Aleksandr Kerenskii
Aleksandr Kerenskii | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de abril de 1881 e 2 de maio de 1881 |
Lugar de nacemento | Ulianovsk |
Falecemento | 11 de xuño de 1970 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Soterrado | Putney Vale Cemetery |
Nacionalidade | República Russa e Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Alma máter | Faculty of Law, Saint Petersburg State University |
Ocupación | político, avogado e revolucionario |
Pai | Fedor Kerensky |
Cónxuxe | Lydia Tritton e Olga Kerensky |
Fillos | Oleg Kerensky |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aleksandr Fedorovich Kerenskii (en ruso: Александр Фёдорович Керенский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970,[1][2] foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.
Mocidade[editar | editar a fonte]
Aleksandr Kerenskii nado en Simbirsk (agora Ulianovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fedor Kerenskii, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa ortodoxa rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.
O pai de Kerenskii foi o director de Vladimir Ulianov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerenskii e Ulianov eran amigos. En 1889, cando Kerenskii tiña oito anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde o seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerenskii graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.
Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II
Revolución de Outubro de 1917[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Levantamento Kerenskii-Krasnov e Revolución de Outubro.
Kerenskii distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertéranse en bolxeviques. Entre o 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. e o 26 de outubroxul./ 8 de novembro de 1917greg. os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenskii en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno rexemento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.
Kerenskii escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenskii fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a guerra civil rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.169.
Kerenski, Alexander Feódorovich Político ruso (1881-1970)
- ↑ DEGU 36. 2003. p. 24.
Kerenskij, Aleksandr F'odorovič (Simbirsk, actual Uljanovsk 1881 - Nova York 1970) Político...
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Kerenskii ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Predecesor: Georgii Lvov |
Presidente do Goberno Provisional 1917 (21 de xullo - 8 de novembro) |
Sucesor: Vladimir Lenin |