Kazán
Казань (ru) Казан (tt) ![]() | |||||||||||||||||||
Alcume | Third Capital of Russia ![]() | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Estado | Rusia | ||||||||||||||||||
República | Tatarstán ![]() | ||||||||||||||||||
Capital de | Tatarstán (1990–) ![]() | ||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | Aviatözeleş City District (en) ![]() Kirof City District (en) ![]() Mäskäw City District (en) ![]() Privolzhsky District (en) ![]() Sovetsky City District (en) ![]() Waxitof City District (en) ![]() Yaña Sawin City District (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||
Poboación | 1.329.825 (2025) ![]() | ||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua tártara ![]() | ||||||||||||||||||
Relixión | Sunnismo e Igrexa ortodoxa rusa ![]() | ||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||
Superficie | 425,3 km² ![]() | ||||||||||||||||||
Bañado por | Río Volga e Rio Kazanka (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Altitude | 60 m ![]() | ||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||
Creación | 1005 ![]() | ||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | İlsur Mätşin (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Q21639995 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||
Código postal | 420000–420999 ![]() | ||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 843 ![]() | ||||||||||||||||||
Identificador OKTMO | 92701000001 ![]() | ||||||||||||||||||
Identificador OKATO | 92401000000 ![]() | ||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||
Irmandado con | Jūrmala Verona College Station Urbino Astana Bryan Hyderabad Istambul Antalya Jeddah Braunschweig (1988–) Astrakán (1997–) Krasnoiarsk (2001–) Cheliabinsk (2002–) Arkadag (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
Sitio web | kzn.ru ![]() | ||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kazán[1] (en ruso: Казань, Kazan; en tártaro: Казан, Qazan) é a capital e cidade máis poboada da República de Tatarstán, na Federación Rusa. A cidade atópase á beira do río Volga, na converxencia co río Kazanka, e ten unha poboación de 1 143 546 (segundo o censo preliminar de 2010), o que a converte na oitava cidade máis poboada de Rusia, cunha área metropolitana de 1,57 millóns.
A cidade foi fundada polos búlgaros do Volga en 1005 como un forte fronteirizo no norte. En 1438, foi capturada polas Hordas de Ouro e creouse o Khanato tártaro de Kazán. Unha serie de guerras co principado de Moscova levou finalmente á toma de Kazán polas tropas de Iván o Terrible en 1552, seguido da destrución de gran parte da cidade e a reubicación dos tártaros nas beiras pantanosas do lago Kaban. Kazán sufriu numerosos incendios graves e despois dun deles, en 1579, descubríuse a icona de Nosa Señora de Kazán.
Kazán é un dos principais centros económicos, políticos, científicos, educativos, culturais e deportivos do país. O «Complexo histórico e arquitectónico do Kremlin de Kazán» está incluído pola UNESCO dentro do Patrimonio da Humanidade.[2] A cidade desfruta dunha multietnicidade famosa pola convivencia entre musulmáns e cristiáns, que é tamén recoñecida pola UNESCO,[3] o que se reflicte nunha variada riqueza arquitectónica propia de cada confesión, como a mesquita Qul Sharif, unha das mesquitas meirandes de Europa. Dende abril de 2009, leva legalmente o título de "Terceira Capital de Rusia".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tatarstán". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2008.
- ↑ [1]
- ↑ UNESCO Cities for Peace Prize
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kazán ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Kazán Arena - Estadio de fútbol en Kazán, onde tiveron lugar encontros do Mundial de Rusia 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Kazán Arquivado 25 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)