Carnota: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Carnota
Liña 84: Liña 84:
O bico do Santo, situado no ''lugar'' de '''Pedrafigueira''', é un picacho en cuxo cumio houbo unha [[ermida]] dedicada a [[San Sebastián]].
O bico do Santo, situado no ''lugar'' de '''Pedrafigueira''', é un picacho en cuxo cumio houbo unha [[ermida]] dedicada a [[San Sebastián]].


Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira). Boca do Río, onde desemboca o [[río Valdebois]], é moi popular entre os [[veraneante]]s.
Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).
A praia de Boca do Río, onde desemboca o [[río Valdebois]], é moi popular entre os [[veraneante]]s. De feito, a revista alemana Traum Strände considéraa unha das praias máis femosas do mundo.


== Festas ==
== Festas ==

Revisión como estaba o 17 de maio de 2011 ás 19:54

49' 16" N 09° 05' 16" O_E_ 0°N 0°L / 42_49_16_N_09_05_16_W, 42° 49' 16" N 09° 05' 16" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Carnota
Escudo de Carnota
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]Carnotán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Muros
Poboación4.938 hab. (2009)[2][3]
Área70,9 km²[3]
Densidade69,65 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloCarnota
Política (2007)
AlcaldeJosé Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Carnota
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,33%
Na rede
www.concellodecarnota.com
editar datos en Wikidata ]

Carnota é un concello da comarca de Muros, na provincia da Coruña. Segundo o INE no ano 2009 tiña 4.938 habitantes (5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Carnotán.

Evolución da poboación de Carnota   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.507 6.594 7.196 7.213 5.285
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

Praia de Carnota. Lira está na península, Carnota, a capital, á esquerda de todo.

O concello de Carnota ocupa unha estreita faixa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste (concello de Mazaricos) e o océano Atlántico ao oeste. O límite norte, co concello de Dumbría márcano a desembocadura do río Xallas e os montes do Pindo; polo sur a punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro, sinala o límite co concello de Muros.

Desde a súa creación, a estrada C-550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.

Praia de Carnota, co lugar de Parada en primeiro plano, logo Boca do Río e Caldebarcos no fondo.

O concello marca a transición entre as rías Altas e as rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da costa da Morte.

A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara O Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes do Pindo esténdense entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na Moa (627 m), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara o interior, chegando aos 503 m no lugar de Adraño.

O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15º C anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.

Historia

Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses na Guerra de Independencia española.

Monumentos e turismo

Hórreo de Carnota.

Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.

A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.

O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.

Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).

A praia de Boca do Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes. De feito, a revista alemana Traum Strände considéraa unha das praias máis femosas do mundo.

Festas

  • O 1 de xaneiro celebrase a festa popular de San Gregorio con gran prestixio na comarca.
  • A comezos de agosto, celébrase a Festa de San Mamede, en honor ó patrón municipal.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Carnota

Lugares de Carnota

Os lugares de maior tamaño son os de San Mamede de Carnota, Lira, e O Pindo.

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Carnota".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Modelo:Véxase