Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A República Soviética Federativa Socialista de Rusia (Росси́йская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, РСФСР) foi a máis grande e máis poboada das quince Repúblicas soviéticas, e converteuse na Rusia actual trala caída da Unión Soviética.
O estado foi establecido o 7 de novembro de 1917. O 10 de xullo de 1918 a Constitución Soviética de 1918 foi aceptada. Converteuse en parte da Unión Soviética en 1922, feito formalizado máis adiante pola Constitución Soviética de 1924. Na maioría dos idiomas, o termo "Rusia Comunista" é empregado normalmente para o período entre 1917 e 1922. Nos documentos rusos oficiais daquel tempo era chamada República Rusa (Российская республика) e República Soviética (Советская республика).
O país estaba dirixido polo Presidente do Soviet Supremo da RSFS de Rusia (título máis recente). A súa capital era Moscova, tamén capital da Unión Soviética.
A RSFS de Rusia deixou de ser parte da URSS o 21 de decembro de 1991, 14 días antes de que a URSS deixase de existir. Tralo colapso da Unión Soviética en 1991, a RSFS de Rusia rexeitou a posibilidade dun sistema socialista e comezou reformas. Foi renomeada como Federación Rusa baixo o liderado do Presidente Boris Eltsin. Estivo na Comunidade de Estados Independientes (CEI), fundada trala disolución da URSS, practicamente formada por tódalas Repúblicas Soviéticas, excepto Letonia, Lituania, Estonia e Xeorxia (até 1993).