Lira, Carnota
| Lira | |
|---|---|
Hórreo de Lira. | |
| Concello | Carnota[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°47′58″N 9°07′33″O / 42.799564, -9.125894 |
| Poboación | 821 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2011 tiña 952 habitantes (478 homes e 474 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada entre Lariño e Carnota. Lira posúe numerosas praias, como a praia de Mar de Lira (bandeira azul), ou as de Ximprón, A Gavota, Susiños e Ardileiro.
A actividade económica baséase no sector primario, sobre todo marisqueo e pesca, sendo moi famosos os ourizos da pedra mariña. Hai un porto pesqueiro no lugar de Portocubelo, podendo atopar no seu peirao muxos, maragotas e santiaguiños.
Nos últimos anos, dende o afundimento do petroleiro Prestige vense a desenvolver unha importante actividade arredor da protección e explotación dos recursos mariños da parroquia. Creouse a Reserva Mariña dos Miñarzos[2], co fin de evitar a deterioración da costa e a sobreexplotación pesqueira a que estaba sometida. As medidas tomadas foron a delimitación da zona de protección integral para mellorar a desova dos crustáceos, e a protección dos fondos rochosos e areentos, ademais dos mantos de laminarias, outras algas e esponxas para que os peixes, equinodermos, crustáceos e moluscos se desenvolvan e reproduzan na reserva.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade de ferro[3]. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.
- A Torre dos Mouros foi un recinto fortificado medieval. En xullo de 2012 levouse a cabo unha escavación arqueolóxica.[4].
- O hórreo de Lira, construído entre 1779 e 1814, é xunto co hórreo de Carnota o máis longo de Galicia.
- A igrexa parroquial, construída en 1760 e remodelada en 1825, destaca pola súa grande torre campanario que destaca sobre o resto da estrutura.
- A capela da Nosa Señora dos Remedios foi construída en 1706.
Cultura
[editar | editar a fonte]Creouse a iniciativa Mardelira[5] por parte da Confraría de Pescadores de Lira para dinamizar o contorno social da comunidade pescadora coa creación de talleres de pesca, o turismo mariñeiro, a pesca deportiva sostible.
Festas
[editar | editar a fonte]- Remedios Novos: Martes de Pascua.
- Remedios Vellos: O sétimo martes posterior ao Martes de Pascua.
- Festa do Mar: 15 de agosto.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial.
- Capela da Nosa Señora dos Remedios.
- Piscifactoría de rodaballo.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Redenatura.org. "Reserva Mariña de Os Miñarzos". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2021. Consultado o 19/05/2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ Torre dos Mouros
- ↑ Mardelira.net. "Mardelira". Arquivado dende o orixinal o 29/11/2013. Consultado o 19/05/2015.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Lira no concello de Carnota (A Coruña) | |
|---|---|
|
Agrovello | O Carballal | Lira | Miñarzo | Paus | O Pazo | Portocubelo | Rates | Sestelos | Sofán | A Teixoeira |
Parroquias de Carnota
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
|---|---|
|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mardelira, proxecto educativo da Confraría de Pescadores de Lira Arquivado 30 de agosto de 2012 en Wayback Machine.