En Marea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En Marea
En Marea logo.svg
Dirixentes e organización
Líder Luís Villares[1]
Voceiro único
Historia
Fundación Novembro de 2015
Coalición
30 de xullo de 2016
Partido
Posicións políticas
Ideoloxía Democracia participativa
Esquerdismo
Representación
Parlamento de Galicia
14 / 75
Congreso dos Deputados (Escanos galegos)
5 / 23
Senado de España (Escanos galegos)
2 / 18
Outros datos
Páxina web enmarea.gal

En Marea é unha candidatura galega que se presentou ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas é En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)[2].

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais 2015, candidatura por Lugo

Os cabezas de lista para o Congreso dos Deputados foron Antón Gómez-Reino pola provincia da Coruña, Miguel Anxo Fernán Vello pola de Lugo, David Bruzos Higuero pola de Ourense e Alexandra Fernández Gómez pola de Pontevedra.

En Marea acadou a cifra de 6 deputados nas eleccións xerais do 2015, superando en votos ao PSdeG e converténdose canda os socialistas na segunda forza con máis representación de Galicia no parlamento de España. Ademais obtivo dous senadores, José García Buitrón pola Coruña e María Vanesa Angustia Gómez por Pontevedra, que de novo foron os primeiros senadores galegos da democracia de elección directa que non pertenceron a PP, PSOE ou a UCD.

Con 6 deputados, En Marea tentou formar grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Cortes Xerais[editar | editar a fonte]

Elección Votos  % # Congreso Senado Gob. Notas
2015 410.698 25,01 2.º
6 / 23
2 / 16
Non Oposición
2016 347.542 22,18 3.º
5 / 23
1 / 16

Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

Elección Votos  % # Deputados Gob. Notas
2016 271.418 19,07 2.º
14 / 75
Non Oposición

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]