Espazo Ecosocialista Galego
Espazo Ecosocialista Galego | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Manel Cardoso Santiago[1] |
Historia | |
Fundación | 2012 |
Disolución | 2017 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Neogaleguismo, esquerda, socialismo, ecoloxismo, anticapitalismo, asamblearismo, ecosocialismo, soberanismo, republicanismo, federalismo[2] |
Na rede | |
http://www.espazoecosocialista.org/ | |

Espazo Ecosocialista Galego foi un partido político galego que cualificaba como neogaleguista, ecosocialista, plural e aberto.
Naceu como colectivo cidadán no contexto do Movemento 15-M, que entenderon como evidencia da desafección de parte da sociedade cara á esquerda e ao nacionalismo en particular. Deciden así comezar un traballo que acade poñer en valor os puntos comúns das diferentes forzas sociais e políticas aliñadas baixo un ideario esquerdista e anovador, redefina o concepto clásico de partido e coordine as accións socias existentes en Galicia. O proceso culmina coa constitución dunha nova forza política galeguista e de corte ecosocialista. De cara ás eleccións autonómicas do 2012 decidiron inserirse na coalición electora Alternativa Galega de Esquerda.
Ideoloxía[editar | editar a fonte]
Espazo Ecosocialista Galego é unha organización de esquerda verde e nacional que proclama a unidade e colaboración entre os diferentes suxeitos políticos e sociais para realizar un proceso de superación do capitalismo[3].
Fai unha aposta pola construción dun ideario altermundista que proveña da acción en rede dos novos suxeitos de transformación social galegos: movementos sociais, cidadáns e políticos que participan de xeito activo en foros de reflexión e alianzas de acción.[3]
Basean a construción do que chaman "o galeguismo do século XXI" na sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social global, a cultura da paz e a radicalidade democrática[3]. Esta radicalidade democrática pasa pola concepción republicana de cidadanía activa, participativa e crítica, entendéndoa como o maior grao de desenvolvemento da democracia.[3]
Tamén forma parte do seu ideario o feminismo e o pacifismo.[3]
Historia[editar | editar a fonte]
Orixes e constitución como partido[editar | editar a fonte]
A orixe de Espazo Ecosocialista Galego pódese remontar á Iniciativa Ben Común[4], plataforma que se inicia a partir da desafección cidadá pola política vixente evidenciada polo 15-M e a grande abstención, voto nulo e en branco nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 (34.5%)[5]. De feito, un dos promotores da Iniciativa Ben Común foi o anterior coordinador de Espazo Ecosocialista Galego, Xoán Hermida González[6].
O 25 de febreiro de 2012 confórmase coma un novo proxecto político baixo o nome de Espazo Ecogaleguista[7], iniciativa que derivará no nacemento do novo partido Espazo Ecosocialista Galego o 26 maio de 2012[8], logo dun proceso de confluencia de militantes da esquerda galega provenientes de diversos movementos sociais, sindicais e políticos[9].
Fundación de Compromiso por Galicia[editar | editar a fonte]
En maio de 2012 anunciouse a creación de Compromiso por Galicia[10], onde conflúen as correntes e partidos escindidos do BNG a partir de xaneiro dese mesmo ano. Espazo Ecosocialista Galego foi unha das correntes fundadoras desta nova coalición, xunto con Máis Galiza e Acción Galega.
De Compromiso por Galicia a Alternativa Galega de Esquerda[editar | editar a fonte]
O 25 de xullo de 2012, Xosé Manuel Beiras Torrado, en nome de Anova - Irmandade Nacionalista, convida a todas as formacións de esquerda a crearen unha fronte común[11].
Aínda que se convida a Compromiso por Galicia a formar parte da fronte[12], esta formación decide non se incorporar á coalición, malia que as súas bases votaran positivamente[13].
A fronte ampla concrétase baixo o nome de Alternativa Galega de Esquerda sen a participación de Compromiso por Galicia[14]. Isto provoca que Espazo Ecosocialista Galego escíndase de Compromiso por Galicia para iniciar as conversas con Alternativa Galega de Esquerda[15]. Finalmente, pasan a formar parte da coalición [16], coa que participarán nas eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012.
Disolución[editar | editar a fonte]
Logo da súa V Asemblea Nacional no ano 2017, o partido disolveuse animando aos membros a se integrar no partido En Marea.[17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manel Cardoso Santiago, novo coordinador de Espazo, que foxe "do formato de partido tradicional"". Praza.gal. 3 de outubro de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Manifesto: “Novas ideas para o século XXI. Un partido 2.0 para a cooperación política”. Asemblea Constituínte. Compostela.Consultado o 17 de decembro de 2019
- ↑ http://bencomun.org/[Ligazón morta]
- ↑ Resultados de las elecciones municipales del 22 de mayo de 2011 en Galicia El País (en castelán).
- ↑ "Ben Común". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 02 de outubro de 2012.
- ↑ Un hijo de Beiras promueve el grupo Ecogaleguistas, abierto a confluir con los irmandiños, una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ Constitúese o Espazo EcoSocialista Arquivado 07 de outubro de 2015 en Wayback Machine.El Correo Gallego 27/5/2012
- ↑ "somos". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de outubro de 2021.
- ↑ Nace 'Compromiso por Galicia', una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas EuropaPress (en castelán).
- ↑ ANOVA Día da Patria 2012
- ↑ Beiras insta a CxG a sellar un pacto que será una ´bomba´ contra Feijóo La Opinión de Coruña (en castelán).
- ↑ Compromiso se suma a la Syriza gallega con Anova y Esquerda Unida Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego(en castelán).
- ↑ El PP ya teme a la Syriza gallega Cuarto poder(en castelán).
- ↑ Espazo Ecosocialista deja CxG "por unanimidad" y abre el "diálogo político" con Alternativa Galega de Esquerdas EuropaPress(en castelán).
- ↑ Espazo Ecosocialista incorpórase a Alternativa Galega de Esquerda Arquivado 22 de setembro de 2012 en Wayback Machine. El Correo Gallego.
- ↑ "O Espazo Ecosocialista disólvese e sitúa a En Marea como o "proxecto político de cambio" en Galicia". Galicia Confidencial.