Alternativa Galega de Esquerda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alternativa Galega de Esquerda
Coalición electoral de esquerdas
Logo de Alternativa Galega de Esquerdas
Dirixentes e organización
Líder Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz
Historia
Fundación 2012
Posicións políticas
Ideoloxía Esquerda
Socialismo
Nacionalismo galego
Ecoloxismo
Feminismo
Representación
Parlamento Europeo
1 / 54
Outros datos
Páxina web www.ageuropa.gal/

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a saída en febreiro de 2012 de Encontro Irmandiño (EI) e Máis Galiza (+G) do Bloque Nacionalista Galego, barallouse a converxencia de ambas as forzas para presentarse ás próximas eleccións autonómicas. En marzo o EI lanzou a súa oferta de crear unha plataforma electoral, que foi secundada por Movemento pola Base e Fronte Popular Galega, e que se materializou en Anova - Irmandade Nacionalista; máis tarde uniuse tamén un sector de Unidade da Esquerda Galega.

Doutra banda, +G comezou a súa propia plataforma xunto a Acción Galega e Espazo Ecosocialista Galego, que se denominou Compromiso por Galicia (CxG); posteriormente tamén se uniron a CxG o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego (escindidos o tres do BNG tamén), un sector de Unidade da Esquerda Galega, o Partido Galeguista Demócrata (PGD), Alternativa Popular Galega (APGA) e Terra Galega (TeGa).

A pesar de barallarse durante meses a posibilidade de que ANOVA e CxG converxesen ou se presentasen xuntos ás eleccións, aos poucos esta posibilidade foise diluíndo. ANOVA tomaba un cariz máis anticapitalista e soberanista, e CxG un perfil máis socialdemócrata e moderado.

Tras o anunciou do adianto das eleccións autonómicas, ANOVA manifestou a súa vontade de conformar unha ampla coalición de esquerdas, que englobaría ao Bloque Nacionalista Galego, Compromiso por Galicia, ANOVA e Esquerda Unida;[1] EQUO Galicia tamén mostrou a súa predisposición a unirse á fronte.[2] Pola súa banda Compromiso por Galicia tamén se ofreceu a ANOVA, pero unicamente a ANOVA, concorrer xuntos en coalición.[3]

O 4 de setembro o Consello Político de Esquerda Unida aceptou presentarse con ANOVA nas eleccións;[4] igualmente uníronse á coalición EQUO Galicia, tras ser aprobado nunha votación horizontal polos afiliados e simpatizantes desta federación,[5][6]

O primeiro nome da coalición foi Alternativa Galega,[7] pero debido a que xa estaba rexistrado para outro partido político tiveron que substituílo polo definitivo, Alternativa Galega de Esquerda.[8]

Malia a anunciarse a incorporación de Compromiso por Galicia (CxG) á coalición,[9] esta finalmente presentarase en solitario.[10] En setembro de 2012 Espazo Ecosocialista Galego decidiu abandonar CxG e incorporarse a Alternativa Galega.[11]

Nas eleccións celebradas o 21 de outubro de 2012 obtivo 200.101 votos (13,99%), o que lle reportou 9 deputados. 4 deputados foron pola Coruña, 3 por Pontevedra, 1 por Lugo e outro por Ourense.

Evolución do voto[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2012 Xosé Manuel Beiras 9 parlamentarios 13,99% 9 200.101 13,92% 200.101

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beiras expón unha «alianza estratéxica» para as eleccións galegas a BNG, EU e Compromiso por Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2012.
  2. Equo ve "con bos ollos" a proposta de Beiras de conformar unha fronte electoral amplo "contra o PP", Que, 1 de setembro de 2012.
  3. Compromiso ofrécelle a Anova un pacto electoral, El País, 30 de agosto de 2012.
  4. Esquerda Unida acepta presentarse en coalición con Beiras ás eleccións galegas Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 4 de setembro de 2012.
  5. {{Cita web |url=http://www.equova.org/2012/09/equo-galicia-apuesta-por-un-frente-electoral-amplio-el-21-o-para-frenar-al-partido-popular/ |título=[[EQUO Galicia |data-acceso=17 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120921021422/http://www.equova.org/2012/09/equo-galicia-apuesta-por-un-frente-electoral-amplio-el-21-o-para-frenar-al-partido-popular/ |dataarquivo=21 de setembro de 2012 |urlmorta=si }}
  6. Equo súmase á coalición electoral con EU e Anova, La Opinión de A Coruña, 5 de setembro de 2012.
  7. Beiras e EU asinan o pacto no que non estará Compromiso por Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 8 de setembro de 2012.
  8. Anova e EU presentaranse como 'Alternativa Galega de Esquerda', Europa Press, 11 de setembro de 2012.
  9. Compromiso por Galicia aposta por unha “coalición técnica” con EU e Beiras, El País, 6 de setembro de 2012.
  10. Compromiso por Galicia descólgase do pacto de esquerdas, O País, 8 de setembro de 2012.
  11. Espazo Ecosocialista incorpórase a Alternativa Galega de Esquerda, Galiciaé, 19 de setembro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]