. Exasperado porque o veleno non parecía facer o efecto esperado, Iusupov disparoulle un tiro cunha pistola Browning e deuno por morto mentres se preparaba para saír a desfacerse do corpo. Porén, Rasputin sobrevivira ao disparo e Purishkevich, logo de fallar en dúas ocasións, derribouno con outros dous disparos e rematouno cun golpe na testa. Tras isto ataron o corpo e lanzárono ao río Neva, onde foi atopado o 18 de decembro.[65]

Rasputin foi enterrado en xaneiro de 1917 xunto ao palacio de Tsarskoe Selo. Trala Revolución de Febreiro, o seu corpo foi desenterrado e queimado no bosque de Pargolovo, onde se ciscaron as súas cinzas.[66]

Investigacións sobre a morte[editar | editar a fonte]

Investigacións recentes sinalan que no asasinato de Rasputin estivo involucrado o servizo segredo británico, a través dun axente que residía por aquel entón en Petrogrado, chamado Oswald Rayner, baixo o mandato doutro axente chamado John Scale.[67][68]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kerensky 1965, p. 182
  2. Rappaport 2014, p. 129
  3. "Spiritual Pilgrim". Radio: The Christian Message from Moscow. 25 de decembro de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  4. Fuhrmann 2013, p. xiii
  5. Fuhrmann 2013, p. 35
  6. Demystifying the life of Grigory Rasputin | Russia Beyond The Headlines. Rbth.ru (27 de decembro de 2012). 15 de xullo de 2014.
  7. Royal Russia News: Demystifying the life of Grigory Rasputin. Russia Beyond the Headlines via Angelfire.com. 27 de decembro de 2012.
  8. Radzinsky 2000, pp. 25, 29
  9. Fuhrmann 2013, p. 9
  10. Fuhrmann 2013, pp. 11–13
  11. Rasputin 1970
  12. 12,0 12,1 Nelipa 2010, p. 16
  13. Fuhrmann 2013, p. 22
  14. Moynahan 1997, p. 32
  15. Nelipa 2010, p. 17
  16. Spencer C. Tucker; Priscilla Mary Roberts (September 2005). The Encyclopedia of World War I: A Political, Social, and Military History. ABC-CLIO. pp. 967–. ISBN 978-1-85109-420-2. 
  17. Amalrik, A. (1988) Biografie van de Russische monnik 1863–1916, p. 45
  18. Fuhrmann 2013, p. 24
  19. Moynahan 1997, p. 43
  20. Gerald Shelley (1925) The Blue Steppes, p. 87.
  21. "The Life And Death Of Rasputin". Orthodoxchristianbooks.com. Consultado o 28 April 2013. 
  22. Chapter Five. Rasputin. Alexanderpalace. Consultado do 15 de xullo de 2014.
  23. Iliodor 1918, p. 91
  24. Radzinsky 2000, p. 57
  25. "Nicolas' diary 1905 (in Russian)". Rus-sky.com. Consultado o 28 de abril 2013. 
  26. Fuhrmann 2013, p. 33
  27. Fuhrmann 2013, pp. 42
  28. Nelipa 2010, p. 24
  29. Iliodor 1918, p. 112
  30. Moe 2011, p. 149
  31. The Atlantic; "Memories of the Russian Court – an online book on Romanov Russia – Chapter VI". Alexanderpalace.org. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  32. Le Précepteur des Romanov by Daniel GIRARDIN
  33. H.C. d'Encausse (1996) Nicolas II, La transition interrompue, p. 147, (Fayard) [1]; Holy People of the World: A Cross-cultural Encyclopedia.
  34. Diarmuid Jeffreys (2004). Aspirin: The Remarkable Story of a Wonder Drug. Bloomsbury Publishing. [2]
  35. Rappaport 2014, p. 112
  36. Rappaport 2014, p. 181
  37. Rappaport 2014, p. 179
  38. Vyrubova 1923, p. 94
  39. Moe 2011, p. 156
  40. Fuhrmann 2013, pp. 100–101
  41. Pares 1939, pp. 138
  42. Fuhrmann 2013, pp. 103
  43. "The Life and Tragedy of Alexandra - Chapter XV - A Mother's Agony - Rasputin". Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  44. Fuhrmann 2013, pp. 102-103
  45. Moe 2011, p. 152
  46. Antrick 1938, p. 37
  47. Rigasche Rundschau. The European Library (1 de xullo de 1914). Consultado o 15 de xullo de 2014.
  48. Assassination Attempt on Rasputin – 29 June 1914 | The British Newspaper Archive Blog. Blog.britishnewspaperarchive.co.uk. Consultado o 15 de xullo 2014.
  49. FAVORITE OF TSAR STABBED BY WOMAN – Rasputin, Peasant Monk-Mystic, Said to be at the Point of Death. New York Times (14 de xullo de 1914). Consultado o 15 de xullo de 2014.
  50. "Cymru 1914". Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  51. The Advertiser (Adelaide, SA)
  52. The Tsar Sends His Own Physician to Attend the Court Favorite. New York Times. 15 de xullo de 1914
  53. Antrick 1938, pp. 35, 39
  54. Vyrubova 1923, p. 173
  55. Thirteen Years at the Russian Court – Chapter Eight – Journeys to the Crimea and Rumania – Poncaire's Visit – War. Alexanderpalace. Consultado o 15 de xullo de 2014.
  56. Victor Alexandrov (1966) The End of the Romanovs, trans. William Sutcliffe. Little, Brown, and Company, Boston, p. 155.
  57. Moe 2011, pp. 284, 305
  58. Antrick 1938, pp. 35
  59. Letters from Tsar Nicholas to Tsaritsa Alexandra – AUGUST 1915. Alexanderpalace.org. Consultado o 15 de xullo 2014.
  60. Moe 2011, p. 332
  61. The Dark Forces: Popular Analogies in Russian Politics, p. 83, by ALEXANDER ZASLAVSKY
  62. King 1994, p. xi
  63. Historia de la Revolución Rusa, L. Trotsky, 1932
  64. Figes 2000, pp. 337-338
  65. Figes 2000, pp. 338-339
  66. Figes 2000, p. 339
  67. (en inglés) «British spy 'fired the shot that finished off Rasputin'» The Telegraph. Consultado o 11 de novembro de 2013.
  68. (en inglés) BBC: «Rasputin assassinated by British Secret Service» - BBC Timewatch documentary

