Casus belli
Na terminoloxia bélica, casus belli é unha expresión latina para designar un feito considerado suficientemente grave polo Estado ofendido, para declarar a guerra ao Estado supostamente ofensor.
Son, tradicionalmente, considerados casus belli o ataque ao territorio dun Estado, efectuado por outro Estado, a agresión armada contra navíos ou aeronaves, ou actos que atenten contra órganos representativos do Estado, como embaixadas ou consulados e, aínda, infraccións a tratados. O Art. 33 do Estatuto das Nacións Unidas prescribe que, habendo disparidades entre dous ou máis Estados, deben estes, tentando de evitar o agravamento do conflito, buscar solucións pacíficas na mediación, arbitraxe e outros medios pacíficos de solución.
O casus belli, como parte do ius in belo ou (Dereito de guerra), busca regular as accións bélicas dos distintos países, de maneira que a priori prohibe o recurso á forza armada para resolver conflitos, pero permite o uso do aparello militar contra outro Estado baixo o principio de ultima ratio, é dicir como último recurso.