Alexandre II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre II de Rusia
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias
AlexanderIIRussia.jpg
Alexandre II de Rusia
Reinado 2 de marzo de 1855 - 13 de marzo de 1881
Nacemento 29 de abril de 1818
Moscova, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 13 de marzo de 1881
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Predecesor Nicolao I de Rusia
Sucesor Alexandre III de Rusia
Cónxuxe/s María Alexandrovna von Hessen-Darmstadt
Dinastía Romanov
Pai Nicolao I de Rusia
Nai Carlota de Prusia
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Alexandre II, nado en Moscova o 29 de abril de 1818 e finado en San Petersburgo o 13 de abril de 1881, foi Emperador e Autócrata do Imperio Ruso de 1855 a 1881.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do emperador Nicolao I de Rusia e da princesa Carlota de Prusia (que tomaría o nome de Alexandra Feodorovna), naceu en Moscova o 29 de abril de 1818. Casou en 1841 coa princesa María de Hesse e do Rin. Deste matrimonio nacería o seu sucesor, Alexandre. Ao mes de quedar viúvo no 1880 casou en segundas nupcias coa princesa Catherine Dolgoruky, que tomaría o título de Princesa Iurievska. Os fillos habidos desta muller antes do matrimonio foron lexitimados ao pouco de casaren. Alexandre morreu asasinado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1881.

Gran Duque de Finlandia[editar | editar a fonte]

O monumento a Alexandre II "O Libertador" na Praza do Senado de Helsinqui foi erixido en 1894. A data "1863" fai referencia á re-apertura da Dieta de Finlandia. Este monumento, expresa o agradecemento finlandés a este tsar, que acabou con moitos períodos de tensión e guerra con Rusia.

En 1863 Alexandre II volveu establecer a Dieta de Finlandia e puxo en marcha varias reformas que aumentaban a autonomía de Finlandia, incluíndo o establecemento dunha moeda propia, o marco finlandés. A liberación da empresa conduciu a un aumento do investimento estranxeiro e a un profundo desenvolvemento industrial. Para rematar, elevou o idioma finés a lingua nacional, equiparándoo ao sueco, posibilitando unha igualdade de oportunidades para unha maior proporción da sociedade. Alexandre II foi considerado como "O Bo Tsar" en Finlandia.

A actitude de Alexandre cara a Finlandia podería ser vista como unha verdadeira crenza de que as reformas serían máis fáciles de probar nun pequeno país homoxéneo que o conxunto de Rusia. O trato benevolente cara a Finlandia tamén pode ser visto como unha recompensa pola lealdade da poboación durante a guerra de Crimea e durante o levantamento polaco. Tamén podería ser un intento de debilitar os fortes lazos que Finlandia mantiña aínda con Suecia.

Intentos de asasinato[editar | editar a fonte]

Gravado da época que mostra o atentado de 1867.

En 1866 houbo un atentado contra a vida do tsar en San Petersburgo, perpetrado por Dmitri Karakozov. O atentado produciuse no xardín de verán, sendo salvado o tsar por un home que apartou a tempo o arma do terrorista, impedindo así que o emperador recibira algunha ferida. Para conmemorar o feito, construíronse un gran número de capelas e igrexas en moitas cidades do Imperio.

Na mañá do 20 de abril de 1879, Alexandre II ía camiñando cara a Praza da Garda Persoal, cando foi atacado por un estudante chamado Aleksandr Soloviov. Tras ver un revolver nas súas mans, o tsar fuxiu. Soloviov disparou cinco veces, pero fallou e foi condenado a morte e aforcado o 28 de maio dese ano.

O estudante actuou pola súa conta, pero outros revolucionarios estaban desexosos de asasinar a Alexandre. En decembro de 1879, Narodnaia Volia (en ruso Vontade do pobo), un grupo revolucionario radical que ideaba unha revolución social, organizou unha explosión no ferrocarril de Livadia a Moscova, pero non alcanzaron ao vagón do Tsar. Na noite do 5 de febreiro de 1880, o mesmo conxunto revolucionario levou a cabo un atentado nun salón do Palacio de Inverno, pero o tsar volveu a saír ileso, aínda que outras 67 persoas resultaron mortas ou feridas. O comedor tamén resultou danado.[1]

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

O tsar Alexandre II e a súa dona, a tsarina María, co seu fillo, o futuro tsar Alexandre III.

O 16 de abril de 1841, Alexandre casou coa princesa María de Hesse-Darmstadt en San Petersburgo, posteriormente coñecida como María Alexandrovna. O tsarévich afirmou estar profundamente namorado da princesa e non aceptou falar doutra candidata. María era filla de Luís II de Hesse-Darmstadt e de Guillermina de Baden, aínda que se dubidaba de si o seu pai era o gran duque ou o amante da súa nai, o barón August von Senarclens de Grancy. O matrimonio tivo seis fillos e dúas fillas:

Alexandre tivo moitas amantes durante o seu matrimonio e foi pai de sete fillos ilexítimos recoñecidos. Estes inclúen a Antoinette Bayer (1856-1948), coa súa amante Guillermina Bayer; a Michael Bogdan-Oginski (1848-1909), coa condesa Olga Kalinóvskya (1818-1854); e a Joseph Raboxicz.

O 6 de xullo de 1880, menos dun mes despois da morte da tsarina María, ocorrida o 8 de xuño, Alexandre casou morganaticamente coa súa amante, a princesa Catalina Dolgorúkov, con quen xa tiña catro fillos:

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Radzinsky 2005, p. 415

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre II de Rusia Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Crankshaw, Edward (2000). The Shadow of the Winter Palace: The Drift to Revolution, 1825–1917. Da Capo Press. ISBN 978-0-306-80940-8. 
  • Eklof, Ben (1994). Russia's Great Reforms, 1855–1881. ISBN 978-0-253-20861-3. 
  • Lincoln, W. Bruce. The Romanovs: Autocrats of All the Russias (1983) excerpt and text search
  • Moss, Walter G., Alexander II and His Times: A Narrative History of Russia in the Age of Alexander II, Tolstoy, and Dostoevsky. London: Anthem Press, 2002. online
  • Mosse, W. E. Alexander II and the Modernization of Russia (1958) online
  • Pereira, N.G.O.,Tsar Emancipator: Alexander II of Russia, 1818–1881, Newtonville, Mass: Oriental Research Partners, 1983.
  • Polunow, Alexander (2005). Russia in the Nineteenth Century: Autocracy, Reform, And Social Change, 1814–1914. M E Sharpe Incorporated. ISBN 978-0-7656-0672-3. 
  • Radzinsky, Edvard, Alexander II: The Last Great Tsar. New York: The Free Press, 2005.
  • Zakharova, Larissa (1910). Alexander II: Portrait of an Autocrat and His Times. ISBN 978-0-8133-1491-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Nicolao I
Tsar de Rusia
1855 - 1881
Coat of Arms of Russian Empire.svg
Sucesor:
Alexandre III
Predecesor:
Nicolao I
Rei de Polonia
1855 - 1865
Sucesor:
Unificación do territorio con Rusia Alexandre III
Predecesor:
Nicolao I
Gran Ducado de Finlandia
1855 - 1881
Sucesor:
Alexandre III