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grigorii Rasputin Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Almasov, Boris (1924). Rasputin und Russland (en alemán). Amalthea Verlag, Zürich. OCLC 604661189. 
  • Antrick, Otto (1938). Rasputin und die politischen Hintergründe seiner Ermordung (en alemán). E. Hunold, Braunschweig. 
  • Buchanan, George (1923). My mission to Russia and other diplomatic memories (en inglés). Cassell and Co., Ltd., London, Nova York. OL 6656274M. 
  • Figes, Orlando (2000). La revolución rusa (1891-1924). La tragedia de un pueblo (en español) (1.ª ed.). Barcelona: Edhasa. ISBN 84-350-2614-0. 
  • Fisher, H.H., ed. (1935). Out of My Past: Memoirs of Count Kokovtsov (en inglés). Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-1553-9. 
  • Fuhrmann, Joseph T. (2013). Rasputin, the untold story (en inglés). Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-118-17276-6. 
  • Hoare, Samuel (1930). The Fourth Seal (en inglés). William Heinemann Limited. 
  • Hosking, Geoffrey Alan (1973). The Russian constitutional experiment. Government and Duma, 1907–1914 (en inglés). CUP Archive. ISBN 0521200415. 
  • Iliodor (1918). The mad monk of Russia, Iliodor (en inglés). Nova York: Century. OL 23316743M. 
  • Kerensky, Alexander (1965). Russia and History's turning point (en inglés). Nova York: Duell, Sloan and Pearce. OCLC 237312. 
  • King, Greg (1994). The Last Empress. The Life & Times of Alexandra Feodorovna, tsarina of Russia (en inglés). A Birch Lane Press Book. ISBN 1559722118. 
  • Lieven, Dominic (1993). Nicholas II: Twilight of the Empire (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 0312143796. 
  • Massie, Robert K (2004) [1967]. Nicholas and Alexandra: An Intimate Account of the Last of the Romanovs and the Fall of Imperial Russia (en inglés). Tess Press. ISBN 1-57912-433-X. OCLC 62357914. 
  • van der Meiden, G.W. (1991). Raspoetin en de val van het Tsarenrijk (en holandés). De Bataafsche Leeuw. ISBN 9067072788. 
  • Moe, Ronald C. (2011). Prelude to the Revolution: The Murder of Rasputin (en inglés). Aventine Press. ISBN 1593307128. 
  • Moynahan, Brian (1997). Rasputin. The saint who sinned (en inglés). Random House. ISBN 9780679419303. 
  • Nelipa, Margarita (2010). The Murder of Grigorii Rasputin. A Conspiracy That Brought Down the Russian Empire (en inglés). Gilbert's Books. ISBN 978-0-9865310-1-9. 
  • Pares, Bernard (1939). The Fall of the Russian Monarchy. A Study of the Evidence (en inglés). Londres: Jonathan Cape. 
  • Radzinsky, Edvard (2000). Rasputin: The Last Word (en inglés). Nova Gales do Sur, Australia: Allen & Unwin. ISBN 1-86508-529-4. OCLC 155418190. 
  • Radzinsky, Edvard (2010). The Rasputin File (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-0-307-75466-0. 
  • Rappaport, H. (2014). Four Sisters. The Lost lives of the Romanov Grand Duchesses (en inglés). Pan. ISBN 978-1447227175. 
  • Rasputin, Maria (1970) [1934]. My father (en inglés). Nova York: University Books. OCLC 133869. 
  • Vyrubova, Anna (1923). Memories of the Russian Court (en inglés). Londres: McMillan & Co. OCLC 758010. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]