Karl Kautsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karl Kautsky
Karl Kautsky 01.jpg
Nacemento16 de outubro de 1854
 Praga
Falecemento17 de outubro de 1938
 Ámsterdam
NacionalidadeAlemaña e Imperio Austrohúngaro
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade de Viena
Ocupaciónpolítico, filósofo, economista e xornalista
PaiJohann Kautsky
CónxuxeLuise Kautsky
editar datos en Wikidata ]

Karl Kautsky, nado en Praga o 18 de outubro de 1854 e finado en Ámsterdan o 17 de outubro de 1938, foi un filósofo e político checo-alemán, un dos principais teóricos do marxismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kautsky estudou historia e filosofía na Universidade de Viena en 1874, e se tornou membro do Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) en 1875. De 1885 a 1890, vivíu en Londres, onde se converteu en amigo de Friedrich Engels. En 1891 redactou o Programa de Erfurt do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) canda August Bebel e Eduard Bernstein.

Após a morte de Friedrich Engels en 1895, Kautsky foi un dos máis importantes e influentes teóricos do socialismo. Máis tarde, no entanto, derivou cara a unha posición centrista no interior da socialdemocracia alemá, cando Rosa Luxemburg e a esquerda do partido se disgregaron en 1916 debido ó apoio do partido á participación de Alemaña na Primeira Guerra Mundial. Porén, non alentou esta posición patriótica até a fin da guerra. En 1917 Kautsky abandonou o SPD, cando se afiliou ó Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña (USPD), regresando ó SPD en 1922.

En 1882 Kautsky fundou a revista Neue Zeit ("Tempo Novo"), da que foi o editor até 1917.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]